1
Entón o profeta Eliseo chamou a un dos fillos dos profetas e díxolle: -Vístete, e toma este frasco de aceite na túa man, e vai a Ramot de Galaad.
2
Cando chegues alí, verás alí a Iehú, fillo de Iosafat, fillo de Nimsi; e cando entres, fai que se levante de entre os seus irmáns, e lévao ao apousento interior.
3
Colle tamén o frasco de aceite, e derrámao sobre a súa cabeza, e di: -Isto di Iahveh: Eu unxinte por rei sobre Israel! Entón abre a porta e fuxe, non agardes por nada.
4
O mozo, o profeta, foi, pois, a Ramot de Galaad.
5
Cando el entrou, velaí que os oficiais do exército estaban sentados. E dixo: -Fillo, teño unha palabra para ti. E Iehú dixo: -A cal de todos nós? E el dixo: -A ti, príncipe.
6
Entón el ergueuse e entrou na casa, e Eliseo derramou o aceite sobre a súa cabeza, e díxolle: -Así di Iahveh, Deus de Israel: Eu únxote por rei sobre Israel, o pobo de Iahveh!
7
E ferirás a casa de Acab, o teu señor, para que Eu vingue o sangue dos meus servos os profetas, e o sangue de todos os servos de Iahveh, da man de Iezabel.
8
E perecerá toda a casa de Acab, e destruirei de Acab a todo varón, tanto escravo como libre en Israel.
9
E farei coa casa de Acab como a casa de Ieroboam, fillo de Nabat, e como a casa de Baasá, fillo de Ahías.
10
E os cans comerán a Iezabel no campo de Iezreel, e non haberá quen a sepulte. Entón el abriu a porta e fuxiu.
11
Despois Iehú saíu aos servos do seu señor, e dixéronlle: - Todo en paz? Por que veu ese tolo a ti? E el díxolles: -Vós coñecedes o home e as súas palabras.
12
E eles dixeron: - Non é certo. Cóntanos agora. E el dixo: -Faloume exactamente, dicindo: así di Iahveh: Eu únxote como rei sobre Israel!
13
Entón apresuráronse, cada un colleu o seu manto, e puxéronos embaixo del nunha escada das gradas, e tocaron o shofar dicindo: - Iehú é rei!
14
Deste xeito Iehú, fillo de Iosafat, fillo de Nimsi, conspirou contra Ioram. (Naquel intre Ioram e todo Israel defendían Ramot de Galaad contra Hazael, rei de Siria;
15
pero o rei Ioram regresara a Iezreel para se curar das feridas que os sirios lle fixeran ao loitar contra Hazael, rei de Siria). Entón Iehú dixo: -Se é a vosa vontade, que ninguén saia da cidade para ir e dar a nova en Iezreel.
16
Máis tarde Iehú foi a cabalo a Iezreel, porque Ioram estaba alí doente. E Ocozías, rei de Xudá, tamén fora visitar a Ioram.
17
E o vixía que estaba na torre de Iezreel viu vir a tropa de Iehú, e dixo: -Vexo unha tropa. Entón Ioram dixo: -Manda a un xinete que vaia a encontrarse con eles e lles pregunte: Hai paz?
18
O xinete saíulles ao encontro, e dixo: -Isto di o rei: hai paz? E Iéhu dixo: - Que tes que ver ti coa paz? Ven detrás de min! E o vixía informou dicindo: -O mensaxeiro chegou onda eles, pero non volve.
19
Mandou entón un segundo home de a cabalo; e o que foi a eles dixo: -Isto di o rei: hai paz? Pero Iehú díxolle: - Que tes que ver ti coa paz? Ven detrás de min!
20
E o vixía díxolles: -Tamén este chegou a eles pero non volve, e o xeito de conducir é como o de Iehú, o fillo de Nimsi, porque ven cheo de furor.
21
Entón Ioram dixo: - Enganchade o meu carro! E cando o fixeron, saíu Ioram, rei de Israel, e Ocozías, rei de Xudá, en cadanseus carros. Saíron ao encontro de Iéhu, e atopárono no campo de Nabot de Iezreel.
22
E aconteceu que cando Ioram viu a Iehú, preguntoulle: - Hai paz, Iehú? Pero el respondeu: -Que paz pode haber, sendo tantas as prostuticións da tua nai Iezabel, ademais das súas moitas bruxerías?
23
Entón Ioram volveu as rendas para fuxir, e díxolle a Ocozías: -Traizón, Ocozías!
24
Pero Iehú tensou o seu arco e feriu a Ioram entre as costas, e a frecha atravesoulle o corazón, e desplomouse no seu carro.
25
E díxolle a Bidcar, o seu capitán: -Tomádeo e botádeo no campo de Nabot de Iezreel, pois lembra: ti mais eu montabamos xuntos tras o seu pai Acab, cando Iahveh pronunciou esta sentenza contra el:
26
"En verdade vin onte o sangue derramada de Nabot e o sangue dos seus fillos, di Iahveh, eu dareiche a recompensa por iso neste mesmo campo!” di Iahveh. Agora, tomádeo e botádeo no campo de Nabot conforme a palabra de Iahveh.
27
Ao ver isto, Ocozías, rei de Xudá, fuxiu polo camiño da casa do xardineiro; pero Iehú perseguiuno, dicindo: - Ferídeo tamén a el no seu carro! E ferírono na subida de Gur, xunto a Ibleam, pero Ocozías fuxiu a Meguido, e morreu alí.
28
E os seus servos levárono nun carro a Xerusalém, e enterrárono alí no seu sepulcro cos seus país, na Cidade de David.
29
Ocozías comenzara a reinar sobre Xudá no ano undécimo de Ioram, fillo de Acab.
30
Cando Iehú chegou a Iezreel; Iezabel o sabelo, pintou os seus ollos con antimonio, peiteou os seus cabelos e mirou pola fiestra.
31
E cando Iehú entrou pola porta da cidade, ela dixo: - houbo paz para Zimri, que matou o seu señor?
32
Entón el, levantando o seu rostro cara a fiestra, dixo: -Quen está comigo? Quen? E dous ou tres eunucos asomáronse dende arriba.
33
E el díxolles: -Botádea abaixo! E eles botárona abaixo, e parte do seu sangue salpicou a parede e os cabalos, e el esmagouna.
34
Cando el entrou, comeu e bebeu, e despois dixo: - Ocupádevos desa maldita e sepultádea, pois é filla dun rei!
35
Pero cando foron a sepultala, non atoparon nada dela agás a caveira, os pés e as mans.
36
Cando volveron para informalo, el dixo: -É a obra de Iahveh que falou por medio do seu servo Elías tisbita, dicindo: "No campo de Iezreel os cans comerán a carne de Iezabel,
37
E o cadáver de Iezabel será coma esterco sobre o campo, na herdanza de Iezreel, para que ninguén poida dicir: esta é Iezabel.