1
Unha muller, das mulleres dos fillos dos profetas, clamou a Eliseo, dicindo: -O teu servo, o meu marido morreu, e ti sabes que o teu servo temía a Iahveh. E o seu acredor veu para tomar os meus dous fillos por escravos seus.
2
E Eliseo díxolle: -Que farei eu por ti? Dime que tes na casa. E ela respondeu: -A túa serva non ten nada na casa, agás un frasco de aceite.
3
E el díxolle: -Vai e pide para ti olas emprestadas a todos os teus veciños, a maior cantidade delas posible.
4
Despois entra e fecha a porta tras de ti e dos teus fillos, e bota en todos os pratos e olas, e irás apartando as que estean cheas.
5
Entón a muller foi e pechou a porta detrás dela e dos seus fillos; e eles traíanlle as olas, e ela vertía o aceite.
6
E cando encheu todas as olas, díxolle ao seu fillo: -Traédeme aínda máis olas. Pero el díxolle: -Non hai máis olas. Entón acabouse o aceite.
7
E ela veu despois e contoullo ao home de Deus, e el dixo: -Vai e vende o aceite e paga aos teus acredores; e ti e os teus fillos viviredes do que quede.
8
Un día Eliseo pasou por Sunem, e había alí unha muller importante, que porfiaba para convidalo a comer; de tal xeito que, sempre que pasaba por alí, ía á súa casa a comer.
9
E ela dixo ao seu home: -Mira, agora entendo que este que pasa sempre pola nosa casa é un santo home de Deus.
10
Pídoche que fagamos un pequeno apousento nos muros, e poñamos alí unha cama, unha mesa, unha cadeira e un candeeiro, para que cando el veña a nós, quede nel.
11
E chegou o día que el veu por alí, e quedou no apousento alto e durmiu alí.
12
E dixo a Giezi, o seu servo: -Chama a esta sunamita; e cando a chamou ela presentouse diante del.
13
Entón el dixo a Giezi: -Dille: velaí que pasaches por nós moitas preocupacións; que queres que faga por ti? Desexas que fale por ti ao rei, ou ao capitán do exército? E ela dixo: - Eu vivo no medio do meu pobo.
14
E el dixo: -Que faremos entón por ela? E Giezi respondeu: -Velaquí, ela non ten fillo e o seu marido é vello.
15
E El dixo: -Chamáa. E el chamouna, e ela parouse na porta.
16
E el díxolle: -Neste mesmo tempo, no ano que vén abrazarás un fillo. Pero ela dixo: -Non, meu señor, home de Deus, non te burles da túa serva!
17
Pero a muller concibiu e deu a luz un fillo no ano seguinte, no tempo que Eliseo lle dixera.
18
E o neno medrou; pero aconteceu un día que saíu co seu pai, que andaba cos segadores,
19
e el díxolle a seu pai: -Ai, a miña cabeza, a miña cabeza! E o pai díxolle a un servo: -Levádeo a súa nai!
20
E el, colléndoo, tróuxollo a súa nai, e el sentou nos xeonllos dela ata o mediodía, e despois morreu.
21
Entón ela subiu, púxoo na cama do home de Deus, e pechando a porta, saíu.
22
Despois chamou ao seu home e díxolle: -Manda agora un dos servos e unha das asnas, para que vaia correndo ao home de Deus e volva.
23
E el dixo: -Por que o vas ver hoxe? Non é lúa nova nin día de repouso. E ela dixo: -Paz.
24
Logo fixo aparellar a burra, e díxolle ao servo: - Imos xa, e non te deteñas no camiño ata que eu cho diga!
25
Saíu, pois, e chegou onda o home de Deus no monte Carmelo. E cando a viu de lonxe o home de Deus, díxolle ao seu servo Guiezi: -Velaí a sunamita.
26
Corre agora mesmo ao seu encontro e dille: -Estás ben? Como está o teu marido? E como está o teu fillo? E ela dixo: - Paz.
27
Mais cando chegou onde estaba o home de Deus no monte, agarrouse dos seus pés. E Guiezi achegouse para apartala, pero o home de Deus díxolle: -Déixaa, porque está amargada na súa alma; e Iahveh ocultoume o motivo e non mo declarou.
28
Entón ela dixo: - Pedinlle eu un fillo ao meu señor? Non che dixen eu: non te burles de min?
29
Entón el díxolle a Guiezi: - Cingue os teus lombos e toma o meu caxato na túa man, e vaite. Se algún te atopa, non o saúdes, e se algún te saúda, non lle respondas, e coloca o meu caxato sobre a cara do rapaz.
30
Pero a nai do rapaz dixo: -Como vive Iahveh e como vive a túa alma, que non te deixarei!
31
El ergueuse e seguiuno. E Guiezi adiantouse a eles, e puxo o caxato sobre a cara do neno, pero non falou nin deu sinais de vida. Entón volveu ao encontro de Eliseo e díxolle: -O rapaz non espertou.
32
Cando Eliseo entrou na casa, velaí que o neno estaba morto, deitado na súa cama.
33
Entón el entrou e pechou a porta detrás deles e orou a Iahveh.
34
Despois subiu e estendeuse sobre o neno, poñendo a súa boca sobre a boca del, e os seus ollos sobre os ollos del, e as súas mans sobre as mans del; e estendeuse sobre el, e o corpo do neno comenzou a quentarse.
35
E volvéndose, andou pola casa de aquí para alá, e subiu e estendeuse de novo sobre el; e o rapaz espirrou sete veces, e abriu os ollos.
36
Entón el chamou a Guiezi e díxolle: -Chama a esta sunamita. E el chamouna, e cando ela entrou, díxolle: - Colle o teu fillo!
37
Entón ela entrou e botouse aos seus pés, inclinándose ata o chan; e colleu o seu fillo e saíu.
38
Eliseo volveu a Guilgal cando había unha gran fame na terra; e os fillos dos profetas estaban con el, de maneira que lle dixo ao seu servo: -Prepara a ola grande e fai gran potaxe para os fillos dos profetas.
39
Entón un saíu ao campo a recoller herbas, e atopou unha vide que semellaba unha vide brava, e recolleu dela cabazas silvestres ata encher a súa faldra; e ao regresar botounas na ola do potaxe, pero non sabía o que era.
40
Despois serviuno para que o comeran os homes; pero aconteceu que ao comer del, berraron, e dixeron: -Ai, home de Deus, hai morte na ola! E non puideron comelo.
41
Entón el dixo: -Traede fariña. E derramouna na ola, e dixo: -Dádelle de comer á xente. E non houbo máis mal na ola.
42
Entón veu un home de Baal-salisa e tróuxolle ao home de Deus pans das primicias, vinte pans de cebada con espigas de trigo novo. E el dixo: -Dádeo á xente para que coma.
43
Pero o seu criado dixo: -Como poñerei isto diante de cen homes? E el dixo: -Dádello á xente para que coma; porque así di Iahveh: "Comerán, e aínda sobrará."
44
El entón púxoo diante deles, e comeron e aínda lles sobrou, conforme a palabra de Iahveh.