Capítulo 23

1 Entón o rei mandou chamar a todos os anciáns de Xudá e de Xerusalém. 2 E subiu o rei á casa de Iahveh, e con el todos os homes de Xudá e todos os habitantes de Xerusalém, e os sacerdotes e os profetas e todo o pobo, dende o menor ata o maior; e leu aos seus ouvidos todas as palabras do libro do pacto que se atopara na casa de Iahveh. 3 E o rei púxose en pé xunto á columna, e fixo un pacto diante de Iahveh de seguir a Iahveh e gardar os seus mandamentos, testemuños e estatutos con todo o seu corazón e con toda a súa alma, e cumprir as palabras do pacto que estaban escritas naquel libro. E todo o pobo confirmou o pacto. 4 E o rei mandou o sumo sacerdote Hilquías, os sacerdotes de segunda orde e os porteiros, que sacaran do templo de Iahveh todos os utensilios que se fixeran para Baal, para Asera e para todo o exército dos ceos; e queimounos fóra de Xerusalém no campo do Cedrom, e fixo levar as súas cinzas a Betel. 5 E destituíu aos sacerdotes idólatras que os reis de Xudá puxeran para queimar incenso nos lugares altos nas cidades de Xudá e arredor de Xerusalém; e tamén os que queimaban incenso a Baal, o sol, a lúa, aos sinais do zodiaco*as constelacións? e a tódolos exércitos dos ceos. 6 Fixo tamén sacar a imaxe de Asera da casa de Iahveh, e levouna fóra de Xerusalém, ao val do Cedrom, e queimouna no val do Cedrom, e reduciuna á cinza e botou a súa cinza na fosa común. 7 Tamén derrubou os lugares dos sodomitas adicados á prostitución que había na casa de Iahveh, onde as mulleres tecían tendas para a Asera. 8 E fixo vir a tódolos sacerdotes das cidades de Xudá, e profanou os lugares altos onde os sacerdotes queimaban incenso, dende Gabaa ata Beerseba; e derrubou os altares das portas que estaban na entrada do portón de Xosué, gobernador da cidade, que estaban á esquerda da entrada da cidade. 9 Pero os sacerdotes dos lugares altos non se lles permitiu subir ao altar de Iahveh en Xerusalém, aínda que si comían pans ácimos igual ca os seus irmáns. 10 Tamén declarou inmundo ao Tofet, que está no val do fillo de Hinam, para que ninguén fixera pasar o seu fillo ou a súa filla polo lume en honor de Moloc. 11 E quitou os cabalos que os reis de Xudá adicaran ao sol, que estaban na entrada do templo de Iahveh, xunto ao apousento de Natán-melec, eunuco, quen estaba a cargo das dependencias; e queimou co lume os carros do sol. 12 O rei derrubou tamén os altares que os reis de Xudá fixeran na azotea do apousento alto de Azac, e os altares que Manasés erixira nos atrios da casa de Iahveh; destrozounos e tirou as súas cinzas no val de Cedrón. 13 Tamén o rei declarou inmundos os lugares altos que estaban en fronte de Xerusalém, á dereita do monte da destrución, que Salomón, rei de Israel, edificara a Astoret, ídolo abominable dos sidonios, e a Quemos, ídolo abominable de Moab, e a Milcom, ídolo abominable dos fillos de Amón. 14 E rompeu as estatuas e quebrou as aseras, e encheu o seu lugar con ósos de home. 15 Do mesmo xeito destruíu o altar que estaba en Betel e o lugar alto que fixera Ieroboam, fillo de Nabat, o que fixo pecar a Israel; destruíu tanto ese altar como o lugar alto e queimouno e reduciuno a cinza e queimou a Asera. 16 Cando Iosías volvía, viu os sepulcros que había alí no monte, e mandou sacar os ósos das sepulturas e queimounos sobre o altar para contaminalo, conforme a palabra de Iahveh que proclamara o home de Deus cando anunciara todas estas cousas. 17 E preguntou: -Que monumento é este que eu vexo? E os homes da cidade dixéronlle: -Este é o sepulcro do home de Deus que veu de Xudá, o que profetizou estas cousas que ti fixeches sobre o altar de Betel. 18 Entón el dixo: -Deixádeo; que ninguén mova os seus ósos. Deste xeito foron preservados os seus ósos, e tamén os ósos do profeta que viñera de Samaria. 19 Tamén Iosías quitou todos os santuarios dos lugares altos que había nas cidades de Samaria, que os reis de Israel fixeran para provocar a ira, e fixo con eles tal como fixera en Betel. 20 E degolou tamén sobre os seus mesmos altares a tódolos sacerdotes dos lugares altos que había alí, e queimou sobre eles ósos humanos, e regresou a Xerusalém. 21 Entón o rei ordenou a todo o pobo, dicindo: -Celebrade a Pascua a Iahveh o voso Deus, segundo o que está escrito neste libro do pacto. 22 Porque non se celebrara una Pascua así dende os días dos xuíces que gobernaron a Israel, nin en todos os días dos reis de Israel e dos reis de Xudá. 23 Pero no ano dezaoito do rei Iosías, foi celebrada esta Pascua a Iahveh en Xerusalém. 24 Ademais, Iosías expulsou os adiviños, os médiums, e os espiritistas e os terafíns, e a todolos ídolos abominables e todos os ídolos detestables que se vían na terra de Xudá e en Xerusalém, para cumprir as palabras da lei que estaban escritas no libro que o sacerdote Hilquías atopara na casa de Iahveh. 25 Non houbo rei antes del que se volvera a Iahveh con todo o seu corazón, con toda a súa alma e con tódalas súas forzas, conforme a toda a lei de Moisés, nin despois del se levantou ningún semellante a el. 26 Con todo isto, Iahveh non desistiu do ardor da súa grande ira que se acendeu contra Xudá, por todas as provocacións coas que Manasés o provocara. 27 E dixo Iahveh: "Tamén quitarei a Xudá da miña presenza, como quitei a Israel; e rexeitarei esta cidade que escollín, a Xerusalém, e á casa da que dixen: o meu nome estará alí." 28 E o resto dos feitos de Iosías, e todo o que fixo, non está escrito no libro das Crónicas dos reis de Xudá? 29 Naquel tempo, o Faraón Necao, rei de Exipto, subiu contra o rei de Asiria ao río Éufrates; e o rei Iosías saíulle ao seu encontro, pero cando o viu, matouno en Meguido. 30 E os seus servos puxérono nun carro e trouxérono morto dende Meguido a Xerusalém, e sepultárono no seu sepulcro. Entón o pobo da terra colleu a Ioacaz, fillo de Iosías, e unxírono e fixérono rei en lugar de seu pai. 31 Ioacaz tiña vinte tres anos cando comezou a reinar, e reinou tres meses en Xerusalém. A súa nai chamábase Hamutal, filla de Xeremías de Libna. 32 El fixo o que era malo aos ollos de Iahveh, conforme todo o que fixeran os seus pais. 33 E o Faraón Necao púxoo baixo custodia en Ribla, no territorio de Hamat, para impedir que reinara en Xerusalém, e impuxo sobre o país un tributo de cen talentos de prata e un talento de ouro. 34 Entón o Faraón Necao fixo rei a Eliaquim, fillo de Iosías, en lugar do seu pai Iosías, e mudou o seu nome ao de Ioacim; e tomou a Ioacaz e levouno a Exipto, onde morreu. 35 E Ioacim pagou ao Faraón a prata e o ouro; pero tivo que impoñer contribución ao país para lle entregar o diñeiro segundo a orde do Faraón. Exisiu da xente do pobo a cada un de acordo ao que tiña, a prata e o ouro para darllo ao Faraón Necao. 36 Ioacim tiña vinte cinco anos cando comezou a reinar, e reinou once anos en Xerusalém. A súa nai chamábase Zebuda, filla de Pedaías de Ruma. 37 E fixo o que era malo aos ollos de Iahveh, conforme todo o que fixeran os seus pais.