Capítulo 22

1 Iosías tiña oito anos cando comezou a reinar, e reinou en Xerusalém trinta e un anos. A súa nai chamábase Iedida, filla de Adaías de Boscat. 2 E fixo o que era xusto aos ollos de Iahveh, e andou en todo o camiño do seu pai David, sen desviarse a dereita nin a esquerda. 3 No ano dezaoito do rei Iosías, o rei mandou ao templo de Iahveh a Safán, fillo de Azalías, fillo de Mesulam, escriba, dicindo: 4 Vai ao sumo sacerdote Hilquías, e dille que calcule a prata que levaran á casa de Iahveh, que os gardas da porta recolleron do pobo, 5 e que a entreguen nas mans dos que están a cargo da supervisión da casa de Iahveh, e que a dean aos que fan o traballo da casa de Iahveh e reparen as avarías da casa; 6 aos carpinteiros, artesáns e canteiros, para mercar madeira e pedras de canteira para reparar a casa; 7 E que non se lles pida contas do diñeiro que se lles encomendou, pois proceden con honestidade. 8 Entón o sumo sacerdote Hilquías dixo a Safán o escriba: -Atopei o libro da lei na casa de Iahveh! E Hilquías deulle o libro a Safán, e el leuno. 9 Entón Safán, o escriba, foi diante do rei e díxolle: -Os teus servos recolleron o diñeiro que se atopou na casa de Deus e entregárono en man dos que están a facer o traballo, que están a cargo da casa de Iahveh. 10 Tamén o escriba Safán declarou ao rei, dicindo: -O sacerdote Hilquías deume un libro. E Safán leuno diante do rei. 11 E aconteceu que cando o rei escoitou as palabras do libro da lei, rachou as súas roupas. 12 E o rei mandou o sacerdote Hilquías, a Ahicam, fillo de Safán, e a Acbor, fillo de Micaías, e o escriba Safán e a Asaías, servo do rei, dicindo: 13 -Ide e consultade a Iahveh por min e polo pobo e por todo Xudá, sobre as palabras deste libro que foi atopado, porque grande é a ira de Iahveh que se acendeu contra nós, porque os nosos pais non fixeron caso das palabras deste libro, para facer conforme todo o que nos foi escrito. 14 Entón o sacerdote Hilcias, con Ahicam, Acbor, Safán e Asaías, foron onda a profetisa Hulda, muller de Salum, fillo de Ticva, fillo de Harhas, gardián das vestiduras; ela vivía en Xerusalém no segundo sector da cidade, e falaron con ela. 15 E ela díxolles: -Así di Iahveh, Deus de Israel: dicide ao home que vos mandou a min: 16 "Así di Iahveh: velaí que Eu vou traer sobre este lugar e sobre os seus habitantes todas as maldades que se mencionan no libro que o rei de Xudá leu; 17 porque me abandoaron e queimaron incenso a outros deuses, provocándome a ira con todo o que fixeron coas súas mans; de tal xeito que a miña ira foi encendida*acesa? contra este lugar e non será apagada. 18 Pero ao rei de Xudá que vos mandou para consultar a Iahveh, dirédeslle: - Isto di Iahveh, Deus de Israel: as palabras que escoitaches han se cumplir, 19 pero xa que o teu corazón enterneceuse*está amolecido e humillado? e te humillaches diante de Iahveh ao escoitar o que falei contra este lugar e contra os seus habitantes, que serán feitos desolación e maldición, e rachaches as túas roupas e choraches diante de min, eu tamén te escoitei, di Iahveh. 20 Polo tanto, velaí que te reunirei cos teus pais, e serás levado ao teu sepulcro en paz, e os teus ollos non verán todo o mal que vou traer sobre este lugar. E eles levaron esa resposta ao rei.