Capítulo 21

1 Manasés tiña doce anos cando comezou a reinar, e reinou en Xerusalém cincuenta e cinco anos; a súa nai chamábase Hepsiba. 2 E fixo o que era malo aos ollos de Iahveh, conforme as abominacións das nacións que Iahveh botara fóra de diante dos fillos de Israel. 3 Reedificou os lugares altos que o seu pai Ezequías derrubara, e ergueu altares a Baal e fixo unha Ashera, como fixera Acab, rei de Israel, e adorou a todo o exército dos ceos, e serviunos. 4 El tamén edificou altares na casa de Iahveh, da que Iahveh dixera: "En Xerusalém poñerei o meu nome." 5 E edificou altares para todo o exército dos ceos nos dous patios da casa de Iahveh. 6 E fixo pasar o seu fillo polo lume, e adicábase á adiviñación e a maxia, e estableceu adiviños e nigromantes para falar cos espíritos dos mortos, multiplicando así o que era malo aos ollos de Iahveh para provocalo a ira. 7 E colocou a imaxe de Asera que el fixera, na casa da que Iahveh dixera a David e ao seu fillo Salomón: "Nesta casa e en Xerusalém, a que escollín de entre todas as tribos de Israel, porei o meu nome para sempre. 8 E non volverei máis a permitir que o pé de Israel se mova da terra que dei aos seus pais, sempre que fagan todo o que lles ordenei, conforme a toda a lei que o meu servo Moisés lles mandou. 9 Pero eles non escoitaron, senón que Manasés enganounos para que fixesen máis mal que as outras nacións que Iahveh destruíra diante dos fillos de Israel. 10 Entón Iahveh falou por medio dos seus servos aos profetas, dicindo: 11 "Porque Manasés, rei de Xudá, fixo estas abominacións, e fixo peor que todo o que fixeron os amorreos que foron antes del; e tamén fixo pecar a Xudá cos seus ídolos, 12 por tanto, así di Iahveh, Deus de Israel: "Velaquí, Eu vou traer tal mal sobre Xerusalém e sobre Xudá, que a calquera que o escoite abouxaranlle os dous oídos. 13 Estendín sobre Xerusalém o cordel de Samaria e a chumbada da casa de Acab, e limpiarei a Xerusalém como se frega un prato, que despois de fregado, ponse cara abaixo. 14 E abandonarei o resto da miña herdanza, e entregareinos nas mans dos seus inimigos; e serán presa e botín para todos os seus inimigos; 15 porque fixeron o malo aos meus ollos, e provocáronme a ira dende o día que os seus pais saíron de Exipto ata este día. 16 Ademais disto, Manasés derramou gran cantidade de sangue inocente, ata encher Xerusalém de un lado ao outro, ademais do seu pecado co que fixo pecar a Xudá, ao facer o malo aos ollos de Iahveh. 17 O resto dos feitos de Manasés e todo o que fixo, e o pecado que cometeu, non está escrito no libro das Crónicas dos reis de Xudá? 18 E Manasés durmiu cos seus pais, e foi sepultado no xardín da súa casa, no xardín de Uzá; e o seu fillo Amón reinou no seu lugar. 19 Amón tiña vinte e dous anos cando comezou a reinar, e reinou dous anos en Xerusalém. A súa nai chamábase Mesulemet, filla de Haruz de Iotba. 20 E fixo o que era malo aos ollos de Iahveh, como fixera o seu pai Manasés. 21 E andou en todo o camiño no que seu pai andara, e serviu os ídolos *(domésticos) que seu pai servira, e adorounos; 22 e deixou a Iahveh, o Deus dos seus pais, e non andou no camiño do Iahveh. 23 E os servos de Amón conspiraron contra el, e mataron o rei na súa propia casa. 24 Pero o pobo do país matou a todos os que conspiraran contra o rei Amón; e o pobo do país fixo rei a Iosías, o seu fillo, no seu lugar. 25 E o resto dos feitos de Amón, non están todos eles escritos no libro das Crónicas dos reis de Xudá? 26 E foi sepultado no seu sepulcro no xardín de Uzá, e Iosías o seu fillo reinou no seu lugar.