Capítulo 2

1 E aconteceu que cando Iahveh ía facer subir a Elías nun remuíño aos ceos, Elías viña con Eliseo do Guilgal. 2 E Elías díxolle a Eliseo: -Quédate aquí, porque Iahveh mandoume a Betel. Pero Eliseo dixo: -Pola vida de Iahveh e pola túa vida, que non te deixarei! E baixaron a Betel. 3 Entón os fillos dos profetas que estaban en Betel saíron onda Eliseo, e dixéronlle: -Sabes que hoxe Iahveh tomará o teu señor por riba da túa cabeza? E el dixo: -Eu tamén o sei; calade. 4 E Elías díxolle de novo a Eliseo: -Eliseo, quédate aquí, porque Iahveh mandoume a Iericó. Pero el dixo: -Como vive Iahveh e a túa alma, que non te deixarei! E chegaron a Iericó. 5 Entón os fillos dos profetas que estaban en Iericó achegáronse a Eliseo, e dixéronlle: -Sabes que hoxe Iahveh tomará o teu señor por enriba da tua cabeza? E el dixo: - Seino; calade. 6 E Elías díxolle: -Rógoche que quedes aquí, porque Iahveh mandoume ao Xordán. Pero el respondeu: -Como vive Iahveh, e a túa alma, que non te deixarei! Así foron os dous. 7 E cincuenta homes dos fillos dos profetas viñeron e pararon fronte a eles a certa distancia; e eles dous pararon xunto ao Xordán. 8 Entón Elías colleu o seu manto, dobrouno e golpeou as augas, que se separaron dun lado a outro, e ambos pasaron por terra seca. 9 E cando cruzaron, Elías dixo a Eliseo: -Pídeme o que queiras que faga por ti, antes de que sexa arrebatado do teu lado. E Eliseo dixo: -Rógoche que unha porción dobre do teu espírito veña sobre min! 10 E el dixo:-Pediches unha cousa difícil; pero se me ves cando sexa arrebatado de ti, así se che fará; pero se non, non será. 11 E aconteceu que mentres ían falando, velaquí, un carro de lume con cabalos de lume separou aos dous; e Elías subiu no ceo nun remuíño. 12 Cando o viu Eliseo, exclamou: -Meu pai, meu pai, carro de Israel e os seus xinetes de a cabalo! E non o viu máis. Entón colleu os seus vestidos e rachounos en dúas partes. 13 Colleu, ademais, o manto de Elías que caera del, e volveu e parouse na beira do Xordán. 14 E collendo o manto de Elías que lle caera, golpeou as augas, e dixo: -Onde está Iahveh, o Deus de Elías? E cando golpeou as augas, dividíronse dun lado ao outro, e Eliseo cruzou. 15 E cando os fillos dos profetas que estaban en Iericó o viron do outro lado, dixeron: -O espírito de Elías descansou sobre Eliseo. E eles foron ao seu encontro e prostráronse diante del. 16 E dixeron: -Velaquí, cos teus servos hai cincuenta homes fortes. Vai agora á procura do teu señor, poida que o Espírito de Iahveh o collera e o botara nun dos montes ou nalgún val. Pero el díxolles: -Non os mandedes. 17 Pero eles insistiron tanto que se cansou e dixo: -Mandádeos! Entón mandaron cincuenta homes que buscaron por tres días, pero non o atoparon. 18 Cando volveron onda Eliseo (que estaba quedando en Iericó), díxolles: -Non vos dixen que non fosedes? 19 E os homes da cidade dixeron a Eliseo: -Velaquí, como ve o meu señor, o lugar onde está situada esta cidade é bo; pero as augas son malas e a terra estéril. 20 Entón el dixo: -Traédeme un vaso novo, e poñede nel sal. E trouxéronllo. 21 E el saíu ao manacial, e botou o sal nel, e dixo: -Isto di Iahveh: sanei estas augas; nunca mais haberá nelas morte nin doenza.*esterilidade? 22 E as augas quedaron limpas ata hoxe, conforme a palabra que falou Eliseo. 23 Subíu de alí a Betel; e cando ía subindo polo camiño, uns raparigos saíron da cidade burlándose del, dicindo: -Calvo, sube! Calvo, sube! 24 Pero el volvéndose, viunos e maldiciunos no nome de Iahveh. Entón dous osos saíron do monte e esnaquizaron corenta e dous daqueles raparigos. 25 De alí foi ao monte Carmelo, e dende alí volveu a Samaria.