Capítulo 19

1 E aconteceu que cando o escoitou o rei Ezequías, rachou as súas roupas, cubriuse de pano de saco e entrou na casa de Iahveh. 2 E mandou a Eliaquim, mordomo, a Sebna, escriba, e aos anciáns dos sacerdotes, cubertos de cilicio, onda o profeta Isaías, fillo de Amós, 3 E dixéronlle: -Isto di Ezequías: Hoxe é día de angustia, de castigo e de blasfemia, porque os fillos están a piques de nacer e non hai forza para parilos! 4 Pode ser que Iahveh o teu Deus escoite todas as palabras do Rabsaces, a quen o seu señor, o rei dos asirios, mandou para aldraxar o Deus vivo e reprenda as palabras que Iahveh o teu Deus escoitou. Polo tanto, eleva unha oración a favor do remanente que aínda queda. 5 Entón os servos do rei Ezequías presentáronse diante de Isaías. 6 E Isaías díxolles: -Así diredes ao voso señor: así di Iahveh: non temas as palabras que escoitaches, coas que me aldraxaban os servos do rei de Asiria. 7 Velaí que Eu poñerei un espírito nel, e escoitará un rumor, e volverá á súa terra; e alí fareino caer a espada. 8 Cando o Rabsaces escoitou que o rei de Asiria partira de Laquis, regresou e atopouno combatindo contra Libna. 9 Mais cando ouviu dicir que Tirhaca, rei de Etiopía, saíra para loitar contra el, mandou novamente mensaxeiros a Ezequías, dicindo: 10 Dicide así a Ezequías, rei de Xudá: non te engane o teu Deus en quen confías, dicindo: Xerusalém non será entregada en man do rei de Asiria. 11 Velaí, ti escoitaches o que os reis de Asiria fixeron a tódalas terras, destruíndoas por completo; e pensas que ti poderás fuxir? 12 Acaso os seus deuses liberaron a esas nacións que os meus pais destruíron, é dicir, a Gozan, a Harán, a Resef e aos fillos do Edén que estaban en Telasar? 13 Onde está o rei de Hamat, ou o rei de Arfad e o rei da cidade de Sefarvaim, o de Hena ou o de Iva? 14 Ezequías colleu a carta da man dos embaixadores e despois de lela, subiu á casa de Iahveh; e Ezequías estendeuna diante de Iahveh. 15 E orou Ezequías diante de Iahveh, dicindo: -Ai Iahveh, Deus de Israel, entronizado entre os querubíns, ti só es Deus de todos os reinos da terra! Ti fixeches o ceo e a terra. 16 inclina, Ó Iahveh, o teu oído e escoita; abre, Iahveh, os teus ollos e mira. Escoita as palabras de Sennaquerib que mandou para aldraxar o Deus vivo. 17 É verdade, Ó Iahveh, que os reis de Asiria destruíron as nacións e as súas terras; 18 e botaron os seus deuses no lume, porque non eran deuses, senón obra de mans de homes, de madeira ou de pedra; por iso foron quen de destruílos. 19 Agora, Ó Iahveh noso Deus, sálvanos da súa man, para que todos os reinos da terra saiban que só ti, Iahveh, es Deus. 20 Entón Isaías, fillo de Amós, mandou mensaxe a Ezequías, dicindo: -Isto di Iahveh, Deus de Israel: "Escoitei o que me pediches respecto de Senaquerib, rei de Asiria. 21 Esta é a palabra que Iahveh falou sobre el: "A filla virxe de Sión menosprezate e búrlase de ti; A filla de Xerusalém menea a súa cabeza dun xeito despectivo ás túas costas. 22 A quen aldraxaches e contra quen blasfemaches? Contra quen alzaches a voz e levantaches en alto os teus ollos? Contra o Santo de Israel! 23 Por medio dos teus mensaxeiros aldraxaches o Señor e dixeches: coa multitude dos meus carros subín ás alturas dos montes, aos confíns do Líbano; alí cortei os seus altos cedros, os seus mellores cipreses; e entrei nos seus lugares máis afastados, no bosque dos seus campos máis frondosos. 24 Cavei pozos e bebín augas estranxeiras, coas plantas dos meus pés sequei todos os ríos de Exipto. 25 Non escoitaches que dende os tempos antigos Eu o determiñei*téñoo preparado, decidido?*, e dende os días da antigüidade o planifiquei? E agora o fago vir, para que convirtas ciudades fortificadas en montóns de ruínas; 26 os seus habitantes, están faltos de forzas, coa vergoña da derrota, chegaron a ser como a herba do campo, tenra herba, como a herba das terrazas que agosta antes da seitura. 27 Pero eu sei como te sentes, a túa saída e a túa entrada, e a túa ira contra min. 28 Por causa da túa ira contra min e a túa arrogancia que subiu aos meus ouvidos, poñerei a miña argola no teu nariz e o meu freo no teu fociño, e fareite volver polo camiño polo que viñeches. 29 E este será o sinal para ti: este ano comerás o que brote do gran caído, e no segundo ano o que medre pola súa conta; pero no terceiro ano sementarás e segarás, e plantarás viñas para comer do seu froito. 30 E o remanente que quede da casa de Xudá, volverá botar raíces cara abaixo e dará froito cara arriba. 31 Porque de Xerusalém sairá un remanente, e do monte Sión os que se salven. O celo de Iaveh dos exércitos fará isto! 32 Polo tanto, así di Iahveh sobre o rei de Asiria: "Non entrará nesta cidade, nin disparará unha soa frecha, nin virá cara a ela con escudo, nin levantará barricada contra ela. 33 Polo mesmo camiño polo que veu, regresará, e non entrará nesta cidade, pola palabra de Iahveh. 34 Pois Eu defenderei esta cidade para salvala, por amor a min mesmo e por amor ao meu servo David. 35 E aconteceu que esa mesma noite o anxo de Iahveh saíu e matou no campamento dos asirios cento oitenta e cinco mil; e cando se ergueron pola mañá, velaí que eran todos cadáveres. 36 Entón Senaquerib, rei da Asiria, partiu, e volveu a Nínive, e quedou alí. 37 E aconteceu que mentres el estaba adorando na casa do seu deus Nisroc, os seus fillos Adramelec e Sarezer matárono con espada, e fuxiron á terra de Ararat. E o seu fillo Esar-hadón reinou no seu lugar.