Capítulo 18

1 No terceiro ano de Oseas, fillo de Ela, rei de Israel, reinou Ezequías, fillo de Acaz, rei de Xudá. 2 Tiña vinte e cinco anos cando comezou a reinar, e reinou en Xerusalém vinte e nove anos. A súa nai chamábase Abi, filla de Zacarías. 3 E fixo o que era xusto aos ollos de Iahveh, conforme todo o que fixera o seu pai David. 4 El quitou os lugares altos e quebrou as imaxes dos ídolos, e talou a Asera. Tamén fixo anacos da serpe de bronce que fixera Moisés, á que chamou Nehustán, porque ata entón os fillos de Israel queimaban incenso diante dela. 5 El confiou en Iahveh, Deus de Israel; e nin despois del, nin antes del, houbo ningún coma el entre todos os reis de Xudá. 6 Porque seguiu a Iahveh sen afastarse del, senón que gardou os mandamentos que Iahveh ordenara a Moisés. 7 E Iahveh estaba con el, e prosperaba en todo o que facía. E rebelouse contra o rei de Asiria e non o serviu. 8 E derrotou os filisteos ata Gaza e o seu territorio, dende as torres de vixía ata a cidade fortificada. 9 E no cuarto ano do rei Ezequías, que era o sétimo ano de Oseas, fillo de Ela, rei de Israel, Salmanasar, rei dos asirios, subiu contra Samaria e sitiouna. 10 E tomárona ao cabo de tres anos. Así que no sexto ano de Ezequías, que era o noveno ano de Oseas, rei de Israel, Samaria foi capturada. 11 O rei de Asiria levou cativos a Israel a Asiria, e púxoos en Halah, en Habor, xunto ao río Gozan, e nas cidades dos medos; 12 porque non obedeceran a voz de Iahveh o seu Deus, senón que quebrantaron o seu pacto e todo o que Moisés, servo de Iahveh, lles mandara; non lle fixeron caso nin o cumpriron. 13 No ano catorce do rei Ezequías, Sennaquerib, rei da Asiria, subiu contra todas as cidades fortalecidas de Xudá, e conquistounas. 14 Entón Ezequías, rei de Xudá, mandou dicir ao rei de Asiria que estaba en Laquis: - Equivoqueime; arrédate de min, e farei todo o que ti me pidas. E o rei de Asiria impuxo a Ezequías, rei de Xudá, trescentos talentos de prata e trinta talentos de ouro. 15 Entón Ezequías deulle toda a prata que se atopou na casa de Iahveh e nos tesouros da casa do rei. 16 Naquel tempo Ezequías desmantelou as portas do templo de Iahveh e as xambas que o rei Ezequías cubrira de ouro, e deullo ao rei de Asiria. 17 E o rei de Asiria mandou, dende Laquis, contra o rei Ezequías o Tartán, o Rabsaris e o Rabsaces cun gran exército, e subiron e chegaron a Xerusalém. E cando subiron acamparon xunto ao acueduto do estanque superior, no camiño do campo do Lavador. 18 E chamaron ao rei. Entón saíron cara eles Eliaquim, fillo de Hilquías, mordomo do palacio, Sebna o escriba, e Ioá, fillo de Asaf, o cronista. 19 E díxolles o Rabsaces: -Dicídelle agora a Ezequías: así di o gran rei de Asiria: que confianza é esta na que te apoias? 20 Coidas que a estratexia e o poder na guerra é cousa de palabras? En que confías para que te rebelares contra min? 21 Velaí que estás confiando nese caxato de cana rota que é Exipto, no que se alguén se apoia, cravaráselle na súa man e traspasarao. Así é o Faraón, rei de Exipto, para todos os que confían nel. 22 E se me dicides: -En Iahveh o noso Deus confiamos, non é este o que Ezequías quitou os seus altos e altares, e dixo a Xudá e a Xerusalém: diante deste altar adoraredes en Xerusalém? 23 Agora pois, pídoche que fagas unha aposta co meu señor, o rei de Asiria, e eu dareiche dous mil cabalos se é que tes alguén que os monte. 24 Como podes ti, pois, resistir a un capitán, ou aínda do máis pequeno dos servos do meu señor, cando confías en Exipto cos seus carros e cos seus xinetes? 25 Acaso saín agora contra este lugar para destruílo sen consultar a Iahveh? Pois Iahveh díxome: "Subide contra esta terra e destruídea!" 26 E Eliaquim, o fillo de Hilcias, con Sebna e con Ioá, dixeron ao Rabsaces: -Rógoche que fales aos teus servos en siríaco, porque nós entendémolo; e non nos fales na lingua hebrea diante do pobo que está sobre o muro. 27 Mais o Rabsaces díxolles: - Pensades que o meu señor me mandou a dicir estas palabras só a ti e a teu señor, e non aos homes que están sobre o muro,*expostos a comer con vós os seus propios excrementos e bebe os seus ouriños?* o voso esterco e a beber os vosos para rematar comendo o seu propio esterco e beber a súa propia orina con vós? 28 Entón Rabsaces púxose en pé e clamou a gran voz na lingua dos xudeus, e dixo: -Escoitade a palabra do gran rei, o rei de Asiria! 29 Así di o rei: -Non vos engane Ezequías, porque el non poderá librarvos da miña man. 30 E non deixedes que Ezequías vos faga confiar en Iahveh, dicindo: Iahveh certamente nos librará, e esta cidade non será entregada na man do rei de Asiria. 31 Non escoitedes a Ezequías; pois así di o rei de Asiria: -Facede a paz comigo e vinde a min, e cada un comerá da súa vide e da súa figueira, e cada un beberá a auga do seu propio pozo, 32 ata que eu veña e vos leve a unha terra coma a vosa terra, terra de gran e de viño, terra de pan e de viñas, terra de oliveiras, de aceite e de mel; viviredes e non morreredes. Non escoitedes a Ezequías, porque vos engana dicindo: Iahveh libraravos. 33 Por acaso algún dos deuses das nacións foi quen de liberar a súa terra da man do rei de Asiria? 34 Onde están os deuses de Hamat e de Arfad? Onde están os deuses de Sefarvaim, de Hena e de Iva? Puideron eles librar a Samaria da miña man? 35 Quen de todos os deuses destas nacións libraron as súas terras da miña man, para que Iahveh libre a Xerusalém da miña man? 36 Mais o pobo calaba e non lle respondía nin unha palabra, porque a orde do rei era: "Non lle respondades." 37 Entón Eliaquim, fillo de Hilcias, mordomo da casa, e Sebna o secretario, e Ioá, fillo de Asaf, o cronista, viñeron a Ezequías con as súas roupas rachadas, e contáronlle as palabras do Rabsaces.