Capítulo 12

1 No ano sétimo de Iehú, Ioas comezou a reinar, e reinou corenta anos en Xerusalém. A súa nai chamábase Sibia de Beerseba. 2 E Ioas fixo o que era xusto aos ollos de Iahveh todo o tempo que o sacerdote Iehoiadá o instruíra. 3 Con todo isto, os lugares altos non foron quitados, senón que o pobo aínda sacrificaba e queimaba incenso nos lugares altos. 4 E Ioas dixo aos sacerdotes: -Toda a prata consagrada que se acostuma traer á casa de Iahveh, tanto a prata da redención*do rescate? de cada persoa, segundo o que está estipulado, como a prata que cadaquén traia de boa gana*voluntariamente? á casa de Iahveh, 5 os sacerdotes han recibilo cada un de parte do seu administrador, para reparar os pórticos do templo onde queira que se atopen fendas. 6 Pero aconteceu que no ano vinte e tres do rei Ioas, os sacerdotes aínda non repararan os danos do templo. 7 Entón o rei Ioas chamou ao sumo sacerdote Iehoiadá e aos sacerdotes, e díxolles: -Por que non reparades os danos do templo? Agora pois, non vos quedaredes cos cartos dos vosos coñecidos, senón que os entregaredes para reparar os danos do templo. 8 E os sacerdotes acordaron non recibir máis diñeiro do pobo, nin estar a cargo de reparar os danos do templo. 9 Pero o sumo sacerdote Iehoiadá colleu un cofre e fixo un burato na súa tapa, e púxoo xunto ao altar, á beira dereita ao entrar no templo de Iavheh; e os sacerdotes que vixiaban a porta poñían alí todos os cartos que se traían á casa de Iahveh. 10 E sucedía que cando vían que había moito diñeiro na arca, subía o secretario do rei co sumo sacerdote, e contaban os cartos que se atopaban na casa de Iahveh, e metíanos en custodia. 11 E daban o diñeiro aos que facían o traballo e aos que estaban a cargo da casa de Iahveh; e eles gastábano nos carpinteiros e nos mestres que reparaban a casa de Iahveh, 12 e aos albaneis e aos canteiros, e para mercar madeiras e pedras de canteira para reparar as averías da casa de Iahveh, e para todo o que se gastara na casa para reparala. 13 Pero cos cartos que se traían á casa de Iahveh, non se facían copas de prata, nin aspersorios, nin tazóns, nin trompetas, nin se facía ningún outro utensilio de ouro ou de prata para o templo de Iahveh; 14 senón que o entregaban aos que facían o traballo, e con el reparaban a casa de Iahveh. 15 Ademais, non se pedían contas aos homes aos que se entregaba o diñeiro para facer os traballos, porque eles facían iso honradamente. 16 A prata das ofrendas pola culpa e a prata das ofrendas polo pecado non era ingresada na Casa de Iahveh, pois era para os sacerdotes. 17 Naquel tempo Hazael, rei de Siria, subiu e loitou contra Gat e conquistouna. E Hazael propúxose subir contra Xerusalém, 18 Entón Ioas, rei de Xudá, colleu tódolos obxectos consagrados que ofreceran os seus pais Iosafat, Ioram e Ocozías, reis de Xudá, e os que el mesmo santificara, e todo o ouro que se atopou nos tesouros da casa de Iahveh e na casa do rei, e mandouno a Hazael, rei de Siria; e el retirouse de Xerusalém. 19 E o resto dos feitos de Ioas, e todo o que fixo, non está escrito no libro das Crónicas dos reis de Xudá? 20 E os seus servos levantáronse e conspiraron contra el, e mataron a Ioas na casa de Milo, cando el baixaba polo camiño a Sila; 21 E Iosacar, fillo de Simeat, e Iozabad, fillo de Somer, os seus servos, ferírono ata que morreu; e sepultárono cos seus pais na Cidade de David; e o seu fillo Amasías reinou no seu lugar.