Capítulo 11

1 Cando Atalía, a nai de Ocozías, viu que o seu fillo morrera, levantouse para destruír a toda a descendencia real. 2 Pero Iosaba, filla do rei Ioram, e irmá de Ocozías, colleu a Ioas, fillo de Ocozías, e sacouno en segredo de entre os fillos do rei que estaban sendo asasinados, e escondeuno de Atalía, a el e á súa ama no dormitorio, e non o mataron. 3 E estivo con ela escondido na casa de Iahveh por seis anos; e Atalía era a raíña sobre o país. 4 Pero no sétimo ano, Iehoiadá mandou e tomou os capitán de cen*centuria? dos cereteos e da garda real e levounos consigo á Casa de Iahveh, e fixo un pacto con eles, e fíxoos xurar na casa de Iahveh, e amosoulles o fillo do rei. 5 Despois ordenoulles dicindo: -Isto é o que faredes: unha terceira parte de vós estará a gardar a casa do rei no día de repouso; ocuparédevos da garda da casa real: 6 outra terceira*tercio? parte estará na porta de Shur, e a outra terceira parte detrás da escolta real; (así gardaredes a casa para que non sexa saqueada)*e gardaredes a casa por turnos de garda. 7 E as dúas partes*seccións? de vós que saídes no día de repouso, estaredes a gardar a casa de Iaveh xunto ao rei; 8 Vós rodearedes ben o rei por todos lados, con cadansúas armas na man; e o que pretenda entrar nas filas, será morto; e acompañaredes o rei cando saia e cando entre. 9 Os centurións fixeron todo o que lles mandara o sacerdote Iehoiadá; e collendo cada un os seus homes, os que entraban no día de repouso e os que saían do día de repouso, viñeron onda o sacerdote Iehoiadá. 10 E o sacerdote entregou aos capitáns de cen as lanzas e os escudos que pertencían ao rei David, que estaban na casa de Iaveh. 11 E os gardas da escolta puxéronse en fila, con cadansúas armas na man, dende o sur da casa ata o norte, xunto ao altar e o templo, arredor do rei. 12 Entón sacou ao fillo do rei, puxo a coroa sobre el e deulle o Testemuño; e unxírono para facelo rei, e batendo as mans, berraron: -Viva o rei! 13 Cando Atalía escoitou o balbordo da garda e do pobo que corría, aproximouse á xente na casa de Iahveh. 14 E mirou, e velaí que o rei estaba en pé xunto á columna, segundo o costume, e os oficiais e os trompeteiros xunto ao rei, e todo o pobo da terra estaba feliz e tocando as trompetas. Entón Atalía rachou as súas vestiduras e berrou a gran voz: -Traizón! Traizón! 15 Pero o sacerdote Iehoiadá mandou aos capitán de cen*centuria,centurión? que estaban a cargo do exército, e díxolles: - Deixádea que saia do templo, e ao que a siga, matádeo con espada! (Porque o sacerdote dixera: non a matedes no templo de Iahveh). 16 Abríronlle paso, e ela saíu ao camiño da entrada dos xinetes á casa do rei, e executárona alí. 17 Entón Iehoiadá fixo un pacto entre Iahveh, o rei e o pobo, de que eles serían o pobo do Iahveh; e tamén entre o pobo e o rei. 18 E todo o pobo da terra entrou no templo de Baal e destruírono; esnaquizaron por completo os seus altares e as súas imaxes, e mataron a Matán, sacerdote de Baal, diante dos altares. E o sacerdote puxo vixiancia sobre a casa do Iahveh. 19 Despois colleu os capitán de cen*centuria,centurión?, os oficiais, a garda e todo o pobo do país, e fixeron baixar o rei dende a casa de Iahveh; e entraron na casa real polo camiño da porta da garda, e sentouse no trono dos reis. 20 E todo o pobo da terra se alegrou, e a cidade tivo acougo, despois de que mataran a Atalía a espada xunto á casa do rei. 21 Ioas tiña sete anos cando comezou a reinar.