Capítulo 10

1 Eu mesmo, Paulo, rógovos pola mansedume e tenrura de Cristo, eu, que en persoa son manso e apracible cando estou convosco, pero ousado para vós cando estou ausente; 2 suplícovos, pois, que non teña que actuar ousadamente, coa confianza coa que penso atreverme contra algúns que nos consideran coma se vivísemos segundo a carne. 3 Pois aínda que andamos na carne, non loitamos segundo a carne; 4 porque as armas do noso exército non son carnais, senón poderosas en Deus para a destrución de fortalezas; 5 destruíndo razoamentos e toda arrogancia que se levanta en contra do coñecemento de Deus, e levando cativo todo pensamento á obediencia de Cristo, 6 e estando preparados para castigar toda desobediencia, cando a vosa obediencia sexa plena. 7 Vós vedes as cousas segundo o seu parecer exterior. Se algún ten confianza en si mesmo que é de Cristo, teña en conta isto dentro de si outra vez: que así coma el é de Cristo, tamén o somos nós. 8 Pois mesmo que presumira algo máis sobre a nosa autoridade, que o Señor nos deu para edificación e non para vosa destrución, non me hei avergoñar, 9 para que non dea a impresión de que desexo asustarvos coas miñas cartas. 10 Porque eles din: as cartas son duras e pesadas, pero a presenza física, é feble, e o discurso menosprezado. 11 Teña isto en conta tal persoa: que o que somos en palabra por carta, estando ausentes, o somos tamén en feitos, estando presentes. 12 Porque non nos atrevemos a contarnos nin a compararnos con algúns que se louvan a si mesmos; pero eles medíndose a si mesmos e comparándose consigo mesmos, teñen falta de entendemento. 13 Mais nós non habemos gloriarnos se medida, senón segundo a medida do límite que Deus nos asignou para mesmo chegar a vosoutros. 14 Pois non nos extralimitamos a nós mesmos, coma se non vos tiveramos alcanzado, xa que nós fomos os primeiros en chegar onda vós co evanxeo de Cristo; 15 non nos ensoberbecemos de máis nos traballos doutros, senón tendo a esperanza de que conforme medre a vosa fe, nós seremos, dentro dos nosos límites, engrandecidos aínda máis por vós, 16 para anunciar o evanxeo aínda ás rexións máis aló de vós, e para non gloriarnos no que xa estea feito nos límites doutro. 17 Pero o que se gloría, gloríese no Señor. 18 Porque o que se louva a si mesmo non é aprobado, senón aquel a quen o Señor louva.