Capítulo 9

1 Porque, agora ben, está de máis que vos escriba no tocante á axuda para o servizo dos santos; 2 pois sei da vosa disposición, da que me glorío por vós diante dos macedonios; porque a Acaia vén preparándose dende o ano pasado, e o voso exemplo animou á maioría deles. 3 Pero mandei os irmáns para que o noso alarde de vós non sexa feito en van, a fin de que, como dicía, esteades preparados; 4 non sexa que vaian algúns macedonios comigo e vos atopen desprevidos, e sexamos nós (por non dicir vós) avergoñados por esta confianza. 5 Así que crin necesario exhortar os irmáns a que se adiantaran en ir a vós, e prepararan de antemán a vosa xenerosa ofrenda, prometida hai tempo, para que a mesma estivera lista como bendición, e non por cobiza. 6 Pero digo isto: o que escasamente sementa, tamén colleitará escasamente; e o que sementa en abundacia, tamén colleitará abundantemente. 7 Que cada un dea como propuxo no seu corazón, non de mala gana nin por obriga, porque Deus ama a quen dá con alegría. 8 E Deus pode facer que abunde toda graza para vosoutros, a fin de que, tendo sempre todo o suficiente en tódalas cousas, abundedes para toda boa obra; 9 como está escrito: "El repartiu, deu aos pobres; a súa xustiza permanece para sempre". 10 E o que lle suministra a semente ao sementador e o pan para o seu alimento, proverá e multiplicará a vosa sementeira e aumentará a colleita da vosa xustiza; 11 sendo enriquecidos en todo para toda xenerosidade, producindo en nós acción de grazas a Deus. 12 Porque o ministerio deste servizo, non só suple abondosamente as necesidades dos santos, senón que tamén medra en accións de grazas a Deus; 13 pois pola experiencia desta axuda, eles glorifican a Deus pola obediencia que profesades ao evanxeo de Cristo, e pola xenerosidade desta axuda para eles e para todos; 14 mentres eles orarán por vós con moito agarimo por mor da superabundante graza de Deus en vosoutros. 15 Grazas a Deus polo seu regalo indescritible!