1
Iosías celebrou a pascua a Iahveh en Xerusalém, e degolaron o año da pascua o catorce do primeiro mes.
2
E estableceu os sacerdotes nas súas funcións e fortaleceunos no servizo da casa de Iahveh .
3
E díxolles aos levitas que ensinaban a todo Israel e que estaban santificados a Iahveh: colocade a arca do santuario na casa que edificou Salomón, o fillo de David, rei de Israel; xa non a teredes que cargala a ombros, e servide a Iahveh , o voso Deus, e ao seu pobo Israel.
4
Preparádevos segundo a orde das vosas casas paternas, tal como escribiu David, rei de Israel, e como escribiu Salomón, o seu fillo.
5
E ocupade o voso lugar no santuario segundo as divisións das casas paternas dos vosos irmáns, os fillos do pobo, e así cada un teña unha porción dunha casa paterna dos levitas.
6
Degolade o año pascual e santificádevos, facede os preparativos para os vosos irmáns segundo a palabra de Iahveh por medio de Moisés.
7
E o rei Iosías ofreceu ao pobo o número de ovellas, años e cabritos, coma vítimas pascuais para todos os que estaban presentes, uns trinta mil, e engadiu tres mil bois, todos eles da facenda do rei.
8
Tamén os seus príncipes ofrendaron para o pobo, para os sacerdotes e para os levitas. Hilquías, Zacarías e Iehiel, príncipes da casa de Deus, deron aos sacerdotes para as ofrendas pascuais dous mil seiscentos, e trescentos bois.
9
Conanías e os seus irmáns Xemaías e Netaneel, e HasAbías, Ieiel e Iosabad, príncipes dos levitas, ofreceron aos levitas cinco mil para as ofrendas pascuais e cincocentos bois.
10
E o servizo foi preparado, e os sacerdotes estiveron nos seus postos e os levitas nos seus turnos, segundo o mandamento do rei.
11
E degolaron a pascua, e os sacerdotes asperxeron o sangue coa súa man, mentres os levitas escoiraban.
12
E tomaron do holocausto para dar aos fillos do pobo, segundo as reparticións das casas paternas, e para ofrecelo a Iahveh, como está escrito no libro de Moisés; e tamén fixeron así cos bois.
13
E asaron a pascua no lume, segundo o mandamento; e coceron as ofrendas santas en olas, caldeiros e cazolas, e naquel intre repartírono a todo o pobo.
14
Despois prepararon para si mesmos e para os sacerdotes, porque os sacerdotes, os fillos de Aarón, estiveron ocupados ata a noite a sacrificar os holocaustos e as grosuras. Os levitas tiveron que preparar para si e para os sacerdotes, os fillos de Aarón.
15
E os cantores, os fillos de Asaf, estaban nos seus postos, segundo o mandamento de David, Asaf, Hemán e Iedutún, o vidente do rei; e os porteiros estaban en cadansúa porta; non tiñan que deixar o seu servizo, porque os seus irmáns, os levitas, tiñan feito os preparativos para eles.
16
Así quedou preparado todo o servizo de Iahveh naquel día para celebrar a pascua e ofrecer os holocaustos no altar de Iahveh, segundo o mandamento do rei Iosías.
17
E os fillos de Israel que estaban presentes celebraron a pascua nese tempo e a festa dos ácimos durante sete días.
18
Nunca se celebrou unha pascua coma esta en Israel dende os días do profeta Samuel, e ningún dos reis de Israel celebrou unha pascua como a que celebrou Iosías, con todos os sacerdotes e os levitas, e todo Xudá e Israel presentes xunto aos habitantes de Xerusalém.
19
Esta pascua foi celebrada no ano dezaoito do rei Iosías.
20
Despois de todo isto, cando Iosías reparara a casa do Señor, Necao, rei de Exipto, subiu para pelexar en Carquemis, xunto ao Eufrates, e Iosías marchou contra el.
21
Pero Necao envioulle mensaxeiros, dicindo: "que teño eu contigo, rei de Xudá? Non estou contra ti hoxe, senón contra a casa coa a que estou en guerra, e Deus díxome que me apresure. Deixa de resistir a Deus, que está comigo, para que El non te destrúa".
22
Pero Iosías non se volveu, senón que se disfrazou para loitar contra el, e non escoitou as palabras de Necao, que eran da boca de Deus, e chegou para loitar contra el na chaira de Megido.
23
E os arqueiros dispararon contra o rei Iosías, e o rei dixo aos seus servos: "sacádeme de aquí, porque estou gravemente ferido".
24
E os seus servos sacárono do carro, e puxérono noutro carro que tiña, e levárono a Xerusalém, onde morreu, e enterrárono nos sepulcros dos seus pais. E todo Xudá e Xerusalém choraron por Iosías.
25
E Xeremías compuxo unha elexía sobre Iosías; e todos os cantores e cantoras recitan as súas cantigas de lamentación sobre Iosías ata hoxe, de tal xeito que é un costume en Israel, e están escritas no libro de lamentos.
26
Os demais feitos de Iosías e as súas obras piadosas, segundo o que está escrito na lei de Iahveh,
27
e os seus feitos, os primeiros e os últimos, están escritos no Libro dos reis de Israel e de Xudá.