1
Iosías tiña oito anos cando comezou a reinar, e reinou trinta e un anos en Xerusalém.
2
E fixo o que estaba ben aos ollos de Iahveh, e andou nos camiños de David, seu pai, e non se desviou nin á dereita nin á esquerda.
3
E no ano oitavo do seu goberno, aínda sendo un neno, comezou a buscar o Deus de David, seu pai; e no ano doce empezou a limpar Xudá e Xerusalém dos lugares altos, das aseras, dos ídolos tallados e das imaxes fundidas.
4
E derrubaron diante del os altares dos baales, e quebrou os piares do sol que estaban sobre eles, e quebrou as aseras, e os ídolos tallados, e as imaxes de fundición, e despedazounas ata deixalas feitas po, que esparexeu sobre os sepulcros dos que lles ofrecían sacrificios.
5
E queimou os ósos dos sacerdotes sobre os seus altares, e deste xeito, purificou a Xudá e a Xerusalém.
6
Así o fixo nas cidades de Manasés, Efraín, Simeón e Neftalí, e en todos os lugares ao redor.
7
Destruíu os altares, fixo anacos as aseras e os ídolos tallados, ata reducilos ao po, e talou todos os piares do sol por toda a terra de Israel, e regresou a Xerusalém.
8
No ano décimo oitavo do seu reinado, despois de limpar a terra e a casa, mandou a Safán, fillo de Azalía, a Maasías, gobernador da cidade, e a Ioá, fillo de Ioacaz, cronista, para reparar a casa de Iahveh, o seu Deus.
9
E foron onda Hilquías, o sumo sacerdote, e entregáronlle o diñeiro que se recaudara na casa de Iahveh, que os levitas e os porteiros recolleran da man de Manasés e de Efraín e de todo o resto de Israel, de todo Xudá e Benxamín e dos habitantes de Xerusalém.
10
E entregárono en man dos encargados de facer a obra na casa de Iahveh, que, a súa vez, o entregaban aos obreiros que traballaban na casa do Señor, para reparar e restaurar a casa.
11
Dábanllo tamén aos carpinteiros e aos canteiros, para mercar pedras de canteira e madeira para as vigas dos edificios que os reis de Xudá destruíran.
12
E estes homes traballaban fielmente na obra, e para dirixilos nomearan a Iahfat e Abdías, levitas dos fillos de Merari, e Zacarías e Mesullam, dos fillos de Coat, así como outros levitas, todos eles cheos de talento en instrumentos musicais.
13
E eles eran os encargados dos cargadores, e dirixían a todos os que traballaban en calquera tipo de servizo. E algúns dos levitas eran escribas, oficiais e porteiros.
14
E cando traían o diñeiro que fora recaudado na casa de Iahveh, o sacerdote Hilquías atopou o libro da lei de Iahveh dada por medio de Moisés.
15
Hilquías díxolle a Safán, o escriba: "atopei o libro da lei na casa de Iahveh! E Hilquías entregou o libro a Safán.
16
E Safán levou o libro ao rei, e informouno de todo, dicindo: os teus servos fixeron todo tal como ti lles encargaches,
17
contaron o diñeiro que había na casa de Iahveh e entregrárono nas mans dos encargados e dos obreiros..
18
Ademais, Safán, o escriba, informou ao rei, dicindo: "o sacerdote Hilquías deume un libro. E Safán leuno diante do rei.
19
E sucedeu que cando o rei escoitou as palabras da lei, rachou os seus vestidos.
20
E o rei ordenou a Hilquías, a Ahicam, fillo de Safán, a Abdon, fillo de Micaías, a Safán, o escriba, e a Asaías, o servidor do rei, dicindo:
21
ide e consultade a Iahveh por min e polo remanente de Israel e de Xudá sobre as palabras do libro que se atopou, porque é grande a ira de Iahveh que se derramou sobre nós, porque os nosos pais non gardaron a palabra de Iahveh para facer todo o que está escrito neste libro.
22
Entón Hilquías e os que estaban diante do rei foron a Hulda, a profetisa, muller de Salum, fillo de Toqhat, fillo de Hasrá, o gardarroupas, que moraba no segundo distrito de Xerusalém, e falaron con ela do caso.
23
E ela respondeulles: "isto é o que di Iahveh, o Deus de Israel: dicídelle ao home que vos mandou a min:
24
así di Iahveh: velaquí, vou traer mal sobre este lugar e sobre os seus habitantes: todas as maldicións escritas no libro que leron diante do rei de Xudá.
25
Porque me deixaron e queimaron incenso a outros deuses, para provocar a miña ira con todas as obras das súas mans. Por iso a miña ira será derramada sobre este lugar, e non será apagada.
26
Pero ao rei de Xudá, que vos mandou consultar a Iahveh, dicídelle: así di Iahveh o Deus de Israel sobre as palabras que escoitaches:
27
Xa que se conmoveu o teu corazón e te humillaches diante de Deus cando escoitaches as súas palabras contra este lugar e contra os seus habitantes, e te humillaches diante de min, e rasgaches os teus vestidos e choraches diante de min, tamén eu te escoitei, di Iahveh.
28
Velaquí, eu reunireite cos teus pais, e serás recollido no teu sepulcro en paz, e os teus ollos non verán todo o mal que vou traer sobre este lugar e sobre os seus habitantes. E eles levaron ao rei esta palabra.
29
Entón o rei ordenou que se reuniran todos os anciáns de Xudá e de Xerusalém.
30
E subiu o rei á casa de Iahveh, e con el todos os homes de Xudá e os habitantes de Xerusalém, e os sacerdotes, e os levitas; con todo o pobo, dende o maior ata o máis pequeno; e leu aos seus ouvidos todas as palabras do libro do pacto que se atopara na casa de Iahveh.
31
E o rei estaba de pé no seu lugar, e fixo un pacto diante de Iahveh para seguir a Iahveh e para gardar os seus mandamentos e os seus testemuños e os seus estatutos con todo o seu corazón e con toda a súa alma, para poner por obra as palabras do pacto que estaban escritas no libro.
32
E fixo que todos os que se atopaban en Xerusalém e en Benxamín, e os habitantes de Xerusalém obraran segundo o pacto de Deus, o Deus dos seus pais.
33
E Iosías quitou todas as abominacións de todas as terras que pertencían aos fillos de Israel, e fixo que todos os que se atopaban en Israel serviran a Iahveh, o seu Deus. E en todos os seus días non se apartaron de seguir a Iahveh, o Deus dos seus pais.