1
Os habitantes de Xerusalém fixeron que no seu lugar reinara Ocozías, o seu fillo menor, porque unhas bandas que viñeran dos árabes, asasinaron a todos os seus descendentes. Así reinou Ocozías fillo de Ioram,
2
Ocozías tiña vinte e dous anos cando comezou a reinar, e reinou un ano en Xerusalém. A súa nai chamábase Atalía, filla de Omri.
3
El tamén andou nos camiños da casa de Ahab, porque a súa nai era a súa conselleira para facer o mal.
4
E fixo o mal aos ollos de Iahveh , como a casa de Ahab, porque despois da morte do seu pai, aconsellábano para a súa ruína.
5
Seguindo o seu consello, foi xunto a Ioram, fillo de Ahab, rei de Israel, á guerra contra Hazael, rei de Siria, en Ramot de Galaad, onde os sirios feriron a Ioram.
6
Este volveu para curarse en Jezreel das feridas que lle deron en Ramot, cando loitaba contra Hazael, rei de Siria. E Acazías, fillo de Ioram, rei de Xudá, baixou para ver a Ioram, fillo de Ahab, en Jezreel, porque estaba enfermo.
7
Mais a derrota de Ocozías era parte do plan de Deus, por ter ido a ver a Ioram. Ao chegar alí, saíu con Ioram contra Iehú, fillo de Nimsi, a quen Iahveh unxira para acabar coa casa de Ahab.
8
E Iehú fixo xustiza contra a casa de Ahab, e atopou aos príncipes de Xudá e aos fillos dos irmáns de Ocozías, que servían a Ocozías, e matounos.
9
Tamén buscou a Ocozías ata prendelo cando o atoparon escondido en Samaria, e trouxérono diande de Iehú e matárono e enterrárono, porque dixeron: é o fillo de Ioxafat, que buscou a Iahveh con todo o seu corazón. E non quedou ninguén da casa de Ocozías para manter o reino.
10
Cando Atalía, a nai de Ocozías, viu que o seu fillo morrera, ergueuse para exterminar a toda a descendencia real da casa de Xudá.
11
Pero Ioxeba, filla do rei, tomou a Ioax, fillo de Ocozías, e levouno as escondidas de entre os fillos do rei que estaban a ser asasinados, e agachouno xunto a súa ama de cría nun dos apousentos. Deste xeito Ioxeba, filla do rei Ioram, esposa do sacerdote Iehoiadá, irmá de Ocozías, escoudeuno de Atalía e ela non puido matalo.
12
E estivo con eles escondido na casa de Deus durante seis anos, mentres Atalía reinaba sobre o país.