1
No sétimo ano, Iehoiadá fíxose forte e concertou un pacto cos capitáns Azarías, fillo de Ieroham, Ismael, fillo de Iohanan, Azarías, fillo de Obed, Maasías, fillo de Adaías, e Elisafát, fillo de Zicri,
2
Eles percorreron Xudá para convocar os levitas de todas as cidades de Xudá e os príncipes das familias de Israel e chegaron a Xerusalém.
3
Entón toda a congregación fixo un pacto co rei na casa de Deus. E Iehoiadá díxolles: velaquí o fillo do rei, que reinará, tal como falou Iahveh, sobre os fillos de David.
4
Isto é o que faredes: unha terceira parte de vós, os sacerdotes e os levitas que entran de servizo o sábado, fareces a garda nas portas.
5
Outra terceira parte estará na casa do rei; e a outra terceira parte na porta do Fundamento; e todo o pobo estará nos atrios da casa de Iahveh.
6
Pero ninguén entrará na casa do Señor, só os sacerdotes e os levitas que prestan servizo; eles entrarán, porque están consagrados; e todo o pobo deberá gardar o mandato de Iahveh.
7
Os levitas rodearán o rei, cada un coas súas armas na man; e quen entre na casa, será morto; e estaredes co rei, cando entre e cando saia.
8
E os levitas e todo Xudá fixeron todo o que ordenara o sacerdote Iehoiadá. E tomou cada un os seus homes, tanto os que entraban ao servizo o sábado como os que saían do sábado, porque o sacerdote Iehoiadá non disolveu ningunha das seccións.
9
E Iehoiadá, o sacerdote, entregoulles aos capitáns as lanzas, escudos e adargas do rei David, que estaban na casa de Deus.
10
E ordenou a todo o pobo, cada un coa espada na man, desde o canto dereito do templo ata o esquerdo, diante do altar da casa e ao redor do rei.
11
Entón sacaron o fillo do rei e puxéronlle a coroa e o Testemuño e proclamárono rei. E Iehoiadá e os seus fillos unxírono dicindo: "viva o rei!"
12
Cando Atalía escoitou o ruído do pobo correndo e aclamando o rei, achegouse ao pobo na casa de Iahveh.
13
E mirou e viu o rei en pé no estrado da entrada, e os capiáns e os trompetistas ao lado do rei, e todo o pobo da terra en festa e tocando as trompetas, e os cantores cos instrumentos musicais dirixindo as aclamacións. Entón Atalía rasgou as súas vestiduras e exclamou: "traizón! traizón!"
14
Pero Iehoiadá, o sacerdote, fixo saír aos capitáns que mandaban na tropa, e díxolles: "deixádea pasar entre as filas e matade coa espada a calquera que a siga! porque o sacerdote dixéralles: "non a matedes na casa de Iahveh".
15
E abríronlle paso, e cando ela chegou á entrada da porta dos cabalos na casa do rei, matáronla alí.
16
E Iehoiadá fixo un pacto con todo o pobo e co rei, de que serían o pobo de Iahveh.
17
Despois todo o pobo foi ao templo de Baal, e derrubárono, e racharon as súas imaxes en anacos e destruíron os seus altares, e deron morte a Matán, o sacerdote de Baal, diante dos altares.
18
E Iehoiadá encargou os ministerios da casa de Iahveh aos sacerdotes e levitas que David tiña distribuído na casa de Iahveh para ofrecer os holocaustos a Iahveh, conforme o escrito na lei de Moisés, con ledicia e cánticos, tal e como David dispuxera.
19
Tamén estableceu os porteiros nas portas da casa de Iahveh, para que non entrase nada impuro de ningún xeito.
20
E tomou os capitáns, e os nobles, aos maxistrados e a todo o pobo da terra, e fixo baixar ao rei dende a casa de Iahveh, e pasaron pola porta superior da casa real, e fixeron que o rei sentara sobre o trono do reino.
21
E todo o pobo do país fixo festa, e a cidade quedou tranquila despois de que Atalía foi morta a espada.