1
E Ioxafat durmiu cos seus pais, e enterrárono cos seus pais na cidade de David. E Ioram, seu fillo, reinou no seu lugar.
2
Os seus irmáns eran os fillos de Ioxafat: Azarías, Iequiel, Zacarías, Azarías, Micael e Sefatías. Todos eles eran fillos de Ioxafat, rei de Israel;
3
a eles, o seu pai deulles moitos presentes de ouro, prata e cousas preciosas, así como cidades fortificadas en Xudá; pero o reino deixouno a Ioram, porque era o seu fillo primoxénito.
4
Ioram foi elevado ao reino de seu pai, pero cando se fixo forte, matou a todos os seus irmáns coa espada, e tamén a algúns dos príncipes de Israel.
5
Ioram tiña trinta e dous anos cando comezou a reinar, e reinou oito anos en Xerusalém.
6
E andou no camiño dos reis de Israel, como fixo a casa de Ahab, pois a súa muller era a filla de Ahab, e fixo o malo diante dos ollos de Iahveh.
7
Pero Iahveh non quixo destruír a casa de David, por mor do pacto que fixo con el, de conformidade coa súa promesa de que lle daría unha lámpada a el e aos seus fillos para sempre.
8
Nos seis días, Edom rebelouse contra Xudá e fixeron que un rei reinara sobre eles.
9
Pero Ioram avanzou cos seus capitáns e con todos os seus carros, e levantouse de noite atacou a Edom, que o tiña rodeado xunto cos capitáns dos carros.
10
Ainda así, Edom continuou a rebelarse contra o dominio de Xudá ata o día de hoxe. Nese mesmo tempo Libna tamén se rebelou contra o seu poder, por canto tiña abandonado a Iahveh o Deus dos seus pais.
11
Construíu ademáis, lugares altos nos montes de Xudá, e fixo que os habitantes de Xerusalém se prostituísen detrás deles, e obligou a Xudá a facer o mesmo.
12
Entón chegoulle unha carta do profeta Elías, dicindo: "isto é o que di Iahveh, o Deus de David, o teu pai: por non andares nos camiños de Ioxafat, o teu pai, nin nos camiños de Asa, rei de Xudá,
13
senón que segues no camiño dos reis de Israel facendo que Xudá e os habitantes de Xerusalém se prostitúan, como o fan os da casa de Ahab, e por ter asasinado os teus irmáns, a familia do teu pai, que eran mellores ca ti;
14
velaquí, Iahveh fará que o teu pobo, os teus fillos, as túas mulleres e todo o que tes, padezan unha gran plaga.
15
E ti mesmo sufrirás moitas enfermidades, unha doenza nos teus intestinos, ata que as túas entrañas saian de ti por mor da enfermidade que se irá agravando cada día.
16
E Iahveh incitou contra Ioram a ira dos filisteos e dos árabes que estaban cos etíopes.
17
E subiron contra Xudá, e invadiron a terra, e levaron todo o que atoparon na casa do rei, e tamén os seus fillos e ás súas mulleres; e non lle quedou máis fillo que Ioacaz, o máis novo de todos.
18
Despois de todo isto, Iahveh feriuno cunha enfermidade incurable nos intestinos.
19
E co paso dos días, ao final de dous anos, saíronlle os seus intestinos por mor dunha enfermidade moi dura, e morreu sufrindo grandes dores. E o seu pobo non acendeu ningún lume para el, como fixeran polos seus pais.
20
Tiña trinta e dous anos cando comezou a reinar, e reinou oito anos en Xerusalém, Morreu sen que ninguén o lamentara, e enterrárono na cidade de David, pero non nos sepulcros dos reis.