Capítulo 3

1 Palabra fiel é esta: se alguén ansía ocupar cargo de coidar os demáis, desexa a mellor obra. 2 Pero cómpre que o supervisor sexa irreprensible, marido dunha soa muller, sobrio, asisado, decoroso, acolledor, didáctico, 3 non dado ao viño, non pelexador, senón amable, pacífico, sen avaricia, 4 que goberne ben os da súa propia familia, tendo os seus fillos en obediencia con todo respecto 5 ( pois se algún non ten coidado dos seus, como ha coidar a igrexa de Deus? ); 6 non un novo convertido, non sexa que ensoberbeza e caia no xuízo do demo. 7 Cómprelle ter un bo testemuño dos de fóra para que non caia en inxurias ou na rede do demo. 8 Así mesmo, os servidores, deben ser de palabra, sen dobrez, non dados a moito viño, nin apegados ás ganancias deshonestas, 9 que garden o misterio da fe cunha conciencia limpa. 10 Probádeos primeiro, e se son irreprensibles, que se poñan a servir. 11 Así mesmo as mulleres, sexan honestas, non calumniadoras, sobrias, fieis en todo. 12 Os servidores sexan maridos dunha soa muller, gobernando tamén os seus propios fillos. 13 Pois os que serviron excelentemente como servidores gañan para si unha excelente posición e moita confianza na fe que é en Cristo Xesús. 14 Escríboche estas cousas, agardando chegar pronto onda ti, 15 para que, se me retardo, teñas sabido como debe conducirse un na casa de Deus, que é a igrexa do Deus vivo, columna e alicerce da verdade. 16 E indiscutiblemente, grande é o misterio da piedade: "El manifestouse como home, xustificado no Espírito, visto polos anxos, proclamado entre os xentís, crido no mundo, recibido arriba na gloria".