1
Entón Salomón reuniu diante del en Xerusalém os anciáns de Israel, a tódolos príncipes das tribos e aos principais das familias dos fillos de Israel, para traer a arca do pacto de Iahveh dende a cidade de David, é dicir, Sión.
2
E todos os homes de Israel reuníronse diante do rei Salomón no mes de Etanim, é dicir, o sétimo mes, no día da festa.
3
Cando chegaron todos os anciáns de Israel, os sacerdotes colleron a arca.
4
E levaron a arca de Iahveh, e o tabernáculo de reunión e todos os utensilios santos que había no tabernáculo; os sacerdotes e os levitas os subiron.
5
E o rei Salomón e toda a congregación de Israel que estaba con el reunida diante da arca, estaban sacrificando ovellas e bois que non se podían contar nin calcular por a gran cantidade deles.
6
Entón os sacerdotes puxeron a arca do pacto de Iahveh no seu lugar, no santuario da casa, no lugar santísimo, debaixo das ás dos querubíns.
7
Porque os querubíns estenden as súas ás sobre o lugar da arca, e así os querubíns cubren a Arca e as súas varas por riba.
8
Aínda que as varas eran tan largas, que os seus extremos deixábanse ver dende o lugar sando, que está diante do Lugar Santísimo, pero non se podían ver dende fóra. E así quedaron ata hoxe.
9
Na arca non había nada, agás as dúas táboas de pedra que Moisés puxera alí en Horeb, onde Iahveh fixo pacto cos fillos de Israel cando saíron da terra de Exipto.
10
E aconteceu que cando os sacerdotes saíron do santuario, a nube encheu a casa de Iahveh
11
e os sacerdotes non puideron continuar servindo por mor da nube, porque a gloria de Iahveh enchera a casa de Iahveh.
12
Entón Salomón dixo: -Iahveh dixo que habitaría na densa oscuridade.
13
Eu edifiquei unha casa de morada para Ti, un lugar para que habites para sempre.
14
Despois o rei volveu o seu rostro e bendiciu a toda a congregación de Israel, mentres toda a congregación de Israel estaba en pé.
15
E dixo: -Bendito sexa Iahveh, Deus de Israel, que cumpriu coa súa man todo o que falou ao meu pai David, dicindo:
16
"Dende o día que saquei o meu pobo Israel de Exipto, non escollín ningunha cidade de tódalas tribos de Israel para edificar unha casa para que o meu nome estea alí, pero escollín a David para que estivera sobre o meu pobo Israel.
17
E o meu pai David tiña no seu corazón o desexo de edificar unha casa ao nome de Iahveh, Deus de Israel.
18
Pero Iahveh dixo ao meu pai David: porque tes no teu corazón o desexo de edificar unha casa ao meu nome, fixeches ben en telo no teu corazón.
19
Con todo, ti non edificarás a casa, senón o teu fillo que sairá dos teus lombos, el edificará unha Casa ao meu nome.
20
E Iahveh cumpriu a súa palabra que dixo, porque eu levanteime no lugar do meu pai David, e sentei no trono de Israel, como dixera Iahveh, e construín a casa ao nome de Iahveh, Deus de Israel.
21
E puxen alí un lugar para a arca, que ten o pacto de Iahveh que fixo cos nosos pais cando os sacou da terra de Exipto.
22
Entón Salomón parouse diante do altar de Iahveh a vista de toda a congregación de Israel, e estendendo as súas mans cara o ceo,
23
dixo: -Ai Iahveh, Deus de Israel, non hai Deus coma ti, nin enriba nos ceos nin embaixo na terra, que gardas o pacto e a misericordia para cos teus servos que andan diante de ti con todo o seu corazón;
24
que gardaches ao teu servo David, o meu pai, o que lle prometiches; dixéchelo coa túa boca, e cumpríchelo coa túa man, como se ve neste día.
25
Agora, Iahveh Deus de Israel, cumpre co teu servo David, o meu pai, o que lle prometiches, dicindo: "Non faltará un home diante de min para sentar no trono de Israel, se os teus fillos gardan o meu camiño e andan diante de min, como ti andaches diante de min."
26
Agora, Ó Iahveh, Deus de Israel, rógoche que se cumpra a palabra que dixeches ao teu servo David, o meu pai.
27
Aínda que, en verdade habitará Deus sobre a terra? Velaí que os ceos, e os ceos dos ceos, non te poden conter, canto menos esta casa que eu edifiquei!
28
Mais ti, Ó Iahveh o meu Deus, atende á oración do teu servo e á súa suplica, escoitando o clamor e a oración que o teu servo fai hoxe diante de ti;
29
para que os teus ollos estean abertos sobre esta casa noite e día, sobre o lugar do que dixeches: alí estará o meu nome; para que escoites a oración que o teu servo dirixa cara este lugar.
30
Escoita, pois, a oración do teu servo e do teu pobo Israel, cando oren cara este lugar; ti escoita no ceo, dende a túa morada; e cando escoites, perdoa.
31
Se alguén peca contra o seu próximo, e se lle pida xuramento, e entre nesta casa para xurar diante do teu altar,
32
enton escoita Ti dende o ceo, e obra e xulga os teus servos, condenando o impío para traer a súa conduta sobre a súa propia cabeza, e xustificando o xusto para darlle segundo a súa xustiza.
33
E se o teu pobo Israel é derrotado diante do seu inimigo porque pecou contra ti, e volve a ti, e confesa o teu nome, e ora, e suplican nesta Casa,
34
escoita Ti dende os ceos, e perdona o pecado do teu pobo Israel, e fainos volver á terra que deches aos seus pais.
35
Cando o ceo se peche e non chova, porque eles pecaron contra ti, e oren cara este lugar e confesen o teu nome, e se volvan do seu pecado cando os aflixas,
36
Ti escoita dende os ceos, e perdoa o pecado dos teus servos e do teu pobo Israel, ensinándolles o bo camiño por onde han andar; e dá a choiva sobre a túa terra, a que deches ao teu pobo en herdanza.
37
Se hai fame na terra, se hai peste, pragas, fungos, lagostas ou saltóns; ou se o seu inimigo os sitia na terra onde vivan; se hai calquera calamidade ou enfermidade,
38
toda oración e toda súplica que faga calquera persoa de todo o teu pobo Israel, recoñecendo cada un a aflicción no seu corazón, e estendan as súas mans cara esta casa,
39
escoita Ti dende os ceos, a túa morada, e perdoa, e actúa dando a cada un segundo os seus camiños, pois ti coñeces o seu corazón; pois só Ti coñeces o corazón de tódolos fillos dos homes;
40
para que te teman todos os días que vivan sobre a terra que Ti deches aos nosos pais.
41
Tamén cando o estranxeiro, aínda que non sexa do teu pobo Israel, veña dunha terra lonxe por mor do teu nome,
42
(porque escoitarán do teu gran Nome e da túa man forte e do teu brazo estendido), e veña e ore cara esta Casa,
43
escoita Ti dende os ceos, lugar da túa morada, e fai conforme todo o que o estranxeiro che pida, para que todos os pobos da terra coñezan o teu nome, e te teman como o teu pobo Israel, e saiban que o teu Nome é invocado sobre esta Casa que eu edifiquei.
44
Cando o teu pobo saia á guerra contra os seus inimigos por onde ti os mandes, e oren a Iahveh mirando cara a cidade que ti escolliches e cara a Casa que eu edifiquei ao teu nome,
45
Ti escoitarás dende os ceos a súa oración e a súa súplica, e farás xustiza na súa causa.
46
Se pecan contra ti (pois non hai persoa que non peque), e ti estás anoxado con eles e os entregas ao inimigo para que os leve cativos a terra do inimigo, sexa lonxe ou preto,
47
e eles volvan en si na terra onde foron levados prisioneiros, e se convertan, e oren a ti na terra dos que os levaron prisioneiros, dicindo: pecamos, fixemos maldade, cometemos iniquidade,
48
e se volvan a Ti con todo o seu corazón e con toda a súa alma na terra dos seus inimigos aos que os levaron prisioneiros, e oren a ti cara a súa terra que deches aos seus pais, e cara a cidade que ti escolliches e a Casa que eu edifiquei ao teu nome,
49
escoita Ti dende os ceos, o lugar da túa morada, a súa oración e a súa súplica, e fai xustiza en favor deles.
50
E perdoa ao teu pobo os pecados que fixo contra ti, e tódalas súas transgresións coas que se rebelaron contra Ti, facendo que teñan misericordia deles aqueles que os levaron cativos,
51
porque son o teu pobo e a túa herdanza, a quen sacaches de Exipto, do medio do forno de ferro.
52
Que os teus ollos sexan abertos á oración do teu servo e á súplica do teu pobo Israel, para escoitalos en todo aquilo no que te invoquen;
53
porque ti separáchelos de entre todos os pobos da terra para Ti como herdanza, como dixeches por medio de Moisés, o teu servo, cando sacaches os nosos pais de Exipto, O Señor Deus!
54
Cando Salomón rematou de facer toda esta oración e petición a Iahveh, ergueuse despois de estar de xeonllos diante do altar de Iahveh coas súas mans estendidas cara o ceo,
55
e púxose en pé e bendiciu a toda a congregación de Israel, dicindo en voz alta:
56
-Bendito sexa Iahveh que deu paz ao seu pobo Israel, conforme todo o que prometera; non faltou nin unha palabra de todas as súas promesas que fixo por medio do seu servo Moisés.
57
Que Iahveh o noso Deus estea con nós como estivo cos nosos pais; que non nos desamparou nin nos abandonou.
58
E incline o noso corazón cara a El para que andemos en todos os seus camiños e gardemos os seus mandamentos, os seus estatutos e os seus decretos, que El mandou aos nosos pais.
59
E que estas palabras miñas, coas que orei diante de Iahveh, estean preto de Iahveh o noso Deus día e noite, para que defenda a causa do seu servo e do seu pobo Israel, segundo a necesidade de cada día.
60
Para que todos os pobos da terra saiban que Iahveh é Deus, e non hai outro.
61
Sexa pois, o voso corazón íntegro para con Iahveh o noso Deus, camiñando nos seus estatutos e gardando os seus mandamentos, como neste día.
62
Entón o rei e todo Israel con el, ofreceron sacrificios diante de Iahveh.
63
E Salomón ofreceu ofrendas de paz, que sacrificou para Iahveh: vinte e dous mil bois e cento vinte mil ovellas. Así o rei e todos os fillos de Israel consagraron a casa de Iahveh.
64
Ese mesmo día o rei santificou o medio do atrio que estaba diante da casa de Iahveh, porque alí ofreceu os holocaustos, as ofrendas de gran e a espesura dos sacrificios de paz, porque o altar de bronce que estaba diante de Iahveh era pequeno para que puidesen caber nel os holocaustos, as ofrendas de gran e a espesura dos sacrificios de paz.
65
E Salomón fixo festa naquel tempo, e todo Israel con el, unha gran congregación dende a entrada de Hamat ata o río de Exipto, diante de Iahveh o noso Deus por sete días e aínda por outros sete días, é dicir, por catorce días.
66
Ao oitavo día despediu ao pobo, e eles bendiciron o rei e foron ás súas moradas ledos e gozosos de corazón por todo o ben que Iahveh fixera ao seu servo David e ao seu pobo Israel.