1
E Salomón edificou a súa propia casa en trinta anos, e rematou toda ela.
2
E edificou a casa do Bosque do Líbano, que tiña cen cóbados de lonxitude, cincuenta cóbados de anchura e trinta cóbados de altura, sobre catro ringleiras de columnas de cedro, con trabes de cedro sobre as columnas.
3
E estaba cuberto con tablóns de cedro sobre as trabes, que se apoiaban en corenta e cinco columnas; cada ringleira tiña quince columnas.
4
Había tres ringleiras de fiestras, unha fiestra en fronte da outra en tres ringleiras.
5
Todas as portas e os postes eran cadrados, e as fiestras estaban en fronte das outras en tres ringleiras.
6
Fixo tamén un pórtico de columnas, que tiña cincuenta cóbados de lonxitude e trinta cóbados de anchura; este pórtico estaba en fronte das primeiras, coas súas columnas e os seus madeiros correspondentes.
7
Fixo tamén o pórtico do trono para xulgar, o pórtico do xuízo, e cubriuno de cedro dende o chan ata o teito.
8
E a casa na que vivía, noutro atrio detrás do pórtico, era de obra semellante a esta. E edificou Salomón para a filla de Faraón, con quen casara, unha casa de xeito semellante á do pórtico.
9
Todas aquelas obras eran de pedras preciosas, labradas e axustadas con serras segundo as medidas, por dentro e por fóra, dende os alicerces ata os rebordes, e do mesmo xeito por fóra ata o gran atrio.
10
O fundamento era de pedras preciosas, pedras grandes, pedras de dez cóbados e pedras de oito cóbados.
11
Dende alí arriba había tamén pedras preciosas, labradas segundo as súas medidas, e de madeira de cedro.
12
E o gran patio tiña arredor tres ringleiras de pedras labradas e unha ringleira de vigas de cedro; o mesmo sucedía co patio interior da casa de Iahveh e o patio da casa.
13
E o rei Salomón mandou vir de Tiro a Hiram,
14
o fillo dunha viúva da tribo de Neftalí. O seu pai, que traballaba o bronce, era de Tiro. E Hiram estaba cheo de sabedoría, entendemento e coñecemento en todo o traballo de bronce. Veu onda o rei Salomón e fixo toda a súa obra.
15
Fundiu dúas columnas de bronce, de dezaoito cóbados de altura cada unha, e un fío de doce cóbados medía a circunferencia de unha e a outra.
16
Fixo tamén dous capiteis de bronce fundido para poñelos sobre as cabeceiras das columnas; de cinco cóbados de alto cada un deles.
17
Tiñan trenzas en forma de rede e cordóns en forma de cadeas para os capiteis que habían de poñer sobre as cabeceiras das columnas; sete para cada capitel.
18
Fixo tamén dúas ringleiras de granadas arredor da rede para cubrir cos granados os capiteis que estaban nas cabezas das columnas; e fixo o mesmo no outro capitel.
19
Os capiteis que estaban sobre as columnas no pórtico tiñan forma de lirios e medían catro cóbados.
20
Tamén tiñan os capiteis das dúas columnas, duascentas granadas en dúas ringleiras arredor en cada capitel sobre a súa moldura que estaba rodeado pola rede.
21
E ergueu as columnas no pórtico do templo; e cando alzou a columna do lado dereito, chamouna Iaquim; e alzando a columna do lado esquerdo, chamouna Boaz.
22
E puxo sobre as cabezas das columnas un motivo en forma de lirios, e así foi rematado o traballo das columnas.
23
Fixo tamén un mar de fundición de dez cóbados dun lado a outro, un depósito redondo de dez cóbados de diámetro, cinco cóbados de alto, e trinta cóbados de circunferencia
24
Por debaixo e arredor do seu borde colocou bólas semellantes a cabazas, dez en cada cóbado, que cinguían o mar en dúas ringleiras, que foran fundidas nunha soa peza co mar.
25
Estaba asentado sobre doce bois, tres mirando cara o norte, outros tres cara o occidente, outros tres cara o sur e outros tres cara o oriente; o mar descansaba sobre eles e os cadrís dos bois estaban virados cara dentro.
26
O espesor do mar era dun palmo menor, e o seu borde era labrado coma o borde dunha copa ou de flor de lis; e a súa capacidade era de dous mil batos.
27
Fixo tamén dez basas de bronce; a lonxitude de cada basa era de catro cóbados, a anchura de catro cóbados e a altura de tres cóbados.
28
E esta era a obra das basas: tiñan entrepanos que estaban encadrados entre as molduras;
29
E sobre os entrepanos que estaban entre as molduras había figuras de leóns, bois e querubíns; e sobre os entrepanos da basa, por riba e por debaixo dos leóns e dos bois, había molduras en baixo relieve.
30
Cada basa tiña catro rodas de bronce con eixes de bronce, e nos seus catro extremos había repisas da fonte que sobresaían dos festóns para vir a estar debaixo da fonte.
31
A boca da fonte entraba un cóbado no extremo que saía por riba da base; e a boca era redonda, do mesmo xeito que o extremo, dun cóbado e medio. Sobre a boca había gravados en entrepanos cadrados, non redondos.
32
As catro rodas estaban debaixo dos entrepanos, e os eixes das rodas nacían nunha mesma base; a altura de cada unha das rodas era de un cóbado e medio.
33
A forma das rodas era como a das rodas dun carro; os seus eixos, os seus radios, os seus cubos e os seus anchos, todo era de metal fundido.
34
Tamén fixo catro resaltes nos catro extremos de cada basa; os resaltes eran parte da mesma basa.
35
E sobre a basa había unha peza redonda de medio cóbado de altura, e sobre a basa había as súas molduras e taboleiros que saían dela.
36
E fixo nas táboas das molduras e nos taboleiros, encavamentos de querubíns, de leóns e de palmeiras, en proporción ao espacio de cada unha, e outros adornos arredor.
37
Fixo así dez basas, fundidas dun mesmo xeito, dunha mesma medida e dunha mesma forma.
38
Fixo tamén dez fontes de bronce, cada fonte tiña a capacidade de corenta batos, cada unha de catro cóbados de ancho, e puxo unha fonte sobre cada unha das dez basas.
39
E puxo cinco basas ao lado dereito da casa e as outras cinco ao lado esquerdo; e puxo o mar no lado dereito da casa, cara o oriente, cara o sur.
40
Hiram fixo tamén fontes, tenaces e baldes. Así rematou todo o traballo que fixera para Salomón na casa de Iahveh:
41
as dúas columnas e os capiteis redondos que estaban enriba das dúas columnas; e dúas redes que cubrían os dous capiteis redondos que estaban sobre as cabezas das columnas;
42
catrocentas granadas para as dúas redes, dúas ringleiras de granadas en cada rede para cubrir os dous capiteis redondos que estaban sobre as cabezas das columnas;
43
as dez basas e as dez fontes sobre as basas;
44
o mar con doce bois debaixo do mar;
45
e as caldeiras, as pás, os hisopos e todos os utensilios que Hiram fixera ao rei Salomón para a casa de Iahveh, de bronce fundido.
46
O rei fixo fundir todo no val do Xordán, en terra arxilosa, entre Sucot e Saretán.
47
E Salomón non pesou o bronce de tódolos utensilios, por mor da gran cantidade deles.
48
Entón Salomón fixo todos os utensilios que había na casa de Iahveh: un altar de ouro e unha mesa de ouro sobre a que estaba o pan da proposición;
49
cinco candeeiros de ouro puro á man dereita e outros cinco á esquerda, fronte o lugar santísimo; as flores, as lámpadas e as tenazas de ouro.
50
tamén os pratos, culleres, coitelos, cuncas e incensarios de ouro puro; e os gonzos de ouro para as portas da casa interior, do lugar santísimo e para as portas do templo.
51
E foi rematada toda a obra que o rei Salomón dispuxo facer para a casa de Iahveh. Entón Salomón trouxo as cousas que o seu pai David santificara: prata, ouro e utensilios; e puxo todo nos tesouros da casa de Iahveh.