1
Entón Ben-hadad, rei de Siria, reuniu todo o seu exército, e con el trinta e dous reis, con cabalos e carros; e subiu e sitiou Samaria e atacouna.
2
E mandou mensaxeiros á cidade, a Acab, rei de Israel, dicindo:
3
"Así di Ben-hadad: a túa prata e o teu ouro son meus, e as túas mulleres e os mellores dos teus fillos son meus.
4
E o rei de Israel respondeu e dixo: -Segundo a túa palabra, meu señor rei, eu son teu e todo o que teño.
5
E os mensaxeiros volveron de novo, e dixeron: -Así di Ben-hadad: mandei a ti, dicindo: a túa prata e o teu ouro, e as túas mulleres e os teus fillos tesmos que dar,
6
porque de non ser así, mañá por esta hora mandarei os meus servos a ti, e rexistrarán a túa casa e as casas dos teus servos para tomar e levar con eles todo o que sexa agradable aos seus ollos.
7
Entón o rei de Israel chamou a tódolos anciáns do país e díxolles: -Recapacitade e vede que este non procura máis que o noso mal; pois mandou a polas miñas mulleres e os meus fillos, pola miña prata e meu ouro, e non lle neguei nada.
8
E todos os anciáns e todo o pobo dixéronlle: -Non o escoites, nin fagas o que el che di.
9
Entón el dixo aos mensaxeiros de Ben-hadad: -Dicide ao meu señor o rei: farei todo o que mandaches ao teu servo na primeira ocasión; pero isto non podo facelo. E os mensaxeiros foron e déronlle a resposta.
10
E Ben-hadad mandoulle recado, dicindo: -Así me fagan os deuses e aínda máis se o po de Samaria non chega para encher unha man de todo o pobo que está a seguirme!
11
Pero o rei de Israel respondeu e dixo: -Dicídelle que non se louve tanto o que cingue as súas armas como o que as descingue.
12
E aconteceu que cando el escoitou esta palabra, estando a beber cos reis nas tendas, díxolles aos seus servos: -Preparádevos. E eles tomaron posicións contra a cidade.
13
E velaí que un profeta achegóuselle a Acab, rei de Israel, e díxolle: -Así di Iahveh: ves esta gran multitude? Eu entregareina hoxe na túa man, para que saibas que Eu son Iahveh
14
E Acab dixo: -Por man de quen? E el dixo: -Así di Iahveh: polos axudantes dos capitáns das provincias. E Acab dixo: -Quen comezará a batalla? E el dixo: -Ti.
15
Entón el pasou revista aos axudantes dos capitán das provincias, e eran douscentos trinta e dous. Despois pasou revista a todo o pobo, a todos os fillos de Israel, que eran sete mil.
16
Saíron ao mediodía, mentres Ben-hadad estaba a bebendo ata embebedarse nas tendas cos reis, os trinta e dous reis que viñeran para axudalo.
17
E os axudantes dos capitáns das provincias saíron os primeiros. E Ben-hadad mandara a algúns para que lle informaran, e dixéroblle: uns homres saíron de Samaria.
18
E el dixo: -Se saíron para tratar a paz, prendédeos vivos; e se saíron para pelexar, prendédeos vivos tamén.
19
Entón saíron da cidade os axudantes dos capitáns das provincias, e o exército detrás deles.
20
E cada un deles matou ao seu home, e os sirios fuxiron, e Israel os perseguiron. Pero Ben-hadad, rei de Siria, fuxiu a cabalo con algúns homes de a cabalo.
21
E o rei de Israel saíu e atacou os cabalos e os carros, e derrotou aos sirios causándolles unha gran derrota.
22
Entón o profeta achegóuselle ao rei de Israel e díxolle: -Vaite, ten ánimo, pensa e mira o que fas; porque no ano que vén o rei de Siria subirá contra ti, na primavera, o máis seguro.
23
E os servos do rei de Siria dixéronlle: -Os seus deuses son deuses de montes, por iso foron máis fortes ca nós; pero se loitamos con eles nas veigas, certamente non os venceremos.
24
Fai agora isto: saca a cada un dos reis do seu posto, e coloca capitáns nos seus lugares.
25
E organiza para ti outro exército coma o exército que perdiches, cabalo por cabalo, e carro por carro; entón pelexaremos con eles en terra firme, e sen dúbida seremos máis fortes ca eles. E el escoitounos e fixo así.
26
Ao cabo do ano, Ben-hadad pasou revista ao exército dos sirios e foi a Afec para loitar contra Israel.
27
E os fillos de Israel foron tamén convocados, e tomando provisións, saíronlles ao encontro, pero cando acamparon fronte a eles, os fillos de Israel eran coma dous pequenos rabaños de cabras, mentres os sirios enchían a terra.
28
Entón o home de Deus achegóuselle ao rei de Israel e díxolle: -Así di Iahveh: xa que os sirios dixeron: Iahveh é Deus dos montes e non Deus da terra cha, Eu entregarei toda esta gran multitude na túa man, para que saibades que Eu son Iahveh.
29
Por sete días acamparon uns fronte os outros, e no sétimo día comezou a batalla; e os fillos de Israel mataron dos sirios, nun só día, a cen mil homes de a pé.
30
E os demais fuxiron a Afec, pero o muro da cidade caeu sobre os vinte e sete mil homes que quedaran. E Ben-hadad fuxiu á cidade e trataba de esconderse en cada casa.
31
Entón os seus servos dixéronlle: -Velaquí, oímos que os reis da casa de Israel son reis clementes. Permítenos poñer cilicios nos nosos lombos e cordas nos pescozos, e saiamos ao rei de Israel, para ver se che concede a vida.
32
Entón cinguiron os seus lombos con cilicios e meteron cordas nos seus pescozos, e foron ao rei de Israel e dixéronlle: -O teu servo Ben-Hadad di: rógoche que me deixes vivir! E el dixo: - Vive aínda? É o meu irmán!
33
E aqueles homes colleron isto como algo bo e apuráronse a recibir a palabra da súa boca dicindo: -O teu irmán Ben-hadad vive! E el dixo: -Ide e traédeo. Entón Ben-hadad presentouse a el, e el fíxoo montar no seu carro.
34
E Ben-Hadad díxolle: -Devolverei as cidades que o meu pai quitou do teu pai, e ti poderás facer prazas en Damasco como o meu pai fixo en Samaria. E el dixo: -Eu tamén te deixarei ir con este pacto. Entón fixo un pacto con el e deixouno ir.
35
Entón un home dos fillos dos profetas dixo ao seu compañeiro pola palabra de Iahveh: -Golpéame agora! Pero o outro non quixo ferilo.
36
Entón el díxolle: -Porque non obedeciches a palabra de Iahveh, velaí que cando te afastes de min, un león vaite matar, e cando se afastou del, un león atopouno e matouno.
37
Despois atopou a outro home e díxolle: -Golpéame agora! E o home golpeouno e feriuno.
38
Entón o profeta disfrazouse e foi e parouse diante do rei no camiño, poñendo unha venda sobre os ollos.
39
E aconteceu que cando o rei pasaba, el chamou ao rei, e dixo: -O teu servo estivo no medio da batalla, e velaquí, un soldado achegóuseme e tróuxome un home, dicindo: garda a este home, porque se chega a fuxir, a túa vida responderá pola súa, ou pagarás un talento de prata.
40
E mentres o teu servo estaba ocupado nunha cousa e noutra, el desapareceu. E o rei de Israel díxolle: -Esa é a túa sentenza! Ti mesmo a pronunciaches!
41
Pero el deseguida sacou a venda dos seus ollos, e o rei de Israel recoñeceu que era un dos profetas.
42
E díxolle: -Así di Iahveh: porque soltaches da túa man o home que foi consagrado á destrución, a túa vida será pola súa vida e o teu pobo polo seu pobo!
43
Entón o rei de Israel foi á súa casa triste e anoxado, e chegou a Samaria.