Capítulo 16

1 E veu a palabra de Iahveh a Iehú, fillo de Hanani, contra Baasá, dicindo: 2 "Porque Eu levanteite do po e púxente como príncipe sobre o meu pobo Israel, e ti camiñaches no camiño de Ieroboam, e fixeches pecar ao meu pobo Israel, provocándome a ira cos seus pecados, 3 velaí, Eu borrarei a casa de Baasá e a descendencia da súa casa, e farei a súa casa como a casa de Ieroboam, fillo de Nabat. 4 Aquel de Baasa que morra na cidade, os cans comerano, e o que del morra no campo, os paxaros do ceo comerano. 5 E o resto dos feitos de Baasá, e as cousas que fixo e o seu poder, non está escrito no libro das crónicas dos reis de Israel? 6 E Baasá durmiu cos seus pais, e foi sepultado en Tirza; e o seu fillo Ela reinou no seu lugar. 7 Tamén por medio do profeta Iehú, fillo de Hanani chegou a palabra de Iahveh contra Baasá e contra a súa casa, non só por todo o malo que fixera aos ollos de Iahveh, provocándoo a ira polas obras das súas mans, sendo coma os da casa de Ieroboam, senón tamén por tela destruído. 8 No ano vinte e seis de Asa, rei de Xudá, Ela, fillo de Baasá, comezou a reinar sobre Israel en Tirsa, e reinou dous anos. 9 E o seu servo Zimri, comandante da metade dos carros de guerra, conspirou contra el, estando el en Tirsa, bebendo ata embebedarse na casa de Arsa, o seu mordomo en Tirsa, 10 veu Zimri e feriuno e matouno no ano vinte e sete de Asa, rei de Xudá, e reinou no seu lugar. 11 E aconteceu que cando comezou a reinar e sentou no trono, matou a todos os da casa de Baasá, sen deixar nel ningún home, nin parente nin amigo. 12 Exterminou, pois, Zimri a toda a casa de Baasá, conforme a palabra de Iahveh que falara contra Baasá por medio do profeta Iehú; 13 por mor de todos os pecados de Baasá e os pecados do seu fillo Ela, os que pecaron e fixeron pecar a Israel, provocando a ira a Iahveh, Deus de Israel, cos seus ídolos vans. 14 O resto dos feitos de Ela e todo o que fixo, non está escrito no libro das crónicas dos reis de Israel? 15 No ano vinte e sete de Asa, rei de Xudá, Zimri comezou a reinar, e reinou por sete días en Tirsa, mentres o pobo estaba acampado contra Guibetón, cidade dos filisteos. 16 Pero cando o pobo que estaba no campamento escoitou que se dicía: -Zimri conspirou e matou o rei! Entón todo Israel puxo por rei ese mesmo día no campo de batalla a Omri, comandante do exército, sobre Israel. 17 Entón Omri subiu de Guibetón, e todo Israel con el, e sitiaron Tirsa. 18 Cando Zimri viu que a cidade fora tomada, entrou no parte fortificada da casa real e prendeulle lume á casa con el adentro, e morreu, 19 por mor dos pecados que cometera, facendo o malo aos ollos de Iahveh, e andando no camiño de Ieroboam, e no pecado que cometeu facendo pecar a Israel. 20 O resto dos feitos de Zimri e a conspiración que el fixo, non está escrito no libro das crónicas dos reis de Israel? 21 Entón o pobo de Israel dividiuse en dous bandos: a metade do pobo seguía a Tibni, fillo de Guinat, para facelo rei, e a outra metade seguía a Omri. 22 Pero o pobo que seguía a Omri foi máis forte que o que seguía a Tibni, fillo de Guinat; e morreu Tibni, e Omri chegou a reinar. 23 No ano trinta e un de Asa, rei de Xudá, Omri comezou a reinar sobre Israel, e reinou doce anos. Seis anos reinou en Tirsa. 24 Omri comprou a montaña de Samaria a Semer por dous talentos de prata, e edificou no monte, e chamou a cidade que edificou Samaria, segundo o nome de Semer, dono do monte. 25 E Omri fixo o que era malo aos ollos de Iahveh, e fixo peor que todos os que foran denantes del. 26 Pois andou en todos os camiños de Ieroboam, fillo de Nebat, e nos pecados cos que fixo pecar a Israel, provocando a ira a Iahveh, Deus de Israel, cos seus ídolos vans. 27 O resto dos feitos de Omri, e todo o que fixo e o poderío que acadou, non está escrito no libro das crónicas dos reis de Israel? 28 E Omri durmiu cos seus pais, e foi sepultado en Samaria; e o seu fillo Acab reinou no seu lugar. 29 Acab, fillo de Omri, comezou a reinar sobre Israel no ano trinta e oito de Asa, rei de Xudá. 30 E Acab, fillo de Omri, reinou sobre Israel en Samaria vinte e dous anos. E Acab, fillo de Omri, fixo o que era malo aos ollos de Iahveh, máis que todos os que reinaran antes del. 31 Porque lle foi cousa pequena andar nos pecados de Ieroboam, fillo de Nebat, tomando por muller a Iezabel, filla de Etbaal, rei dos sidonios, e foi e serviu a Baal e prostrábase diante del. 32 E ergeu un altar a Baal na templo de Baal que edificara en Samaria. 33 Tamén Acab fixo un ídolo de Asera provocando a ira a Iahveh, Deus de Israel, máis que tódolos reis de Israel que reinaran antes del, 34 Nese tempo Hiel de Betel reedificou Iericó: botoulle os cimentos a costa da vida de Abiram o seu primoxénito, e a costa de Segub o seu fillo máis novo colocou as portas, conforme a palabra que Iahveh falara por medio de Xosué, fillo de Nun.