1
Polo tanto, se hai algún alento en Cristo, se hai algún consolo de amor, se hai algunha participación do Espírito, se hai agarimo e misericordia,
2
completade a miña ledicia, sendo do mesmo sentir, tendo un mesmo amor, unánimes, tendo os mesmos sentimentos,
3
nada fagades por porfía nen por fachenda, senón con humildade, que cada un de vós teña ao outro como superior,
4
non procurando cadanseu interés, senón máis ben os interese dos demais.
5
Tede entre vós a mesma acitutite que houbo en Cristo Xesús,
6
que mesmo existindo en forma de Deus, non considerou ser igual a Deus como algo o que agarrarse,
7
senón que despoxouse a si mesmo, tomando forma de escravo, facéndose semellante aos homes,
8
e atopándose na condición de ser humano, humillouse a si mesmo facéndose obediente ata a morte, e morte na cruz!
9
Por iso, Deus tamén exaltouno sobre todo e deulle o nome que está por riba de tódolos nomes,
10
para que no nome de Xesús se dobre todo xeonllo dos que están nos ceos e na terra, e embaixo da terra,
11
e toda lingua confese que Xesús Cristo é o Señor, para gloria de Deus Pai.
12
Polo tanto, meus amados, así como sempre obedecestes, non só diante miña, senón moito máis agora na miña ausencia, traballade na vosa propia salvación con tremor e temor,
13
porque Deus é quen obra en vós tanto o querer como o facer pola súa boa vontade.
14
Facede tódalas cousas sen murmuracións nen discusións,
15
para que sexades irreprensibles e sinxelos, fillos de Deus sen tacha no medio dunha xeración perversa e atrevesada, no medio da que brillades coma fachos no mundo,
16
aferrados á palabra de vida, para que eu teña razón para gloriarme no día de Cristo, xa que non corrín en balde nen de balde me cansei.
17
Pero mesmo que eu son derramado coma libación sobre o sacrificio e servizo da vosa fe, gózome e comparto a miña ledicia con todos vós.
18
E tamén vos pido que vos alegredes do mesmo xeito e compartades a vosa ledicia comigo.
19
Espero no Señor Xesús enviarvos pronto a Timoteo para que eu tamén sexa alentado ao saber da vosa condición.
20
Pois non teño a ninguén do meu mesmo sentir e que estea sinceramente interesado nas vosas cousas .
21
Porque todos buscan a súa comenencia, e non as cousas que son de Cristo Xesús.
22
Pero vós xa sabedes do seu comportamento, como serviu comigo para espallar o evanxeo como un fillo serve ao pai.
23
Daquela agardo mandárvolo axiña en canto vexa como me van as cousas;
24
e confío no Señor que tamén eu mesmo irei pronto a vós.
25
Pero crin que compría mandarvos a Epafrodito, meu irmán, colaborador e camarada de milicia, quen tamén é voso menxaseiro e servidor para atender as miñas necesidades;
26
porque el tiña morriña de todos vós e andaba amolado porque chegastes a saber da súa doenza.
27
Pois de feito estivo enfermo e a piques de morrer; pero Deus tivo compaixón del e non só del, senón tamén de min, para que non estivese aínda máis triste.
28
Por iso volo mando máis axiña, para que véndoo, volvades alegrarvos e eu estea máis acougado en canto a vós.
29
Recibídeo, pois, no Señor con toda ledicia, e tende en alta estima os que son coma el,
30
porque pola obra de Cristo estivo a piques de morrer, arriscando a súa vida para completar o que faltaba no voso servizo por min.