1
Irmáns, se algún de vós é descuberto facendo o que non debe, vós que sodes espirituais restaurádeo con dozura. Coidándote de non acabar caendo ti no mesmo.
2
Levade uns as cargas dos outros e así cumpriredes a lei de Cristo..
3
Porque se alguén cre ser máis do que é, a si mesmo se engana.
4
Cada un que reflexione sobre as súas propias obras, e daquela terá motivo de estar satisfeito de si mesmo sen mirar aos outros.
5
Porque cada un levará cadansúa carga.
6
A quen se lle ensine sobre a palabra, que comparta toda cousa boa con quen lle ensina.
7
Non vos levedes a engano. De Deus non vos podedes burlar, aquilo que sementedes, iso mesmo recolleredes.
8
Porque o que sementa para a súa propia carne, segará destrución. E o que sementa para o Espírito, do Espírito colleitará vida eterna.
9
Non nos fartemos de facer o ben, porque ao seu debido tempo segaremos, se non desfalecemos.
10
Porén, non perdamos a oportunidade de facer ben a todos, especialmente aos da familia da fe.
11
Ollade as grandes letras que vos escribo da miña man.
12
Todos os que queren quedar ben na carne, fórzanvos a que vos circuncidedes co fin de non ser perseguidos pola causa da cruz de Cristo.
13
Porque nen aínda eles cumpren a lei, pero queren gabarse da vosa propia circuncisión.
14
Pero que non veña eu gabarme en cousa algunha agás na cruz de Cristo, pola que o mundo foi crucificado para min e eu para o mundo.
15
Porque de pouco vale circuncidarse ou non, senón ser unha nova creación.
16
E os que vivan segundo esta norma, graza e paz a eles e ao Israel de Deus.
17
De aquí en diante que ningén me veña amolar con estos asuntos, pois levo no meu corpo as marcas de Xesús.
18
Irmáns, que a graza do noso Señor Xesús Cristo sexa co voso espírito. Amén.