1
Gálatas insensatos! Quen vos enfeitizou? Aos vosos ollos, Xesús Cristo foi presentado claramente como crucificado.
2
Isto é o que quero saber de vós, foivos dado o Espírito pola lei ou por crer no que escoitastes ?
3
Sodes tan parvos, que unha vez que empezastes polo Espírito, ides mellorar pola carne?
4
Sufristes tanto por nada? Se é que foi por nada!
5
Aquel que vos dá o Espírito e fai milagres entre vós, fainos polas obras da lei ou por escoitar con fe?
6
Abraham creu en Deus e por iso el considerouno como xusto;
7
así mesmo os que recibiron esta fe son fillos de Abraham.
8
E a escritura prevendo que pola fe, Deus declara xustos aos xentís, proclamou as boas novas a Abraham: "en ti serán benditas tódalas nacións".
9
Os que son da fe participan desta bendición xunto con Abraham, o home de fe.
10
Porque todos os que confían nas obras da lei, atópanse baixo a maldición: "é maldito todo o que non cumpre todas as cousas escritas no libro da lei, para facelas todas".
11
Agora está claro que ninguén pode ser xustificado pola lei diante de Deus porque: "O que é xusto pola fe, vivirá".
12
Pero a lei non é de fe, senón ao contrario: a persoa que fai as obras da lei terá que cumprilas todas para vivir."
13
Cristo rescatounos de ser malditos pola lei facéndose maldito por nós, como está escrito: "Maldito todo o que está pendurado sobre un madeiro",
14
para que así en Cristo Xesús, chegase aos xentís a bendición de Abraham, e para que nós recibísemos a promesa do Espirito por medio da fe.
15
Irmáns, permitídeme falarvos en termos humanos: cando se fai un trato entre persoas, ninguén pode engadir ou invalidar as condicións unha vez que é ratificado.
16
Entón, a promesa foi feita a Abraham e á súa descendencia, non di descendencias semellando moitas, senón só unha; sendo a descendencia Cristo mesmo.
17
O que quero dicir é que sendo que a lei chegou catrocentos trinta anos máis tarde, non invalida o pacto confirmado por Deus como para anular a promesa.
18
Porque se a herdanza vén pola lei entón xa non vén pola promesa. Pero Deus concedeulla xenerosamente a Abraham por medio da promesa.
19
Para que foi dada a lei? Foi engadida por mor das infracións, ata que viñera a descendencia prometida, e que foi pregoada por anxos da man dun mediador,
20
e o mediador non é só dun, pero Deus é un só.
21
Daquela a lei é contraria ás promesas? De ningún xeito. Se por unha lei puidésemos recibir a vida, a xustiza tería chegado a nós pola lei.
22
Mais a escritura pechou todo baixo pecado, para que a promesa que é pola fe en Xesús Cristo fose dada a todos os que cren.
23
Agora, antes de que chegara a fe, estabamos presos sometidos á lei, confinados ata que a fe fose revelada.
24
A lei convertiuse no noso titor ata que veu Cristo, para que puidésemos ser xustificados pola fe.
25
Pero agora que veu a fe, xa non estamos baixo titoría.
26
Porque todos somos fillos de Deus por medio da fe en Cristo Xesús.
27
Porque todos os que fostes bautizados en Cristo, sodes revestidos de Cristo.
28
Non hai xudeus nen gregos, non hai escravos nen libres, non hai home nen muller, porque todos somos un en Cristo Xesús.
29
E se sodes de Cristo, sodes descendentes de Abraham e herdeiros segundo a promesa.