1
Entón Xesús foi levado polo Espírito ao deserto para ser tentado polo demo.
2
E despois de xaxuar corenta días e corenta noites, tivo fame.
3
E achegándose o tentador, díxolle: "se e-lo Fillo de Deus, manda convertir estas pedras en pan".
4
Pero El respondendo, dixo: escrito está: "non só de pan vivirán as persoas, senón de toda palabra que sae da boca de Deus".
5
Entón o demo levouno á cidade santa, e púxolle sobre o cumio do templo,
6
e díxolle: se e-lo Fillo de Deus, lánzate abaixo, pois escrito está: %«encomendrache aos seus anxos (ou)aos seus anxos encomendarache», e: «levaranche nas mans (ou) nas mans levaranche,% non sexa que o teu pé tropece en pedra».
7
Xesús díxolle: tamén está escrito: «non tentarás ao Señor o teu Deus».
8
Outra vez o demo levouno a un monte moi alto, e amosoulle tódolos reinos do mundo e a gloria deles,
9
e díxolle:% todo isto dareiche, se prostrándote, adórasme.% (ou) se te postras(te) e adorasme"
10
Entón Jesús díxolle: vaite, Satanás! Porque escrito está: «ao Señor o teu Deus adorarás, e só a El servirás».
11
Entón deixoulle o demo e despois viñeron anxos e servíanlle.
12
Cando El oíu que Xoán fora encarcerado, retirouse a Galilea.
13
E saíndo de Nazaret, foi e estableceuse en Capernaúm, que está preto do mar, na rexión de Zabulón e de Neftalí,
14
para que se cumprise o que foi dito por medio do profeta Isaías, cando dixo:
15
"terra de Zabulón e terra de Neftalí, camiño do mar, alén do Xordán, Galilea dos gentiles.
16
O pobo asentado en tebras viu unha gran luz, e aos que vivían na rexión e a sombra da morte, unha luz resplandeceu sobre eles".
17
Dende entón Xesús comezou a predicar e a dicir: "arrepentídevos, porque o reino dos ceos achegouse".
18
E andando xunta o mar de Galilea, viu a dous irmáns, Simón chamado Pedro e o seu irmán, Andrés, botando unha rede no mar, porque eran pescadores.
19
E díxolles: "seguídeme e eu fareivos pescadores de persoas".
20
Entón eles, deixando ao instante as redes, seguírono.
21
E pasando de alí, viu a outros dous irmáns, Xacobo, fillo de Zebedeo e Xoán, o seu irmán, na barca co seu pai Zebedeo, remendando as súas redes, e chamounos.
22
E eles, deixando ao instante a barca e ao seu pai, seguírono.
23
23 E ía Xesús por toda Galilea, ensinando nas súas sinagogas e proclamando o evanxeo do reino, e curando toda enfermidade e toda doenza no pobo.
24
E estendeuse a súa fama por toda Siria; e traían a El todos os que estaban enfermos, afectados con diversas doenzas e dores, endemoniados, epilépticos e paralíticos; e El curábaos.
25
E seguírono grandes multitudes de Galilea, Decápolis, Xerusalén e Xudea, e do outro lado do Xordán.