1
E, naquel tempo, Xoán o Bautista apareceu predicando no deserto de Xudea, dicindo:
2
"arrepentídevos, porque o reino dos ceos está preto".
3
Porque este é aquel a quen facía referencia Isaías cando dixo: "a voz do que clama no deserto: preparade o camiño do Señor, endereitade as súas sendas".
4
E Xoán tiña un vestido de pelo de camelo e un cinto de coiro; a súa comida eran lagostas e mel silvestre.
5
Entón Xerusalén, toda Xudea e toda a rexión arredor do río Xordán ían cara onde estaba el.
6
Eles eran bautizados no río Xordán mentres eles confesaban os seus pecados.
7
Pero viu que moitos fariseos e saduceos viñan con el para seren bautizados e dicíalles: "camada de víboras! Quen vos ensinou a fuxir da ira que está por vir?
8
Por iso, dade frutos dignos de arrepentimento
9
e non presumades de poder dicir: "temos a Abraham como pai" porque dígovos que Deus pode levantar fillos de Abraham destas pedras.
10
E a machada xa está posta á raíz das árbores; polo tanto, toda árbore que non dá bo froito é cortada e botada ao lume.
11
Eu bautízovos con auga para arrepentimento, pero o que vén detrás de min é máis poderoso ca min, a quen non son digno de quitarlle as sandalias. El bautizaravos co Espírituo Santo e con lume.
12
O restrelo está na súa man e limpará completamente o seu terreo. Recollerá o trigo no graneiro e queimará a palla no lume inextinguible.
13
Entón Xesús chegou de Galilea ao Xordán, onde estaba Xoán, para ser bautizado por el.
14
Pero Xoán tratou de impedirllo, dicindo: eu necesito ser bautizado por ti, e ti vés a min?
15
E respondendo Xesús, díxolle: permíteo agora, porque é conveniente que cumpramos así toda xustiza. Entón Xoán permitiullo.
16
Despois de ser bautizado, Xesús saíu da auga inmediatamente; e velaquí, os ceos abríronse, e el viu ao Espírito de Deus que descendía como unha pomba e viña sobre El.
17
E velaquí, oíuse unha voz dos ceos que dicía: Este é o meu fillo amado en quen me comprazo.