8
1
2
3
E falou Iahveh a Moisés dicindo: Toma a Aarón e os seus fillos con el, e as vestimentas, o aceite da unción, o becerro da expiación, os dous carneiros e a cesta do pan ácimo e reúne toda a congregación á entrada do tabernáculo
4
E Moisés fixo tal e como Iahveh lle ordenou e cando a congregación se reuniu á entrada do tabernáculo.
5
E Moisés dixo á congregación: Isto é o que Iahveh mandou facer.
6
Entón Moisés fixo que se lle achegasen Aarón e os seus fillos e lavounos con auga.
7
E puxo sobre el a túnica e cinguiuno co cinto, vestiuno co manto e púxolle o efod, e ciguiuno co cinto tecido do efod, e axustouno con el
8
Púxolle logo o peitoral , e dentro do peitoral puxo o Urim e o Tumim.
9
Puxo tamén a tiara sobre a súa cabeza,e sobre a tiara, na frente, puxo a lámina de ouro, a diadema santa, conforme Iahveh lle mandara a Moisés
10
E Moisés tomou o aceite da unción e unxiu o tabernáculo e todo o que había nel, e consagrounos.
11
Co aceite asperxeu o altar sete veces e unxiu o altar e todos os seus utensilios, e a pia e a súa base, para consagralos.
12
E verteu aceite da unción sobre a cabeza de Aarón e unxiuno para consagralo.
13
Despois Moisés fixo achegarse aos fillos de Aarón e vestiunos con túnicas, cinguiunos con cintos, e axustoulles as tiaras tal e como Iahveh lle mandara a Moisés
14
Entón trouxo o xato da expiación, e Aarón e seus fillos puxeron as súas mans sobre a cabeza do becerro da expiación.
15
Despois Moisés degolouno e colleu o sangue e co seu dedo puxo parte dela nos cornos do altar por tódolos lados, e purificou o altar. Despois verteu o resto do sangue ao pé do altar e consagrouno para facer expiación por el.
16
Collleu tamén toda a graxa que había nas entrañas e no redeño do fígado, e os dous ris e a gordura deles, e queimounos Moisés sobre o altar.
17
Pero o novelo, coa súa pel, a súa carne , e o seu esterco, queimounos no lume fóra do campamento, tal como Iahveh mandara a Moisés
18
Entón presentou o carneiro do holocausto, e Aarón e seus fillos puxeron as súas mans sobre a cabeza do carneiro.
19
E Moisés degolouno e asperxeu o sangue sobre o altar e ao seu derredor
20
E despois de cortar o carneiro en anacos, Moisés queimou a cabeza e os cachos e a graxa.
21
Despois de lavar as antrañas e as patas con auga, Moisés queimou todo o carneiro sobre o altar. Foi holocausto de aroma agradable; foi ofrenda acesa a Iahveh, tal e como Iahveh mandara a Moisés.
22
Despois presentou o segundo carneiro, o carneiro da consagración, e Aarón e seus fillos puxeron súas mans sobre a cabeza do carneiro.
23
E Moisés degolouno e colleu do sangue e púxoo no lóbulo da orella dereita de Aarón, no polgar da súa man dereita, e na deda gorda do seu pé dereito.
24
Tamén fixo achegar aos fillos de Aarón; e Moisés puxo sangue no lóbulo da orella dereita deles, no polgar da súa man dereita, e na deda gorda do seu pé dereito. Entón Moisés asperxeu o resto do sangue sobre o altar e ao redor.
25
E colleu a gordura, e a cauda, e toda a graxa que había nas entrañas, no redeño do fígado, e os dous ris coa súa graxa e a perna dereita.
26
E do cesto dos pans ácimos que estaba diante de Iahveh, tomou unha torta sen fermento , unha torta de pan misturada con aceite e un follado e púxoos sobre as porcións de graxa e sobre a perna dereita.
27
Entón puxo todo nas mans de Aarón en nas mans dos seus fillos e presentouno como unha ofrenda abaneada diante de Iahveh
28
Despois Moisés tomou todo isto das mans deles e queimouno no altar co holocausto. Foi ofrenda de consagración como recendo agradable, ofrenda acesa para Iahveh.
29
E tamén tomou Moisés o peito, e presentouno como ofrenda abaneada diante de Iahveh; era a porción do carneiro da consagración que pertencía a Moisés , tal e como lle mandara Iahveh.
30
E tomou Moisés do aceite da unción e do sangue que estaba sobre o altar, e asperxeu a Aarón e os seus vestidos e sobre os seus fillos e as vestiduras dos seus fillos; e consagrou a Aarón e as súas vestiduras, e aos seus fillos e as vestiduras dos seus fillos con el.
31
Entón dixo Moisés a Aarón e a os seus fillos: Fervede a carne á entrada do tabernáculo e comédea alí xunto co pan que está no cesto da ofrenda de consagración, tal e como eu mandei, dicindo: "Aarón e seus fillos comerán".
32
E o resto da carne e do pan, queimarédelo no lume.
33
E non sairedes da entrada do tabernáculo durante sete días, hata que remate o período da vosa consagración; porque por sete días seredes consagrados
34
Iahveh mandou facer tal e como se fixo hoxe , para facer expiación a voso favor.
35
Ademais permaneceredes á entrada do tabernáculo día e noite durante sete días, e gardaredes a ordenanza de Iahveh para que non morrades, porque así me foi mandado.
36
E Aarón e os seus fillos fixeron todas as cousas que Iahveh mandara por medio de Moisés.