9

1 Eu vi a Adonai en pe xunto ao altar, e díxome: Bate nos capiteis e que se estremezan os limiares e rómpeos sobre as cabezas de todos. Entón matarei a espada ao resto deles; non haberá entre eles fuxitivo que fuxa, nin refuxiado deles que escape. 2 Ainda que caven ata o Seol, de alí tomaraos a miña man; e ainda que suban ata o ceo, de alí fareinos baixar 3 Ainda que se encondan no cumio do Carmelo, alí buscareinos e tomareinos; ainda que se agochen dos meus ollos no fondo do mar, alí ordenarei á serpe que os morda. 4 Ainda que vaian en cativerio diante dos seus inimigos, alí ordenarei á espada que os mate, e porei sobre eles os meus ollos para mal e non para ben. 5 Iahveh, Deus dos exércitos: o que toca a terra e ela se derrete, e laméntanse todos os que nela habitan, sobe toda ela como o Nilo e mingua como o Nilo de Exipto; 6 o que edifica nos ceos seus altos apousentos, e sobre a terra estableceu a súa bóveda; o que chama ás augas do mar e as derrama sobre a faz da terra: Iahveh é o seu nome. 7 Non sodes vós para min como fillos de Etiopía, oh fillos de Israel? - Declara o Iahweh.Non fixen eu subir a Israel da terra de Exipto e aos filisteos de Caftor e aos arameos de Kir? 8 Velaquí, os ollos do Señor Iahweh están sobre o reino pecador, e eu destruireino de sobre a faz da terra; con todo, non o destruirei totalmente á casa de Iacob.- declara Iahweh. 9 Porque, velaquí, eu daréi un mandato, e sacudirei a casa de Israel de entre todas as nacións, cono se axitan os grans na peneira, sen que caia nin un gran na terra. 10 Todos os pecadores do meu pobo morrerán a espada, os que din: "Non nos alcanzará nin se nos achegará a desgraza". 11 Naquel día levantarei o tabernáculo caído de David, repararei as súas fendas, levantarei as súas ruínas e o reedificarei como en tempo pasado, 12 para que tomen posesión do remanente de Edom e de todas as nacións onde se invoca o meu nome.- declara Iahweh, que fai isto. 13 Velaquí, veñen días - declara Iahweh- cando o arador alcanzará ao segador, e o que pisa a uva ao que sementa a semente; cando destilarán viño doce os montes, e todos os outeiros se derretirán. 14 Restaurarei o benestar do meu pobo Israel, e eles reedificarán as cidades arrasadas e habitarán nelas; tamén plantarán viñas e beberán o seu viño, e cultivarán hortos e comerán os seus froitos. 15 Plantareinos na súa terra, e non serán arrincados xamais da terra que lles dei —di Iahveh o teu Deus.