Capítulo 2

1 Tocade trompeta en Sión, e sonade alarma no meu santo monte.

Treman todos os habitantes da terra, porque vén o día de IaHVeH, porque está preto,

2 día de tebras e penumbra, día nubrado e de densa escuridade.

Como o amencer sobre os montes, esténdese un pobo grande e poderoso; nunca houbo nada igual, nin o haberá mais adiante por anos de moitas xeracións.

3 Diante del consome o lume, e detrás del abrasa a chama. Como o horto do Edén é a terra diante del; e detrás del, un deserto desolado, e del nada escapa. 4 5 Como aspecto de cabalos é o seu aspecto, e como corceis de guerra, así corren. Como estrondo de carros saltan sobre as cumes dos montes, como o crepitar da chama do lume que consome a herba seca, como pobo poderoso preparado para a batalla. 6 Diante del tremerán os pobos, palidecerán todos os rostros. 7 Correránn como valentes, como soldados escalaránn a muralla; cada un irá polo seu camiño, e non se desviarán das súas sendas. 8 Non se apertarán un contra outro, cada un irá polo seu camiño; e cando irrompen polas defensas, non rompen as filas. 9 Lanzaránse sobre a cidade, correrán pola muralla, subirán ás casas, entrarán polas fiestras como ladróns. 10 A terra tremerá ante eles, conmoveranse os ceos, o sol e a lúa escureceranse, e as estrelas perderán o seu brillo.

11 IaHVeH ordenará diante do seu exército, porque o seu campamento é inmenso, pois poderoso é o que executa a súa palabra. Grande e temible é en verdade o día de IaHVeH, e quen poderá soportalo? 12 Aínda agora- declara IaHVeH- volvede a min de todo corazón, con xaxún, choros e lamentos.

13 Rachade o voso corazón e non as vosas roupas, volvede agora a IaHVeH o voso Deus, porque é compasivo e clemente, lento para a ira, abundante en misericordia, y arrepíntese de inflixir o mal. 14 Quen sabe se volverá e terá misericordia, e deixará tras si bendición, e dicir, ofrenda de cereal e libación para IaHVeH o voso Deus? 15 Tocade trompeta en Sión, promulgade xaxún, convocade asemblea, 16 reunide o pobo, santificade a asemblea, reunide os anciáns, reunide os pequenos e os nenos de peito.

Salga o noivo do seu dormitorio e a noiva do seu cuarto.

17 Entre o pórtico e o altar, choren os sacerdotes, ministros de IaHVeH, e digan: Perdoa, oh IaHVeH, o teu pobo, e non teñas vergoña da túa herdade, á burla entre as nacións Por que dirán entre os pobos: Onde está o teus Deus? 18 Entón IaHVeH encherase de celo pola súa terra, e terá misericordia do seu pobo. 19 IaHVeH responderá, e dirá o seu pobo: Velaquí, vouvos enviar gran, mosto e aceite, e satisfareivos con iso, e nunca mais vos entregarei a desonhra entre as nacións. 20 Afastarei de vos o exército do norte e botareino a unha terra seca e desolada, a súa vangarda cara o mar oriental, e a súa retagarda cara o mar occidental. E o seu fedor subirá e aumentará a o seu fedor, porque fixo cousas terribles. 21 Non temas, oh terra, gózate e alégrate, porque IaHVeH fará grandes cousas.

22 Non temades, bestas do campo, porque os pastos do deserto reverdecerán, porque a árbore dará o seu froito, a figueira e a vide producirán en abundancia.

23 Fillos de Sión, desfrutade e alegrádevos en IaHVeH o voso Deus, porque vos deu a chuvia temperá para a vosa vindicación, e fixo descender para vos a chuvia, a chuvia temperá e a tardía como o principio. 24 E as eras encheranse de gran, e as vasillas desbordarán de mosto e de aceite virxe.

25 Entón compensareivos polos anos que comeu a lagosta, o pulgón, o saltón e a eiruga, o meu grande exército, que enviei contra vos. 26 Teredes moito que comer e saciareivos, e loaredes o nome de IaHVeH o voso Deus, que obrou marabillosamente con vos; e nunca xamais será avergoñado o meu pobo.

27 E saberedes que no medio de Israel estou eu, e que eu son IaHVeH o voso Deus e non hai outro; nunca xamais será avergoñado o meu pobo. 28 E acontecerá que despois disto, derramarei o meu Espírito sobre toda carne; e os vosos fillos e as vosas fillas profetizarán, os vosos anciáns soñarán soños, os vosos mozos terán visións.

29 E aínda sobre os criados e criadas derramarei o me Espírito naqueles días. 30 E farei marabillas no ceo e na terra: sangue, lume e columnas de fume

31 O sol converterase en tebras, e a lúa en sangue, antes de que chegue o día de IaHVeH, grande e terrible. 32 E acontecerá que todo aquel que invoque o nome de IaHVeH será salvo, porque no monte de Sión e en Xerusalén haberá salvación como dixo IaHVeH, e entre os sobreviventes estarán os que IaHVeH chame.