2 Escoitade isto, anciáns, e prestade oído, todos os habitantes da terra. Aconteceu algo así nos vosos días, o nos días dos vosos pais?
3 Contádello aos vosos fillos, e os vosos fillos aos seus fillos, e os seus fillos á seguinte xeración. 4 O que deixou a eiruga, comeuno a lagosta; o que deixou a lagosta, comeuno o pulgón; e o que deixou o pulgón, comeuno o saltón. 5 Espertade, borrachos é chorade, e xemede todos os que bebedes viño, por mor do viño doce que vos é quitado da boca. 6 Porque unha nación subiu contra a miña terra, poderosa e innumerable, os seus dentes son dentes de león, e ten cabeiros de leona.
7 Fixo da miña vide unha desolación, e achas da miña figueira.
Descortizounas e derrubounas; os seus pámpanos volvéronse brancos.
8 Laméntate como virxe cinguida de cilicio polo esposo da súa xuventude.9 Foron cortadas a ofrenda do cereal e a libación da casa de IaHVeH. Están de loito os sacerdotes, os ministros de IaHVeH.
10 Os campos estás devastado, a terra está de loito, porque o gran está arruinado, o viño seca, e pérdese o aceite virxe. 11 Avergoñádevos, labregos, xemede, viticultores, polo trigo e a cebada, porque perdeuse a colleita do campo.
12 As vides sécanse, e múrchanse as figueiras, tamén os granados, as palmeiras e as maceiras, todas as árbores do campo murchan. Certamente seca a ledicia dos fillos dos homes. 13 Cinguídevos de cilicio, e lamentádevos, sacerdotes; xemede, ministros do altar. Vinde, pasade a noite cinguidos de cilicio, ministros do meu Deus, porque sen ofrenda de cereal e sen libación quedou a casa do voso Deus.
14 Promulgade xaxún, convocade asemblea; congregade aos anciáns e a todos os habitantes da terra na casa de IaHVeH o voso Deus, e clamade a IaHVeH. 15 Ai de ese día! Porque está cerca o día de IaHVeH, e virá como destrución do Todopoderoso.
16 Non se suprimiu o alimento de diante dos nosos ollos e a ledicia e o xúbilo da casa do noso Deus?
17 As sementes secaron baixo os terróns; os almacéns foron asolados, os celeiros derribados porque secou o gran. 18 Como muxe o gando! Andan folgando os rabaños das vacas porque non hai pasto para elas; ata os rabaños de ovellas sofren.
19 A ti clamo, oh IaHVeH, porque o lume devorou os pastos do deserto, e a chama consumiu todas as árbores do campo. 20 Aínda as bestas do campo berran por ti, porque secaron os arroios da auga, e o lume devorou os pastos do deserto.