1
Despois disto Xesús andaba por Galilea; e non quería andar por Xudea, porque os xudeos procuraban matalo.
2
E a festa dos xudeos, a dos Tabernáculos, estaba próxima.
3
Por iso dixéronlle os seus irmaos: Deixa esto e vaite a Xudea para que os teus dicípulos vexan tamén as obras que ti fas.
4
Porque ninguén fai nada ás agachadas cando procura ser coñecido en público. Se fas estas cousas, móstrate ao mundo.
5
Porque nen os seus irmaos crian nel.
6
Entón Xesús díxolles: O meu tempo aínda non chegou, pero o voso tempo sempre é oportuno.
7
O mundo non pode odiarvos, pero ódiame a min, porque non dou testemuña del que a suas obras son malas.
8
Subide vós á festa; eu non subo a esta festa porque o meu tempo non está cumprido.
9
E logo de dicerlles isto, ficou en Galilea.
10
Pero cando os seus irmaos subiron á festa, entón el tamén subiu; non abertamente senón ás agachadas.
11
Os xudeos andaban na súa procura na festa e dicían: Onde se meteu ese?.
12
E había moita murmuración entre a xente acerca del. Uns dicían: El é bo. Outros dicían: non, todo o contrario, engana ás persoas.
13
Poren, ninguén falaba abertamente del por medo aos xudeos.
14
Pero xa na metade da festa, Xesús subiu ao templo e comezou ensinar.
15
Entón os xudeos admirábanse del decindo: Como pode este saber de letras sen ter estudado?
16
Entón Xesús respondeulles decindo: O meu ensino non é meu senón daquel quen me enviou.
1718
Se alguén quere facer a súa vontade, saberá se a miña ensinanza é de Deus ou se falo de min mesmo. O que fala de si mesmo procura a súa propia gloria; mais o que procura a gloria do quen o enviou, este é verdadeiro e non hai inxustiza nel.
19
Non vos deu Moisés a lei, e poren ninguén de vós a cumpre? Por que estades á procura de me matar?.
20
A multitude contestou: Tes un demo!, quen te procura matar?
21
Respondeu Xesús e díxolles: So fixen unha obra e todos vos admirades.
22
Por iso Moisés diuvos a circuncisión ( non porque sexa de Moisés senón dos pais) e no día de repouso circuncidades ao home.
23
E se para non violar a lei de Moisés circuncidades a un home no día de repouso, por que vos incomodades comigo porque sanei por completo a un home no día de repouso?
24
Non xulguedes polo que se ve, senón xulgade con xuízo xusto.
25
Entón algúns de Xerusalem dicían: Non é este o que procuran matar?
26
E aí o tedes, fala en público e non lle din nada. Non será que en verdade os gobernantes recoñecen que este é o Cristo?
27
Poren, nós sabemos de onde é este; pero cando veña o Cristo, ninguén saberá de onde é.
28
Xesús exclamou en alta voz mentres ensinaba no templo: Vós coñecédesme e sabedes de onde son. Eu non viñen pola miña conta, pero o que me enviou é verdadeiro, a quen vós non coñecedes.
29
Eu coñézoo porque del procedo , e el me enviou.
30
Procuraban pois, prendelo; pero ninguén lle botou mau, porque aínda non chegara a súa hora.
31
Pero moitos da multitude creron nel, e dicían: Cando veña o Cristo, fará máis sinais das que ten feito este?
32
Os fariseos ouviron á multitude murmurando estas cousas del, e os principais sacerdotes e fariseos enviaron alguacís para prendelo.
33
Entón dixo Xesús: Por un pouco máis de tempo estou con vós; despois vou ao que me enviou.
34
Buscarédesme en non me habedes atopar, e onde eu estou vós non podedes vir.
35
Decían entón os xudeos entre si: Onde pensa irse este, que non o atopemos? Será que quere irse aos dispersos entre os gregos e ensinar aos gregos?
36
Que quere dicer esto que dixo: Buscarédesme en non me habedes atopar, e onde eu estou vós non podedes vir?
37
E no último día, o grande da festa, Xesús púxose en pé e dixo en voz alta: Se algún ten sede, que veña a min e beba.
38
O que cre en min, como di a Escritura: "Do máis fondo do seu ser, correrán ríos de auga viva.
39
(Pero El dicía esto do Espíritu que habían de receber os que creran nel; porque o Espíritu, aínda non fora dado, pois Xesús non fora glorificado).
40
Entón algúns da multitude, cando ouviron estas palabras , dicían: Verdadeiramente este é o Profeta.
41
Outros dicían: Este é o Cristo. Pero outros dicían: Acaso o Cristo ha de vir de Galilea?.
42
Non dí a Escritura que o Cristo ven da descendencia de David, e de Belén, a aldea de onde era David?
43
Así se creou división entre a multitude por causa de El.
44
E moitos deles querían prendelo, pero ningún lle botou a mau.
45
Entón os alguacís foron cara os principais sacerdotes e fariseos e estes lle dixeron: Por que non o trouxestes?
46
Os alguacís responderon: Endexamais ningún home ten falado como este home fala.
47
Entón contestáronlle os fariseos: E que vós tamén vos deixastes enganar?
48
Ten creido nel algún dos gobernantes ou dos fariseos?
49
Pero esta multitude que non coñece a lei, é maldita.
50
Nicodemo, o que viñera a Xesús antes, e que era un deles, díxolles:
51
Desde cando julga a nosa lei a un home sen escoitalo primeiro, e saber o que fai?
52
Respondendo dixéronlle: Es tí tamén de Galilea? Investiga e verás que ningún profeta xurde de Galilea.
53
E cada un foise para a súa casa.