1
Despois disto Xesús foi cara a outra beira do mar de Galilea, que é o de Tiberíades.
2
E seguíao unha grande multitude de xente, porque vían os sinais que facía nos doentes.
3
Entón Xesús rubou o monte e sentouse ali co seus discípulos.
4
E a Páscoa, a festa dos xudeos, estaba próxima.
5
Cando Xesús levantou os ollos e viu que tiña vido a el una grande multitude, dixo a Felipe: onde mercaremos pan para que estos coman?
6
Pero esto decía para probalo, pois el ben sabía que facer.
7
Felipe respondeulle: douscentos denarios de pan non abondarían para que cada un deles tomase un pouco.
8
Un dos seus discípulos, Andrés, o irmao de Simón Pedro, díxolle:
9
está aquí este meniño, que ten cinco pans de cebada e dous peixes pequenos; pero que é esto para tantos?
10
E dixo Xesús: facede que as persoas se senten. E había moita herba naquel lugar. E asentáronse uns cinco mil varóns.
11
Logo tomou Xesús os pans, e logo de dar grazas, repartiunos entre os discípulos, e os discípulos entre os que estaban asentados; tamén dos peixes, canto querían.
12
E cando estaban fartos, dixo aos seus discípulos: recollede os pedazos que sobraron, para que nada se perda.
13
Recolleron, pois, e encheron doce cestas de pedazos dos cinco pans de cebada, que sobraran aos que tiñan comido.
14
Entón, vendo o sinal que Xesús tiña feito, aquele homes dixeron: este é de certo, o profeta que había de vir ao mundo.
15
Pero sabendo Xesús que ían tomalo para fecelo rei, tornou a se retirar sosiño ao monte
16
Pola tardiña, os seus discípulos baixaron para o mar,
17
e entrando nunha dorna, ían cruzando o mar cara Capernaum. Xa era obscuro e Xesús non fora con eles.
18
E o mar levantou porque sopraba un grande vento
19
Cando xa tiñan navegado coma vintecinco ou trinta estadios, viron a Xesús andando sobre o mar e achegándose á dorna; e tiveron medo.
20
Pero el díxolles: Eu son; non temades.
21
Entón eles recibírono con agrado na dorna, que chegou de seguida á terra onde ían.
22
Ao día seguinte, a multitude que ficara ao outro lado do mar decatouse de que alí non había nada máis ca unha dorna, e que Xesús non entrara nela cos seus discípulos, senón que os seus discípulos marcharan sosiños.
23
Viñeron outras dornas de Tiberias perto do lugar onde comerano pan logo de que o Señor dise grazas.
24
Por tanto, cando a xente ollou que Xesús non estaba alí, nen tampouco seus discípulos, subiron ás dornas e marcharon cara Capernaum na procura de Xesús.
25
Cando o toparon ao outro lado do mar, dixéronlle: Rabí, Cando chegaches aquí?
26
Xesús respondeulles e dixo: En verdade, en verdade vos digo: buscádesme, non polas sináis que vistes, senon porque comestes dos pans e fartástesvos.
27
Traballade, non polo alimento que perece, senón polo alimento que para vida eterna perdura, o que o Fillo do Home vos dará, porque a este, o Pai, Deus, púxolle o seu selo
28
Entón dixéronlle: Que debemos facer para por en práctica as obras de Deus?.
29
Respondeu Xesús e díxolles: Esta é a Obra de Deus: que creades no que El enviou
30
Entón dixéronlle: Pois que fas ti como sinal para que vexamos e acreditemos en ti? Que obra fas?.
31
Os nosos pais comeron do maná do deserto, como está escrito: "Deulles a comer pan do ceo"
32
Entón Xesús díxolles: En verdade, en verdade vos digo: non foi Moisés o que vos deu pan do ceo, senon que é meu Pai que vos da o verdadeiro pan do ceo.
33
Porque o pan de Deus é o que baixa do ceo, e da vida ao mundo.
34
Entón dixéronlle: Señor, danos sempre dese pan.
35
Díxolles Xesús: Eu son o pan de vida; o que ven a min no terá fame, e o que cree en min nunca terá sede.
36
Pero xa volo dixen, que aínda que me vistes, non creedes.
37
Todo o que o Pai me da, virá a min: e ao que ven a min, de modo algún botareino fora
38
Porque descendín do ceo, non para facer a miña vontade, senón a vontade do que me enviou.
39
E esta é a vontade do que me enviou: que todo o que el me deu, non perda eu nada, senón que o resucite no derradeiro día.
40
Porque esta é a vontade do meu Pai: que todo aquel que ve ao Fillo e cre nel, teña vida eterna, e eu mesmo o resucitarei no día final.
41
Por iso os xudeos murmuraban del, porque tiña dito: Eu son o pan que baixou do ceo.
42
E dician: Este non é Xesús, o fillo do Xosé, do que pai e nai coñecemos nós? Como é que agora dí: Eu son o que baixou do ceo?
43
Respondeu Xesús e díxolles: Non murmuredes entre vós.
44
Ninguén pode vir a min se non o trae o Pai que me enviou, e eu resucitareino no día final.
45
Escrito está nos profetas: " E todos serán ensinados por Deus". Quen do Pai ouviu e aprendeu, ven a min.
46
Non é que alguén vira ao Pai, senón que aquel que ven de Deus, este ten visto ao Pai.
47
En verdade, en verdade vos digo: o que cre, ten vida eterna
48
Eu son o pan de vida.
49
Os vosos pais comeron do maná do deserto e morreron.
50
Este é o pan que baixa do ceo, para que quen coma del, non morra.
51
Eu son o pan vivo que baixou do ceo; se alguén come deste pan vivirá para sempre; e o pan que eu darei pola vida do mundo é a miña carne
52
Entón os xudeos discutían entre si e dicían: e este, como pode darnos a comer a súa carne?.
53
Entón Xesús díxolles: En verdade, en verdade vos digo: se non comedes a carne do Fillo do Home e bebedes o seu sangue, non teredes vida en vós.
54
O que come a miña carne e bebe o meu sangue, ten vida eterna e eu resucitareino no día final.
55
Porque a miña carne é verdadeira comida e o meu sangue é verdadeira bebida.
56
O que come a miña carne e bebe o meu sangue, permanece en min e eu nel.
57
Como o Pai vivo me enviou, e eu vivo polo Pai, asi o que me come, el tamén vivirá por min.
58
Este é o pan que baixou do ceo; non coma o que os vosos pais comeron, e morreron; o que come deste pan vivirá para sempre.
59
Esto dixo Xesús na sinagoga, cando ensinaba en Capernaum.
60
Por iso, moitos dos seus discípulos, cando ouviron isto, dixeron: Dura é esta palabra, quen a pode ouvir?.
61
Pero Xesús, sabendo en si mesmo que os discípulos murmuraban por isto, díxolles: Esto vos encomoda?
62
E se vírades ao Fillo do Home ascender onde estaba antes, que?.
63
O Espíritu é quen da vida; a carne para nada aproveita; as palabras que vos teño falado son espíritu e son vida.
64
Pero hai algúns de vós que non credes. Porque Xesús sabía desde o inicio quenes eran os que non crían, e quen era o que o ía traizoar.
65
E dicía: Por iso vos teño dito que ninguén pode vir a min, se non llo concedera o Pai.
66
Desde entón moitos dos seus discípulos afastáronse e xa non andaban con el.
67
Entón Xesús dixo aos doce: Vós tamén queredes retirarvos?.
68
Simón Pedro respondeulle: A quen imos ir? Ti tes palabras de vida eterna.
69
E nós cremos e coñecemos que ti es o Santo de Deus
70
Xesús respondeulles: Non vos escollín eu a vós, os doce, e poren un de vós é demo?.
71
E el dicía esto de Xudas, o fillo do Simón Iscariote, porque este que o ía entregar era un dos doce.