1
Este é o libro das xeracións de Adam. O día que Deus creou o home, a semellanza de Deus fíxoo.
2
Varón e muller creounos; e beiceunos, e chamounos Adam o día no que foron creados.
3
Cando Adam vivira cento trinta anos, xerou un fillo á súa semellanza, conforme á súa imaxe, e púxolle por nome Set.
4
E os días de Adam despois de xerar a Set foron oitocentos anos, e xerou fillos e fillas.
5
O total dos días que Adam viviu foi de novecentos trinta anos, e morreu.
6
E Set viviu cento cinco anos, e xerou a Enós.
7
E viviu Set oitocentos sete anos despois de xerar a Enós, e xerou fillos e fillas.
8
O total dos días de Set foi de novecentos doce anos, e morreu.
9
E Enós viviu noventa anos, e xerou a Cainán.
10
E viviu Enós oitocentos quince anos despois de xerar a Cainán, e xerou fillos e fillas.
11
O total dos días de Enós foi de novecentos cinco anos, e morreu.
12
E Cainán viviu setenta anos, e xerou a Maghaleel.
13
E viviu Cainán oitocentos corenta anos despois de xerar a Maghaleel, e xerou fillos e fillas.
14
O total dos días de Cainán foi de novecentos dez anos, e morreu.
15
E Maghaleel viviu setenta e cinco anos, e xerou a Xarede.
16
E viviu Maghaleel oitocentos trinta anos despois de xerar a Xarede, e xerou fillos e fillas.
17
O total dos días de Maghaleel foi de oitocentos noventa e cinco anos, e morreu.
18
E Xarede viviu cento setenta e dous anos, e xerou a Enoque.
19
E viviu Xarede oitocentos anos despois de xerar a Enoque, e xerou fillos e fillas.
20
O total dos días de Xarede foron de novecentos sesenta e dous anos, e morreu.
21
E Enoque viviu sesenta e cinco anos, e xerou a Matusalén.
22
E Enoque andou con Deus trescentos anos despois de xerar a Matusalén, e xerou fillos e fillas.
23
O total dos días de Enoque foi de trescentos sesenta e cinco anos.
24
E Enoque andou con Deus, e desapareceu porque Deus o levou.
25
E Matusalén viviu cento oitenta e sete anos, e xerou a Lamec.
26
E viviu MAtusalén setecentos oitenta e dous anos despois de xerar a Lamec, e xerou fillos e fillas.
27
O total dos días de Matusalén foi de novecentos sesenta e nove anos, e morreu.
28
E Lamec viviu cento oitenta e dous anos, e xerou un fillo.
29
E púxolle por nome Noé, dicindo: "Este daranos descanso do noso labor e do traballo das nosas mans, por causa da terra que Iahveh maldiciu".
30
E viviu Lamec cincocentos noventa e cinco anos despois de xerar a Noé, e xerou fillos e fillas.
31
O total dos días de Lamec foi de setecentos setenta e sete anos, e morreu.
32
E Noé tiña cincocentos anos, e xerou a Sem, Cam e Xafet.