Capítulo 2

1 E ficaron rematados os ceos e a terra e todas as súas *hostes*. 2 E no sétimo día completou Deus a obra que fixera. 3 E beiceu Deus o sétimo día e santificouno, porque nel reposou de toda a obra que EL creara e fixera. 4 Estas son as orixes dos ceos e da terra cando foron creados. O día no que Iahveh Deus fixo a terra e os ceos. 5 E aínda non había ningún mato do monte na terra, nin abrochara ningunha planta do monte, porque Iahveh Deus non enviara chuvia sobre a terra, nin había home para labrar a terra. 6 Pero levantábase da terra un vapor que regaba toda a superficie do chan. 7 Entón Iahveh Deus formou o home do po da terra, e soprou no seu nariz o alento de vida; e foi o home un ser vivente. 8 E plantou Iahveh Deus un horto cara o oriente, en Edén, e puxo alí o home que formara. 9 E Iahveh Deus fixo abrochar da terra toda árbore agradable á vista e bo para comer; así mesmo, no medio do horto, a árbore da vida e a árbore do coñecemento do ben e do mal. 10 E do Edén saía un río para regar o horto, e alí dividíase e tornábase noutros catro ríos. 11 O nome do primeiro é Pisón; este é o que arrodea toda a terra de Havila, onde hai ouro. 12 O ouro daquela terra é bo; e alí hay bedelio e ónix. 13 E o nome do segundo río é Gihón, esté é o que arrodea a terra de Cuxe. 14 E o nome do terceiro é Tigris; este é o que corre ao oriente de Asiria. E o cuarto río é o Eufrates. 15 Entón Iahveh Deus tomou o home e púxoo no horto do Edén, para que o labrase e o coidase. 16 E ordenou Iahveh Deus o home dicindo: "De toda árbore do horto poderás comer, 17 pero da árbore do coñecemento do ben e do mal non comerás, porque o día que dela comas, certamente morrerás. 18 E Iahveh Deus dixo: "Non é bo que o home estea só; fareille unha axuda idónea". 19 E Iahveh Deus formou da terra todo animal do campo e toda ave do ceo, e tróuxoos o home para ver como os chamaría; e como o home chamou a cada ser vivente, ese foi o seu nome. 20 E o home puxo nome a todo o gando e ás aves do ceo e a toda besta do campo, mais para Adam non se atopou unha axuda idónea para el. 21 Entón Iahveh Deus fixo caer un sono profundo sobre o home, e este durmiuse; e Deus tomou unha das súas costelas, e fechou a carne no seu lugar. 22 E da costela que Iahveh Deus tomara do home, formou unha muller e tróuxoa o home. 23 E o home dixo: "Esta é agora óso dos meus ósos, e carne da miña carne; ela será chamada muller, porque do home foi tomada". 24 Por tanto o home deixará seu pai e súa nai e unirase a súa muller, e serán unha soa carne. 25 E estaban ámbolos dous nus, o home e a súa muller e non se avergoñaban.