1
Irmáns, se algúns de vós é descuberto facendo o que non debe, vós que sodes espirituais restaurádeo con dozura. Coidándote de non acabar caendo ti no mesmo.
2
Axudádevos mutuamente cos vosos problemas imitando así o exemplo de Xesús Cristo.
3
Porque se alguén cre ser máis do que é, autoengánase.
4
Cada un que reflexione sobre as súas propias obras, e daquela terá motivo de estar satisfeito de si mesmo sen mirar aos outros.
5
Porque cada un levará cadansúa carga.
6
A quen se lle ensine sobre a palabra, que comparta toda cousa boa con quen lle ensina.
7
Que non vos enganen. De Deus non vos podedes burlar, aquilo que sementedes, iso mesmo recolleredes.
8
Porque o que sementa para a súa propia carne, recollerá destrución. E o que sementa agradando ao seu espírito, do Espírito vida eterna recollerá.
9
Non nos fartemos de facer o ben, porque ao seu debido tempo segaremos.
10
Porén, non perdamos a oportunidade de facer ben a todos, especialmente á familia da fe.
11
Ollade as grandes letras que vos escribo da miña man.
12
Todos os que queren quedar ben na carne, fórzanvos a que vos circuncidedes co fin de non ser perseguidos pola causa da cruz de Cristo.
13
Porque nen aínda eles cumpren a lei, pero queren gabarse da vosa propia circuncisión.
14
Pero que non veña eu gabarme en cousa algunha agás na cruz de Cristo, para a cal eu fun crucificado para o mundo e o mundo para min.
15
Porque de pouco vale circuncidarse ou non, senón ser unha nova creación.
16
E os que vivan segundo esta norma, graza e paz a eles e ao Israel de Deus
17
De aquí en diante que ninguén me veña amolar, pois eu xa levo as marcas de Cristo.
18
Que a graza do noso Señor Xesús Cristo estea co voso espírito irmáns, amén