Capítulo 11

1 Entón o Señor díxolle a Moisés: "Aínda hei traer unha praga máis sobre Faraón e Exipto. Despois disto el deixarache marchar daquí, e cando finalmente vos deixe ir, a botarvos fóra definitivamente. 2 Dalle instruccións ao teu pobo para que todo home e toda muller lle pidan, cada quen ao seu veciño, xoias de prata e ouro." 3 Porque Iahveh déralle graza ao pobo ante os ollos dos exipcios, e aínda o propio Moisés era estimado en toda a terra de Exipto polos servos de Faraón e por todo o pobo. 4 E engadiu Moisés: "Así di Iahveh: como á metade da noite, Eu hei pasar polo medio de Exipto, 5 e morrerá todo primoxénito na terra de Exipto, dende o primoxénito de Faraón que se senta no seu trono, ata o primoxénito da escrava tralas pedras do muíño, e todo promoxénito das bestas." 6 Haberá un gran lamento por toda a terra de Exipto, como endexamáis houbo e como nunca volverá haber. 7 Mais contra tódolos fillos de Israel nin un can a de ladrar, dende o home ata a besta, para que sepades que Iaveh fai diferenza entre Exipto e Israel. 8 Enton baixarán onda min todos estes servos teus, e postraranse ante min, dicindo: Vaite, ti e todo o pobo que segue os teus pasos. Despois disto ei marchar. E saiu moi da anoxado da presenza de Faraón. 9 Iaveh díxolle a Moisés: "Faraón non vos escoitará, para que se multipliquen as miñas marabillas na terra de Exipto." 10 Moisés e Aarón fixeron todos estes prodixios diante de Faraón, máis Iaveh endureceu o corazón de Faraón, e este non enviou fóra da súa terra os fillos de Israel.