Capítulo 3

1 No ano quince do reinado de Tiberio Cesar, namentres Poncio Pilato era gobernador de Xudea, Herodes o tetrarca de Galilea, o seu irmán Filipo o tetrarca da rexión de Iturea e Traconítide e Lisanias tetrarca de Abilene, 2 durante o sumo sacerdocio de Anás e Caifás, a palabra de Deus chegou a Xoán, fillo de Zacarías, no deserto. 3 El foi por toda a rexión ao redor do Xordán, predicando un bautismo de arrepentimento para o perdón dos pecados. 4 Como está escrito no libro das verbas do profeta Isaías: "Unha voz que clama no deserto: Preparade o camiño do Señor, facede dereitos os seu vieiros." 5 Todo val será enchido e todo monte e outeiro achandarase; o torto farase recto, e o escarpado virará en terra chá; 6 e toda carne verá a salvación de Deus. 7 Por isto dicía ás multitudes que viñan para ser bautizados por él: Camada de vívoras! Quen vos ensinou a fuxir da ira que virá? 8 Polo tanto, dade froitos dignos de arrepentimento e non comecedes a dicirvos a vos mesmos: "Abraham é o noso pai", porque dígovos que Deus pode levantar fillos de Abraham destas pedras. 9 O machado xa está posto cara a raíz das árbores. Así que toda árbore que non da bo froito é cortada e botada ao lume. 10 E as multitudes preguntábanlle dicindo: Entón que temos que facer? 11 El contestoulles: "Se alguén ten dúas túnicas, que as comparta con quen non ten ningunha e o que teña comida que faga o mesmo." 12 Viñeron tamén uns recadadores de impostos para ser bautizados e dixéronlle: "Mestre, qué temos que facer?" 13 El díxolles: "Non esixades máis do que se vos ordenou." 14 Algúns soldados tamén lle preguntaron dicindo: E nós qué faremos? E el díxolles: Non extorsionedes nin acusedes falsamente a ninguén. Contentádevos co voso soldo. 15 Como o pobo estaba expectante agardando que Cristo viñese, preguntábanse nos seus corazóns sobre Xoán, se el sería o Cristo. 16 Xoán respondeulles a todos dicindo: "Eu bautízovos con auga, pero ven alguén máis poderoso ca min de quen non son digno de desatar os cordóns das súas sandalias. El bautizaravos co Espírito Santo e con lume. 17 A forca está na súa man para limpar completamente a súa eira e para recoller o trigo no seu silo; pero queimará a palla con lume que nunca se pode apagar. 18 Con moitas outras exhortacións, anunciaba as boas novas ao pobo. 19 Pero Herodes o tetrarca, sendo acusado por el a causa de Herodías, muller do seu irmán, e por tódalas maldades que Herodes fixo, 20 engadiu a todas elas esta: meteu a Xoan na cadea. 21 Sucedeu que cando todo o pobo era bautizado, Xesús tamén foi bautizado. E namentres el estaba orando, abriuse o ceo. 22 E descendeu o Espírito Santo en forma física de paloma e unha voz procedente do ceo interviu: "Ti es o meu Fillo amado, en ti me comprazo." 23 Este era Xesús que tiña trinta anos ao comezar sendo, como se supoñía, fillo de Xosé de Helí, 24 o de Matat, o de Leví, o de Melquí, o de Xanaí, o de Xosé, 25 o de Matatías, o de Amós, o de Nahúm, o de Eslí, o de Nagai, 26 o de Máhat, o de Matatías, o de Semeín, o de Xosé, o de Xudá, 27 o de Iohanán, o de Resá, o de Zerubabel, o de Xealtiel, o de Nerí, 28 o de Melquí, o de Adí, o de Casam, o de Elmadam, o de Er, 29 o de Xesús, o de Eliezer, o de Iozim, o de Matat, o de Leví, 30 o de Simeón, o de Xudá, o de Xosé, o de Ionam, o de Eliaquim, 31 o de Meleá, o de Mená, o de Matatá, o de Natán, o de David, 32 o de Iexé, o de Iobed, o de Booz, o de Salá, o de Naasón, 33 o de Aminadab, o de Admin, o de Arní, o de Esrón, o de Peres, o de Xudá, o de Arní, o de Esrón, o de Peres, o de Xudá, 34 o de Xacob, o de Isaac, o de Abraham, o de Tara, o de Nacor, 35 o de Seruc, o de Ragau, o de Pélec, o de Éber, o de Salá, 36 o de Cainam, o de Arfaxad, o de Xem, o de Noé, o de Lémec, 37 o de Matuxalem, o de Enoc, o de Iáret, o de Malelel, o de Cainam, 38 o de Enos, o de Xet, o de Adam, o de Deus.