Capítulo 1

1 Paulo, un apóstolo de Cristo Xesús pola vontade de Deus: Aos santos de que están en Éfeso e que son fieis en Cristo Xesús: 2 Gracia e paz a vós da parte de Deus noso Pai e do Señor Xesús Cristo. 3 Bendito sexa o Deus e Pais do noso Señor Xesúscristo, que nos bendeciu nos lugares celestiais con toda bendición espiritual en Cristo, 4 segundo nos escolleu nel antes da fundación do mundo, para que fosemos santos e sen mancha diante del. 5 predestinounos para ser adoptados como fillos mediante Xesús Cristo en amor, conforme lle praceu na sua vontade, 6 para exaltación da gloria da sua gracia que impartiu gratuitamente sobre nós no Amado 7 Nel temos a redención polo seu sangue, o perdón dos nosos pecados segundo as riquezas da sua gracia 8 que fixo abundar para nós. En toda sabiduria e discernimento, 9 deunos a coñecer o misterio da súa vontade, segundo a vontade que El se propuxo, 10 para unha boa administración no cumplimento dos tempos, é dicir, de reunir todas as cousas en Cristo tanto as que están nos ceos con as que están na terra. 11 Nel tamén temos herdanza tendo sido predestinados segundo o propósito daquel que obra todas as cousas conforme ao consello da súa vontade, 12 a fin de que nos, que fomos os primeiros en esperar en Cristo, sexamos para alabanza da súa gloria. 13 Nel tamén vós fostes selados despois de escoitar a mensaxe da verdade e tendo crido, co evanxeo da vosa salvación co Espírito Santo da promesa, 14 que se nos deu como garantía da nosa herdanza, con vistas á redención da propriedade adquirida por Deus, para louvanza da súa gloria. 15 Por isto, tamén eu, tendo ouvido da vosa fe no Señor Xesús e do voso amor por todos os santos, 16 non deixo de dar gracias por vós, mencionándovos nas miñas oracións, 17 pedindo que o Deus do noso Señor Xesús Cristo, o Pai de Gloria, vos dea o espírito de sabedoría e de revelación nun mellor coñecemento de El. 18 Oro para que os ollos do voso corazón sexan iluminados, para que saibades cal é a esperanza do voso chamado, os cales son as riquezas da gloria da súa herdanza nos santos, 19 e cal é a extraordinaria grandeza do seu poder para con nós os que cremos, conforme á eficacia da forza do seu poder, 20 o cal obrou en Cristo cando resucitou dentre os mortos e o sentou a súa dereita nos lugares celestias, 21 moi por riba de todo principado, autoridade, poder, dominio e de todo nome, non só deste tempo, senon do tempo vindeiro. 22 E todo someteu baixo os seus pés, e o deu á igrexa como cabeza sobre todas as cousas, 23 a cal é o seu corpo, a plenitude de aquel que o enche todo en todo.