1 E vós mortos nas vosas transgresións e pecados, 2 nos cales andabades noutro tempo segundo a corrente deste mundo, conforme as potestades do aire, o espirito que agora opera nos fillos de desobediencia, 3 entre os cales tamén todos nós viviamos noutro tempo nas paixons da nosa carne, satisfacendo os desexos da carne, e eramos por natureza fillos de ira, o mesmo que os demais. 4 Mais Deus, que é rico en misericordia, por causa do grande amor co que nos amou, 5 ainda cando estabamos mortos nos nosos delitos, nos fixo vivir xuntamente con Cristo (por graza sodes salvados), 6 e con El nos resucitou, e con El nos sentou nos lugares celestiais en Cristo, 7 a fin de poder mostrar nos séculos vindeiros excedentes riquezas da súa graza pola súa bondade para con nós en Cristo Xesús. 8 Porque por graza sodes salvados por medio da fe, e isto non é de vós, senon que é don de Deus; 9 non por obras, para que ninguen se xacte. 10 Porque somos feitura súa, creados en Cristo Xesús para facer boas obras, as cales Deus preparou de antemán para que andivesemos nelas. 11 Lembrádevos, entón, que noutro tempo vós os xentís no corpo, chamados incircuncisos polos da circuncisión feita no corpo por man humana, 12 estabades separados de Cristo naquel tempo, excluidos da cidadanía de Israel, alleos aos pactos da promesa, sen enperanza e sen Deus no mundo 13 Mais agora en Cristo Xesús, vós, que noutro tempo estabades lonxe, fostes achegados polo sangue de Cristo. 14 Porque El mesmo é a nosa paz, o que de dous pobos fixo un, derrubando a parede medianeira de separación, 15 abolindo no seu corpo a enemizade, a lei dos mandamentos e normas, para crear en si mesmo un novo ser humano dos dous , establecendo así a paz, 16 e para reconciliar con Deus aos dous nun corpo por meio da cruz, matando nela á enemizade. 17 El veu e anunciou a paz a vós que estabades lonxe, e a paz aos que estaban perto; 18 porque por medio de El, uns e outros temos nosa entrada ao Pai mesmo nun mesmo Espírito. 19 Así pois, xa non sodes nen extranxeiros nen forasteiros, senon que sodes concidadans dos santos e sodes da familia de Deus, 20 edificados sobre o fundamento dos apóstolos e profetas, sendo Cristo Xesús mesmo a pedra angular, 21 en quen todo o edificio vai crecendo ben axustado para ser templo santo no Señor, 22 en quen tamén vós sodes xuntamente edificados para morada de Deus no Espírito.