Capítulo 1

1 Estas son as palabras que lle dirixiu Moisés a todo Israel no deserto na outra beira do río Xordán frente a Suf, entre Parán, Tofel, Labán, Hazerot e Dizahab. 2 Son once días de camiño entre Horeb e Cades Barnea polo camiño do monte Seir. 3 O día primeiro do mes undecimo do ano cuarenta, Moisés falou cos fillos de Israel segundo todo o que o Señor lle mandou que lles dixera, 4 despois de que Moisés derrotara a Sehón, o rei dos amorreos, que reinaba en Hesbón e despois de que derrotara en Edrei a Og ao rei de Baxán. 5 Moisés comezou a explicar esta lei ao otro lado do Xordán, na terra de Moab: 6 "Iahveh, noso Deus, falounos en Horeb e dixo: "Xa estivestes tempo de abondo vivindo neste monte." 7 Volvede, poñédevos en marcha e ide cara a rexión montañosa dos amorreos e onda os seus veciños no Arabá, nas montañas, no val, no Neguev e pola beira do mar, a terra dos cananeos e o Líbano, ata o río grande, o río Éufrates. 8 Mirade que puxen a terra diante de vós. Entrade e posuíde a terra que Iahveh xurou dar aos vosos pais Abraham, Isaac e Xacob, a eles e despois á súa descendencia. 9 Naquel tempo faleivos deste xeito: "Eu só non podo levar a carga por todos vós". 10 Iahveh, voso Deus multiplicouvos e agora sodes unha multitude como as estrelas do ceo. 11 Que Iahveh, o Deus dos vosos pais, vos multiplique mil veces máis do que sodes e vos bendiga, tal e como prometeu. 12 Como podo levar as vosas cargas, os vosos problemas e os vosos pleitos? 13 Escollede homes sabios, entendidos e expertos de entre as vosas tribos, e eu nomeareivos xefes. 14 Entón vós respondestesme: "Está ben que se faga como propós." 15 Así que escollín xefes das vosas tribos, homes instruídos e experimentados e nomeeinos os vosos dirixentes : xefes de mil, xefes de cento, xefes de cincuenta e xefes de dez, e oficiais para as vosas tribos. 16 Naquel momento dei instrucións aos xuíces e díxenlles: "Escoitade os pleitos entre os vosos irmáns, e xulgade xustamente entre un e o seu irmán ou o extranxeiro que está con el. 17 Non discriminedes as persoas, escoitade do mesmo xeito a pequeno e a grande. Non temades ás persoas porque o xuízo é de Deus. No caso de que sexa moi difícil para vós o asunto, traédemo a min, e eu o escoitarei. 18 E dispuxen naquel tempo todo canto teriades que facer. 19 Logo saímos de Horeb e pasamos por todo aquel deserto inmenso e terrible que vistes, camiño da rexión dos amorreos, tal e como Iahveh noso Deus nolo mandara, e chegamos a Cades Barnea. 20 Entón díxenvos: "Chegastes aos montes dos amorreos que Iahevh noso Deus nos dá. 21 Velaí, Iahveh o teu Deus puxo a terra diante de ti, toma posesión dela, como prometeu Iahveh, o Deus dos vosos pais. Non teñas medo nin te acovardes. 22 Entón todos vós viñestes diante de min e dixestes: "Mandemos uns homes diante de nós para que exploren a terra e nos traian novas de cal é o camiño polo que debemos subir e das cidade nas que entraremos". 23 E pareceume unha boa proposta, e escollín a doce homes de entre todos vós, un de cada tribo. 24 Eles saíron e subiron á rexión montañosa e chegaron ao val de Escol e exploraron a terra. 25 Colleron nas súas mans o froito da terra e troxéronnolo, nos informaron e dixeron: "É unha boa terra a que Iahveh o nos Deus nos dá". 26 Aínda así, non quixestes subir, e rebelástesvos contra a orde e Iahveh o voso Deus. 27 E murmurastes nas vosas tendas e dixestes: "Porque Iahveh nos aborrece, sacounos da terra de Exipto para entregarnos nas mans dos amorreos e destruírnos." 28 Onde subiremos? Os nosos irmáns nos intimidaron dicindo: Son un pobo máis grande e máis forte ca nós; as cidades son grandes e fortificadas ata o ceo. E vimos alí anaquitas. 29 Entón díxenvos: "Non vos acovardedes nin teñades medo. 30 Iahveh o voso Deus vai diante de vós, El pelexará por vós, así como fixo ante os vosos ollos en Exipto 31 e no deserto, onde vistes como Iahveh o voso Deus vos levou, como un home leva a seu fillo, por todo o camiño que andivestes ata chegar a este lugar." 32 Mais con todo isto non confiastes en Iahveh o voso Deus 33 quen ía diante de vós no camiño para buscarvos un sitio onde acampar, con lume pola noite e con nube polo día para amosarvos o camiño polo que deberiades andar. 34 Ao escoitar Iahveh o rumor das vosas palabras, anoxouse e xurou: 35 "Ningún destes homes, desta xeración perversa, verá a boa terra que xurei dar aos vosos devanceiros, 36 excepto Caleb, fillo de Iefuneh. El veráa, e a el e aos seus fillos dareilles a terra que pisou, xa que el seguiu fielmente a Iahveh." 37 Iahveh anoxouse tamén contra min pola vosa culpa e dixo:"Tampouco ti entrarás alá. 38 Xosué, fillo de Nun, o teu axudador, el entrará; anímao, porque el fará que Israel a herde. 39 En canto aos vosos meniños, que coidabades que virían ser prisioneiros*presa*, e os vosos fillos, que aínda hoxe non saben distinguir o ben do mal, entrarán alí, e dareilles a eles a terra, e eles tomarán posesión dela. 40 Pero vós, volvede e ide cara o deserto polo camiño do mar Vermello. 41 Entón vós respondestes: "Pecamos contra Iahveh. Subiremos e pelexaremos tal e coma Iahveh noso Deus nolo mandou". E cada un de vós cinguistes as armas de guerra e pensastes que era fácil subir aos montes. 42 Mais Iahveh díxome: "Dilles: non subades, nin pelexedes pois Eu non vou con vós para que non vos derroten os vosos inimigos". 43 Asi volo dixen, pero non quixestes escoitar, mais ben ao contrario, rebelástesvos contra o mandato de Iahveh e cheos de fachenda subistes aos montes. 44 Mais os amorreos que dominan naqueles montes, saíronvos ao paso e perseguíronvos coma fan as abellas e derrotáronvos desde Seir ata Hormah. 45 Entón volvestes chorando diante de Iahevh, mais Iahveh non vos escoitou nin fixo caso de vós. 46 E por iso levades vivindo tanto tempo en Cades.