1
Había un home de Ramataim de Zofim, da rexión montañosa de Efraín que se chamaba Elcana, fillo de Xeroham, fillo de Eliú, fillo de Tohu, fillo de Zuf o efrateo.
2
Elcana tiña dúas mulleres, unha chamábase Ana e a outra Penina. Penina tiña dous fillos, pero Ana non tiña fillos.
5
Mais a Ana dáballe unha dobre porción, xa que a amaba, aínda que o Señor non lle dera fillos.
6
A súa rival, Penina, provocábaa amargamente para alporizala, porque Deus non lle dera fillos.
7
Isto sucedía todos os anos, sempre que ela subía á casa do Señor, Penina provocábaa, polo que Ana choraba e non comía.
8
Entón Elcana, o seu home, díxolle: Ana, por que choras e non comes? Por que está triste o teu corazón? Non son eu mellor para ti que dez fillos?
9
Ana, despois de ter comido e bebido en Silo, ergueuse, e mentres o sacerdote Elí estaba sentado nunha cadeira xunta un poste da porta do templo do Señor,
10
ela, moi agoniada, oraba ao Señor e choraba amargamente.
11
Entón fixo un voto e dixo: Ó Señor dos exércitos, se te dignas a mirar a tristura da túa serva, recórdame e non esquezas a túa serva, e dálle un fillo a túa serva, eu ofrecereillo ao Señor por todos os días da súa vida e nunca pasará navalla pola súa cabeza.
12
Mentres ela continuaba en oración diante do Señor, Elí observaba a súa boca.
13
Mais Ana só falaba no seu corazón, movendo os beizos e sen que se oíse a súa voz. Entón Elí pensou que estaba bébeda.
14
E díxolle Elí: Ata cando vas estar bébeda? Bota fóra ese viño!
15
Mais Ana respondeu: Non, señor, son unha muller aflixida de espírito. Non bebín viño nin licor, senón que desafoguei a miña alma diante do Señor.
16
Non teñas a túa serva por unha muller indecente. Ata agora estaba orando por causa da miña anguria e aflición.
17
E respondeulle Elí: Vai en paz e que o Deus de Israel che conceda a petición que lle fixeches.
18
Ela dixo: A túa serva encontrou graza aos teus ollos! Entón a muller seguiu camiño e comeu e xa non estivo máis triste.
19
Á mañá seguinte erguéronse moi cedo, adoraron diante do Señor e volveron para a súa casa en Ramá. E Elcana deitouse coa súa muller Ana e o Señor lembrouse dela.
20
Despois de ter concebido, Ana deu a luz no seu tempo un fillo ao que lle puxo por nome Samuel, dicindo: "Porque llo pedira ao Señor."
21
Subiu o seu home Elcana con toda a súa familia para ofrecer o sacrificio anual e cumprir a súa promesa.
22
Mais Ana non subiu, dicindolle ao seu home: Non subirei ata que destete o neno. Entón levareino para presentalo diante do Señor e que quede alí para sempre.
23
Elcana, o seu home, díxolle: Fai como che pareza mellor. Queda ata que o destetes, e que o Señor confirme a túa promesa. Ana quedou e criou o seu fillo ata que o destetou *destetalo*.
24
Despois de telo destetado, aínda que o neno era pequeno, colleuno consigo e tróuxoo á casa do Señor en Silo.
25
Tamén levou un cuxo de tres anos, un *efa*(fanega?) de fariña e un pelello de viño.
26
Oh, señor meu!, dixo Ana. Vive a túa alma, meu señor. Eu son a muller que estivo aquí orando o Señor xunto a ti.
27
Oraba por este neno e o Señor concedeume a petición que lle fixen.
28
Polo que eu tamén o adiquei o Señor todos os días da súa vida. E adorou ao Señor.