Capítulo 5

1 4 Despois destas cousas, houbo unha festa entre os xudeos, e Xesús subiu a Xerusalem. 2 E hai en Xerusalem , perto da porta das ovellas, un tanque, de nome Betesda en hebreo, e posúe cinco alpendres. 3 Nestos descansaba unha morea de doentes, cegos, coxos e paralíticos, agardando o movemento da auga. Porque crían que un anxo baixaba cada certo tempo ao tanque e remexía a auga; e o primeiro que entraba no tanque, despois de que a auga se movera, ficaba san de calquera doenza que tivese. 5 E había alí un home que levaba doente trinta e oito anos seguidos. 6 Cando Xesús o viu deitado, soubo que levaba así moito tempo, e díxolle: Queres sanar?. 7 Señor, respondeulle o doente, non teño quen me meta no tanque cando remexen a auga; e mentres eu vou, outro baixa antes ca min. 8 Díxolle Xesús: érguete, colle a túa cama, e anda. 9 E decontado o home sanou; e colleu a súa cama e andou. E era día de repouso (era un sábado) 10 Entón os xudeos dixéronlle ao que fora curado: é día de repouso (era un sábado) , a lei non che permite que leves a túa cama. 11 El respondeulles: aquel que me sanou, el mesmo me dixo: colle a túa cama e anda. 12 Entón preguntáronlle: quen foi o que che dixo: colle a túa cama e anda?. 13 E o que fora curado non sabía que fose, porque Xesús xa se afastara da xente que había naquel lugar. 14 Despois topouno Xesús no Templo e díxolle: decátate de que fuches sanado; non peques máis para que non che aconteza algunha cousa pior. 15 O home marchou, e foi co conto aos xudeos de que fora Xesús o que o sanara 16 E por esta causa, os xudeos perseguían a Xesús e buscaban de matalo, porque facía cousas no día de repouso (era un sábado) 17 E Xesús respondeulles: Meu Pai até agora traballa, e eu traballo tamén. 18 Por iso os xudeos, aínda máis, buscaban oportunidade de matalo , porque non só rachaba o día de repouso (era un sábado) , senón que tamén dicía que Deus era o seu propio Pai, facéndose igual a Deus.