Capítulo 4

1 Cando o Señor entendeu que os fariseos ouviran que el facía e bautizaba máis discípulos que Xoan 2 ( aínda que Xesús non bautizaban senón os seus discípulos) 3 el deixou Xudea e voltou para Galilea. 4 Pero precisaba pasar por Samaria. 5 Entón chegou a unha cidade de Samaria, chamada Sicar, xunto á herdanza que Xacob lle dera ao seu fillo Xosé 6 Alí encontrábase o pozo de Xacob. Jesús estaba canso do camiñar e sentouse ao carón do pozo. Era chegando a hora sexta contra a 12 da mañán para nós . 7 Unha muller samaritana veu sacar auga, e Xesús lle dixo "Dame un pouco de auga para beber". 8 Porque os seus discípulos foran á cidade para mercar comida. 9 Entón a muller samaritana díxolle: sendo tí xudeo, como é que me pides que che dé de beber, ao saber que son muller samaritana?. Porque os xudeos e os samaritanos non se levan ben. 10 Xesús contestoulle a ela: "se soubeses do regalo de Deus, e quen é o que che dí: "dame de beber"; tí pediríaslle a el, e el daríache auga viva. 11 A muller respondeulle: " Señor, non tes con que sacala, e o pozo é fondo. Entón, onde tes o auga viva?. 12 Es tí maior que o noso pai Xacob, que nos deu este pozo, e do que bebeu el, os seus fillos e os seus animais? 13 Xesús respondeulle e díxolle: calquera bebendo desta auga terá sede outra vez. 14 Porén, ao beber da auga que eu lle dou, non voltará ter sede, senón que a auga que eu lle dou, fará nel unha fonte de auga, que mana auga para vida eterna 15 A muller díxolle a e´: "Señor dame desa auga para que eu non teña sede e non teña que vir aquí a sacala. 16 Xesús díxolle:" Vai chamar ao teu marido e logo ven" 17 A muller contestoulle: Non teño home. Xesús respondeulle: dixeches ben: non teño home. 18 Porque tiveches cinco maridos e o que agora tes, non é o teu home; nesto dixeches a verdade. 19 A muller díxolle: Señor tí es profeta. 20 Os nosos pais adoraron nesta montaña, pero tí dis que o lugar onde a xente debe adorar é Xerusalén. 21 Díxolle Xesús: "muller cre en min, que a hora virá, cando nen neste monte, nen em Xerusalen, adoraredes ao Pai. 22 Vós adorades o que non sabedes; nós adoramos o que sabemos, porque a salvación ven dos xudeos. 23 Mais a hora chega, e agora é, cando os adoradores verdadeiros adorarán ao Pai en espíritu e verdade, porque o Pai está na procura de persoas así, para que o adoren. 24 Deus é espíritu, e as persoas que o adoran deben adoralo en espíritu e verdade." 25 A muller díxolle: "eu sei que o Mesías (que se chama Cristo) vai vir. Cando veña, ha nos explicar todas as cousas." 26 Xesús díxolle: Eu son, o que fala contigo. 27 Nese intre os seus discípulos voltaron. E pareceulles maravilloso de que falara cunha muller, pero ningún lle preguntou: que lle queres? ou por que falas con ela? 28 Entón a muller deixou a súa ola, foi á cidade e díxolle aos homes. 29 Vinde e ollade a un home que me dixo todo o que tiña feito. Será éste o Cristo?. 30 Eles saíron da cidade e foron xunto cara el. 31 Nese intre, os discípulos rogábanlle dicindo: "Rabí, come". 32 Pero el díxolles: Teño unha comida para comer que vós non sabedes. 33 Por tanto, os discípulos decían entre eles: Alguén lle traería algo para comer?. 34 Xesús díxolles: a miña comida é cumprir a vontade de quen me enviou e realizar a súa obra. 35 Non decides vós: " Aínda faltan catro meses para que veña a seitura?. Dígovolo agora: Ollade ben cos vosos ollos e mirade que os eidos están brancos para a seitura. 36 Pois o que recolle ten a súa paga e recolle froito para vida eterna, para que o que sementa e o que fai a seitura gocen xuntos. 37 Neste caso é verdadeiro o refrán: un sementa e outro colleita. Eu envieivos a seiturar o que non tiñades traballado; 38 outros xa o traballaron antes, e vos participades no seu traballo. 39 E moitos samaritanos daquela cidade creron nel pola palabra da muller que lles deu testemuña: díxome todo o que tiña feito. 40 Así que cando os samaritanos viñeron a el, rogábanlle que ficara con eles; e ficou alí dous días. 41 E moitos máis creron nel pola súa palabra. 42 E decíanlle á muller: xa non acreditamos só polo que ti nos tes dito, porque nós mesmos ouvímolo del, e sabemos que este é en verdade o Salvador do mundo. 43 Pasados dous días marchou dalí para Galilea. 44 Porque Xesús mesmo dira testemuña de que a un profeta non se lle honra na súa terra. 45 Así, cando chegou a Galilea acollérono, pois tiñan visto todo o que fixera na festa, en Xerusalem; porque eles tamén foran á festa 46 Veu, pois, Xesús outra vez a Caná de Galilea, onde da auga fixera viño. E había un oficial do rei que tiña un fillo doente en Capernaum. 47 Cando ouviu que Xesús chegara de Xudea a Galilea, foi xunto el, e rogoulle que baixase para curar ao seu fillo, que estaba á morte 48 Díxolle entón Xesús: senón vírades sinais e milagres, non creeredes. 49 O oficial díxolle: Señor, baixa antes de que o meu fillo morra. 50 Díxolle Xesús: marcha, o teu fillo vive. E o home acreditou na palabra que Xesús lle dixera, e marchou. 51 Cando el ía baixando, o seus servos saíron ao seu encontro e lle diron as novas decindo: o teu fillo vive. 52 Así el preguntoulles a hora na que comezou a mellorar. E dixéronlle: onte ás sete deixou de ter febre. 53 Entón o pai decatouse de que esa fora a hora na que Xesús dixera: O teu fillo vive, e creu nel con todos os da casa. 54 Xesús fixo esta segunda sinal cando ía de Xudea a Galilea.