Capítulo 13

1 Que o amor fraterno permaneza. 2 Non esquezades ser hospitaliarios, porque así algúns, sen se decataren, acolleron anxos. 3 Lembrádevos dos que están na cadea, como presos xuntamente con eles, e dos maltratados, como estando vos mesmos no corpo deles. 4 Que o matrimonio sexa cheo de honra e o leito matrimonial sen tacha, xa que Deus ha xulgar ós desvergonzados e adúlteros. 5 Que o voso xeito de vivir sexa sen avaricia de cartos, estade satisfeitos co que tendes, porque Él dixo: Non te deixarei nin te desampararei. 6 De xeito que podemos dicir cheos de bo ánimo: O Señor é o meu acubillo, non teréi medo, Qué me vai poder facer calquera persoa? 7 Lembrádevos dos que cuidan de vos, que vos anunciaron a palabra de Deus; considerade cal foi o resultado da súa conduta e imitade a súa fe. 8 Xesús, o Mesías, é o mesmo, onte, hoxe e polos séculos. 9 Non vos deixedes levar por doutrinas diferentes e alleas, pois mellor é que o corazón sexa fortalecido coa graza, e non con réxime de comidas do que non sacaron proveito ningún aqueles que o cumpriron. 10 Temos un altar do que non teñen dereito a comer os que serven no templo, 11 porque os corpos dos animais, dos que o sangue é levada polo sumo sacerdote ó lugar santísimo como ofrenda polo pecado, son queimados fora do campamento. 12 Do mesmo xeito, tamén Xesús, para santificalo pobo polo seu sangue, padeceu fora da porta. 13 Saiamos, lxa que ogo, fora do campamento para atoparnos con Ël, levando a súa aldraxe. 14 Porque non temos aquí unha cidade que permanece, senón que procuramos a que está por vir. 15 Ofrezamos decote, por medio de Él, un sacrificio de louvor a Deus, quere dicir, froito dos beizos que declaran o seu nome. 16 E de facer o ben e da axuda uns os outros, non debedes esquecervos, porque eses son os sacrificios que lle agradan a Deus. 17 Prestade atención a aqueles que vos coidan e sede dóciles, porque eles velan polas vosas almas como quen ha de dar contas; para que o fagan con ledicia e non queixándose; porque isto non sería de proveito para vosoutros. 18 Orade por nos, pois estamos confiados de que temos unha concencia boa, desexando vivir honradamente en todas as cousas, 19 E ainda mais rógovos que fagades isto, para que volva a estar convosco canto antes. . 20 E o Deus de paz, quen, por mor do sangue do pacto eterno, levantou de entre os mortos ó noso Señor Xesús, o gran Pastor das ovellas, 21 vos perfeccione en todo o bo para que fagades a súa vontade, así fará en nos o que é agradable diante de Él por medio de Xesús o Mesías, a quen sexa a gloria polos séculos, amén. 22 Pídovos irmáns que soportedes esta palabra de conforto que vos escrivín dun xeito curto.. 23 Sabede que o noso irmán Timoteo foi liberado, ireivos visitar con él, se ven axiña. 24 Saludade a todos os vosos dirixentes e a todos os santos. Os da Italia mándavos saúdos. 25 Que a graza vos acompañe a todos vos.