Capítulo 12

1 Xa que logo, tendo o noso arredor unha tal nube de testemuñas, desprendámonos de todo peso, e do pecado que nos asedia, e corramos con aguante a carreira que temos por diante. 2 Co ollo posto en Xesús, o Autor da fe e aquel que a leva á perfección, quen pola ledicia posta diante de Él, soportou a cruz e desprezando as aldraxes, sentóuse a dereita do trono de Deus, 3 Meditade, pois naquel que soportou tal contradición de pecadores enriba de si, para que o voso ànimo non se canse nin esmoreza. 4 Pois ainda non resististes ata derramar sangue na vosa loita contra o pecado; 5 e esquecéchedes a recomendación que vos di coma se lles fala ós fillos: "Meu fillo,.non despreces a disciplina do Señor, nin esmorezas cando Él te rife, 6 porque o Señor ama a quen disciplina, e castiga a todo aquel que recoñece por fillo" 7 Aguantade baixo a disciplina xa que Deus vos trata coma fillos; porque, qué é o fillo a quen seu pai non o disciplina? 8 Pero se quedades sen disciplina, aquela da que todos tomamos parte, entón é que sodes bastardos e non fillos. 9 Ainda mais, nos tivemos ós nosos pais que nos disciplinaban e nos respetabámolos. Non nos habemos de someter con moita mais razón ó Pai dos espíritos para ter vida? 10 Porque eles, na verdade disciplináronos por poucos días según o seu criterio, pero Deus faino como compre, para que participemos da súa santidade. 11 Ë verdade que ningunha disciplina, no momento, parece ser causa de ledicia senón de tristira; pero co tempo, da un froito xusto e cheo de paz a todos os que foron exertitados por medio dela. 12 Polo tanto, enfortecede as mans febles e os vosos xionllos paralizadas, 13 e facede vieiros dereitos para os vosos pes, para que o coxo no escorde, senón que sexa curado. 14 Procurade a paz con todos, e maila santidade, porque sin ela ninguén verá ó Señor; 15 tende moito coidado de que ningún sexa privado da graza de Deus, non sexa que surdindo algunha raíz de amargura, vos chegue a perturbar e por ela moitos sexan contaxiados; 16 que non haxa ningún fornicario ou profano coma Esaú, que por un xantar vendeu a súa primoxenitura. 17 Porque sabedes que ainda que despois por mais que quiso herdar a bendición, foi rexeitado (porque non atopou xeito de arrepentirse) ainda que a procurou con bágoas 18 Porque non estades diante dun monte que se poida apalpar e que ardía con lume, e a escuridade, as tebras, a tormenta, 19 e o son da trompeta e a voz que falaba, que cando aqueles a escoitaron, pediron que non lles falara mais, 20 porque non soportaban o que se lles estaba mandando: "Ainda se unha besta toca o monte, será acantazada". 21 E tan terrible era o que vían, que Moisés dixo: Estou aterrado e tremendo. 22 Vos, en camio, estades diante do monte Sión, da cidade do Deus vivo: da Xesusalén celeste, e dos millleiros de anxos, 23 da igrexa dos primoxénitos inscritos nos ceos, diante de Deus, Xuiz de todos, e dos espíritos dos xustos feitos perfectos, 24 e de Xesús, mediador do novo pacto, e diante do sangue rociado que fala mellor co de Abel. 25 Ollade que non rexeitedes ó que vos está falando, porque se non fuxiron aqueles que desprezaron ós que os instruían na terra, moito menos nos, se volvemos as costas ó que nos fala dende os ceos; 26 a súa voz fixo tremer a terra nese tempo, pero agora nos promete: Unha vez mais, Eu farei tremer non só a terra, senón tamén o ceo. 27 Ese "unha vez mais" indica a renovación de todas as cousas provisionais porque son creadas,, para que pernanezan aquelas que son inconmovible. 28 Por iso, xa que recibimos un reino inconmovible, manteñamos a graza, pois por ela servimos a Deus dun xeito aceptable, con reverencia e respecto, 29 porque o noso Deus é lume que consume.