Capítulo 5

1 Todo aquel que cre que Xesús é o Mesías, naceu de Deus e todo o que ama ó Pai, ama tamén o Fillo nacido del. 2 Nisto coñecemos que amamos ós fillos de Deus, cando amamos a Deus e practicamos os seus mandamentos., 3 Porque éste é o amor de Deus: que gardemos os seus mandamentos, e os seus mandamentos non son pesados. 4 Porque todo o que naceu de Deus vence ó mundo; e ésta é a victoria que venceu ó mundo, a nosa fe. 5 Quen é aquel que vence ó mundo senón o que cre que Xesús é o Fillo de Deus? 6 Este é o que veu mediante auga e sangue, Xesús o Mesías. Non veu pola auga so, senon pola auga e o sangue. E o Espírito é o que testemula, xa que o Espírito é verdade. 7 Porque tres son os que dan testemuño: 8 O Espírito, a auga e mailo sangue, e os tres concordan. 9 Se recebemos o testemuño dos homres, o testemuño de Deus é maior porque éste é o testemuño de Deus; o que nos ten dado acerca do seu Fillo. 10 Quen cre no Fillo de Deus, ten o testemuño dentro de si; o que non cre en Deus, faino mentiroso, porque non creu no testemuño que Deus ten dado acerca do seu Fillo. 11 E nisto consiste o testemuño que Deus nos deu a vida eterna, e esta vida está no seu Fillo. 12 Quen ten o Fillo ten a vida; quen non ten o Fillo de Deus, non ten a vida. 13 Escríbovos estas cousas a todos os que credes no nome do Fillo de Deus, para que esteades seguros que tendes vida eterna. 14 Esta é a confianza que temos diante del, que cando pedimos algo conforme coa súa vontade, El escoitanos. 15 E se sabemos que nos escoita en calquera cousa que lle pidamos, sabemos tamén que temos aquelo que lle pedimos. 16 Se alguén ve o seu irmán cometendo un pecado que non leva á morte, perdirá e Deus daralle a vida (a aqueles que non pecan de morte). Hai pecado que leva á morte, e non digo que non pidades sobre él. 17 Toda inxustiza é pecado, pero hai pecado que non leva á morte. 18 Sabemos que todo aquel que naceu de Deus non peca, pois o que foi enxendrado por Deus gárdao e o maligno non o agarra. 19 Sabemos que nosprocedemos de Deus, men tres o mundo enteiro cae baixo o dominio do maligno. 20 Pero sabemos que o Fillo de Deus veu e que nos deu entendemento para que coñezamos a quen é o Verdadeiro, e estamos nel: no seu Fillo Xesús o Mesías . Este é o Deus verdadeiro e a vida eterna. 21 Meus fillos, gardádevos dos ídolos.