Capítulo 4

1 Benqueridos, non vos fiedes de calquera espírito, mais ben poñede a proba a todos os espíritos para ver se veñen de Deus, porque moitos falsos profetas saíron ó mundo. 2 Nisto coñeceredes o Espíritu de Deus: todo Espírito que confesa que Xesús o Mesías veu en carne, procede de Deus; 3 e todo espírito que non confesa a Xesús, non procede de Deus, senón que é do Anticristo, do que sabedes que ven e agora xa está no mundo. 4 Meus filliños, vos sodes de Deus, e xa os tendes vencido, pois meirande é o que está en vos có que está no mundo. 5 Eles proceden do mundo, por iso falan de parte do mundo e escoitaos o mundo. 6 Nos procedemos de Deus, aquel que coñece a Deus escóitanos; o que non procede de Deus, non nos escoita. Por iso coñecemos o espírito da verdade e o espírito do error.. 7 Meus queridos, Amémonos úns ss outros, porque o amor ven de Deus, e todo aquel que ama naceu de Deus e coñece a Deus. 8 Aquel que non ama, non coñece a Deus, pois Deus é amor. 9 Manifestouse o amor de Deus en nos deste xeito: Deus mandou ó mundo o seu Fillo Unixénito para que vivamos por medio del. 10 Nisto consiste o amor: Non que nos teñamos amado a Deus, senón en que Él nos amou e enviou ó seu Fillo como propiciación polos nosos pecados. 11 Meus amados,. se Deus nos amou tanto, tamén nos temos que amarnos os uns os outros. 12 A Deus ninguén o viu xamais; se nós, nos amamons uns os outros Deus permanece en nos e o seu amor perfeccionouse en nos. 13 Coñecemos que permanecemos nel e Él en nos en que nos deu o seu Espírito. 14 Nós mesmos vimos e testemuñamos que o Pai enviou o Fillo como Salvador do mundo. 15 Aquel que confese que Xesús é o Fillo de Deus, Deus ten comuñón con él e él con Deus. 16 Nós coñecimos e creímos no amor que Deus nos ten. Deus é amor, e quen permanece no amor permanece en Deus e Deus nel. 17 Nisto chega a ser perfecto o amor De Deus en nos: en que teñamos confianza no día do xuizo: que como Él é,. do mesmo xeito somos nos no mundo. 18 No amor non hai temor, mais ben o amor perfecto bota fora o temor, pois o temor leva o castigo dentro de sí; pois o que ten medo non chegou a un amor perfecto.. 19 Nos amamos porque Él nos amou primeiro. 20 Se alguén di: "amo a Deus" pero aborrece ó seu irmán, é mentiroso, porque quen non ama ó seu irmán a quen ve, non pode amar a Deus a quen non ve. 21 Este é o mandamento que temos de parte de Deus: quen ama a Deus, ten que amar temén ó seu irmán.