1
O que era dende o principio, o que temos oido, o que vimos cos nosos propios ollos, aquelo que contemplamos e palparon as nosas mans, a Palabra que da vida;
2
porque a vida manifestouse e nos vímola e damos testemuña dela, asi anunciamosvola a vos: a vida eterna que estaba co Pai e chegou a nos.
3
O que temos visto e oido anunciámosvolo a vos, para que tamén vos teñades comunión connosco, e a nosa comuión verdadeiramente é co Pai e co seu Fillo, Xesús o Mesías.
4
Escribímosvos estas cousas para que a vosa alegría sexa cumprida.
5
Esta é a mensaxe que temos oido del e que vos anunciamos: Deus é luz, e nel non hai tebras.
6
Se dicimos que temos comunión con él e andamos nas tebras, mentimos e non practicamos a verdade.
7
Mais se andamos en Luz, coma él está na Luz, temos comunión uns cos outros e o sangue de Xesús, o seu Fillo límpanos de todo pecado.
8
Se dicimos que non temos pecado, enganámonos a nos mesmos e a verdade non está connosco.
9
Se confesamos os nosos pecados, Él é fiel e xusto para perdoar os nosos pecados e limparnos de toda maldade.
10
Se dicimos que non pecamos, estamos facendo a Deus mentiroso e a sua Palabra non está en nos.