Capítulo 2

1 Meus filliños, escríbovos estas cousas para que non pequedes, pero se algún peca, temos un Avogado diante do Pai, Xesús o Mesías, o Xusto. 2 El é a propiciación polos nosos pecados, e non só polos nosos, senon tamén polos de todo o mundo. 3 Nesto sabemos que o coñecemos, se gardamos os seus mandamentos. 4 Aquel que di: "Eu coñezo a Deus" pero non cunpre os seus mandamentos, é mentireiro e a verdade non está nel; 5 pero o que obedece a súa palabra, verdadeiramente nel perfeccionase o amor de Deus; esa é a proba de que estamos nel. 6 Quen di que permanece nel, ten que vivir como Xesús viviu. 7 Amados, non vos escribo un mandamento novo, senón un mandamento antigo, o que xa tíñades dende o comenzo: ese mandamento antigo é a palabra que escoitastes. 8 Con todo, escríbovos un mandamento novo, que é verdadeiro en Cristo e en nos, porque as tebras vanse alonxando e a luz verdadeira está a brilar. 9 O que asegura estar na Luz e aborrece o seu irmán, ainda vive nas tebras. 10 Quen ama o seu irmán permanece na luz e nel non hai tropezo; 11 pero quen odia o seu rimán, ainda está na oscuridade e camiña nas tebras sen saber onde vai, porque a oscuridade cegoulle os ollos. 12 Escríbovos a vos,. meus fillos porque os vosos pecados foron perdonados por mor do seu nome. 13 Escríbovos, pais, porque coñecéchedes a Aquel que é dende o comenzo. Mozos, escríbovos porque vencéstelo Maligno. Fillos, escríbovos porque coñecéchedes ó Pai. 14 Pais, escríbovos porque tendes coñecido ó que é dende o comenzo. Mozos, díxenvos por tanto, a vos que sodes valentes e a palabra de Deus permanece en vos., e por iso tendes vencido ó Maligno. 15 Non amedes ó mundo nin ás cousas que están no mundo. Se alguén ama ó mundo, o amor do Pai non está nel. 16 Porque todo o que hai no mundo: o querer satisfacer os nosos malos desexos, a cobiza de querer ter todo o que vemos e a soberbia da vida, non ven do Pai, senón do mundo. 17 E o mundo e os seus desexos pasan, pero o que fai a vontade de Deus, permanece para sempre. 18 Filliños, estsmod ns hora derradeira, e como tendes ouvido, o Anticristo ven; dese mesmo xeito surdiron moitos anticristos, por iso coñecemos que esta é a hora derradeira. 19 Saíron de nos, pero non eran dos nosos, porque se fose así habían quedar connosco; pero sairon para que soubésemos que nen todos son dos nosos. 20 Pero vos tendes a unción do Santo, e todos o sabedes. 21 Non vos escribín porque non coñezades a verdade, senon porque sí a coñecedes, e porque ningunha mentira ven da verdade. 22 Quén é o mentireiro, senon o que nega que Xesús é o Mesias? Éste é o Anticristo, aquel que nega ó Pai e mailo Fillo. 23 Todo aquel que nega ó Fillo, tampouco ten ó Pai. Aquel que confesa ó Fillo sí ten tamén ó Pai. 24 O que coñecedes dende o comezo é o que debe permanecer en vos. Se o que ouvíchedes dende o comezo permanece en vos, tamén vos pernaneceredes no Fillo e no Pai. 25 Porque ésta é a promesa que él nos deu: a vida eterna. 26 Escríbovos todo isto para que vos cuidedes ben dos que vos queren enganar. 27 Pero en canto a vos, a unción que Él vos deu permanece en vos e non precisades que ninguén vos ensine, senon que así como a unción de Cristo ensínavos todas as cousas na verdade e non é mentira, permanecede nel tal como ela vos ensinou. 28 E agora, meus fillos, permanecede nel para que cando él sexa manifestado teñamos confianza e non nos apartemos del, sendo avergoñados cando él volte. 29 Se sabedes que él é xusto, saberedes tamén que todo o que fai xustiza naceu del.